Tulio Hostilio
Tulio Hostilio | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 710 a. C. |
Falecemento | 642 a. C. |
Causa | Relampo |
Nacionalidade | Roma Antiga |
Ocupación | Ancient Roman politician |
Pai | valor descoñecido |
Nai | valor descoñecido |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Reis de Roma | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Rei | Período de reinado | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Rómulo | -753 --716 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Numa Pompilio | -715--674 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tulio Hostilio | -673--642 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Anco Marcio | -642--617 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tarquinio Prisco | -616--579 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Servio Tulio | -578--535 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tarquinio o Soberbio | -535--510 |

Tulio Hostilio foi moi parecido a Rómulo en canto ao seu carácter guerreiro, e completamente oposto a Numa debido á súa falta de atención cara os deuses. Tulio fomentou varias guerras contra Alba Longa, Fidenas e Veies, de forma que Roma obtivo así novos territorios e maior poder. Foi durante o reinado de Tulio cando Alba Longa foi completamente destruída, sendo toda a súa poboación escravizada e enviada a Roma.
Tanto desexaba Tulio novas guerras que mesmo fomentou outro conflito contra os sabinos, de forma que pode dicirse que foi durante o seu reinado cando o pobo romano adquiriu os desexos de novas conquistas a costa da paz. O rei sostivo tantas guerras que descoidou a atención ás divindades, polo cal, segundo sostén a lenda, unha epidemia se abateu sobre Roma, atopándose o propio rei entre os afectados. Cando Tulio solicitou a axuda de Xúpiter, o deus respondeu cun raio que reduciu a cinzas tanto ao monarca como á súa residencia.
A pesar da súa natureza belixerante, Tulio Hostilio seleccionou un terceiro grupo de individuos que chegaron a pertencer á clase patricia de Roma, elixidos de entre todos aqueles que chegaran a Roma buscando asilo e unha nova vida. Tamén erixiu un novo edificio para albergar o Senado, a Curia, que existiu durante cinco séculos tras a morte do rei, cuxo reinado chegou ao seu fin tras 31 anos de duración.