Genista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xestas (xénero Genista)
Genista germanica
Genista germanica
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Fabales
Familia: Fabaceae
Subfamilia: Faboideae
Tribo: Genisteae
Xénero: ''Genista''
L.
Especies

Véxase no texto

Sinonimia

Genista é un xénero botánico de 90 especies de arbustos da subfamilia Faboideae. A familia Fabaceae con especies que comparten talos densos e verdes, follas miúdas, normalmente adaptados á seca, a meirande parte deles con flores brancas ou amarelas, mais tamén de cor alaranxada, rosada, vermella ou púrpura. Popularmente coñécense co nome de xestas, mais cómpre non confundilas coas especies do xénero Cytisus (ver xesta (homónimos)). A coñecida carqueixa tamén forma parte deste xénero.

Aturan os solos pobres e necesitan de poucos coidados para o seu cultivo, utilízase na recuperación de terras queimadas, para fixación de dunas ou coma planta ornamental.

Son nativos de Europa, Oriente Medio e norte de África. En Galicia son abondosas algunhas especies.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O termo xesta (en portugués: giesta), procede do latín vulgar genĕsta, que, á súa vez, deriva do nome latino clásico da planta genista, que dá nome ao xénero. En ocasións reciben o nome de codesos ou piornos, pero estas denominacións sóense referir á especie leguminosa, de diferente xénero, Adenocarpus complicatus.

Descrición[editar | editar a fonte]

As xestas genistas abundan especialmente na rexión mediterránea. O xénero abrangue arredor de 150 especies de arbustos ou gamallos espiñentos ou inermes, máis raramente herbáceas ou sufruticosas (como a xesta tintureira). As ramiñas son lisas ou estriadas e adoitan ter as follas simples ou trifoliadas, que algunhas especies perden axiña, ou incluso non teñen follas aparentes. As flores son cigomorfas papilonadas, compostas por cinco pétalos normalmente amarelos e dez estames soldados entre si polos seus filamentos, ou polo menos nove deles, formando unha especie de tubo en torno ao pistilo. Os froitos son legumes miúdos (véxase Leguminosas) comprimidos lateralmente, dehiscentes e xeralmente con varias sementes; en raras ocasións cunha única semente. A península Ibérica é a zona onde máis diversificado está este xénero: dende grandes arbustos de até 3 m, coma a xesta branca; matos de até 1,5 m,; e gamallos miúdos de porte rastreiro típicos da alta montaña.

Usos[editar | editar a fonte]

As xestas genistas teñen numerosos usos. Algunhas especies utilízanse para obter tinturas, outras coma combustíbel nos fornos do xeso e do cal e outras para formar sebes, comúns tas autoestradas galegas. A carqueixa (Genista tridentata) ten usos medicinais.

Especies en Galicia[editar | editar a fonte]

Clasificación científica xeral[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. "Genista". Departamento de Agricultura dos Estados Unidos: Germplasm Resources Information Network (GRIN). http://www.ars-grin.gov/cgi-bin/npgs/html/genus.pl?4898. Consultado o 10 de decembro de 2010. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Genista