Jesús Cano Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jesús Cano Pérez
Nacementoséculo XX
Lugar de nacementoEspaña
Nacionalidadeespañola
Alma máterUniversidade de Granada e Universidade de Málaga
Ocupaciónxenetista e catedrático
Coñecido porUn dos descritores dos galotiinos, unha das dúas subfamilias de lacértidos
EstudosDoutor en Bioloxía
ProfesiónProfesor titular de Universidade
OrganizaciónUniversidade de Málaga
Na rede
jcano@uma.es
jcano@uma.es
editar datos en Wikidata ]

Jesús Cano Pérez é un biólogo español especializado en xenética.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formación[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Ciencias Biolóxicas pola Universidad de Granada en 1977 e dutorouse pola Universidade de Málaga en 1981.[1]

A súa formación docente e científica comezou nos seus anos de doutoramento co aprendizaxe de técnicas de obtención e cuantificación de ADN celular no Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa de Madrid e no Instituto de Biología Celular do CSIC. Colaborou activamente con equipos científicos e docentes doutras Universidades nacionais e estranxeiras.[1]

Actividade profesional[editar | editar a fonte]

Desde 1977 foi investigador e docente na Universidade de Málaga e, desde 1984, é Profesor titular de Xenética desta Universidade.[1]

Da súa actividade investigadora obtivéronse resultados publicados en revistas da especialidade, dirixiu teses de Licenciatura e Doutoramento e presntou relatorios en varios Congresos nacionais e internacionais. Realizou labores de supervisión e asesoramento no Ministerio de Medio Ambiente de España como membro asesor do Comité Científico de Parques Nacionais, durante os anos 2001-2004.[1]

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Cano emprégase para recoñecer a Jesús Cano Pérez como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Jesús Cano Pérez UDM. Departamento de Biología Celular, Genética y Fisiología.