Galicia Nueva (1931)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Galicia Nueva (1931)
LocalidadeMontevideo
editar datos en Wikidata ]

Galicia Nueva foi un semanario editado en Montevideo en 1931.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Subtitulado Semanario Popular de la Colectividad Gallega en el Uruguay, apareceu o 11 de xaneiro de 1931. Fundado por José Silva Barros e A. San Román, Eduardo García del Río era o xefe de redacción. Entre os colaboradores figuraron Ramón Otero Pedrayo, Salvador Cabeza de León, Vicente Risco, Valentín Paz-Andrade, Alejandro Rodríguez Cadarso, Castelao, Victoriano Taibo, Ramón Cabanillas, Roberto Blanco Torres, Camilo Díaz Baliño, Ramón e Antón Villar Ponte, Salvador García-Bodaño, Basilio Álvarez, Víctor Casas, Ánxel Casal, Xaime Quintanilla, Imeldo Corral, Ricardo Carballo Calero, Antón Fraguas e Xosé Filgueira Valverde. Tiña as seccións fixas Comento semanal, Literatura hispanoamericana, Sociales, Teatro e Información de Galicia. Facíase eco dos acontecementos e dos proxectos de Galicia, como o funcionamento do Seminario de Estudos Galegos ou a evolución do Estatuto de autonomía. Cesou a súa publicación o 30 de agosto de 1931.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]