Gagaku

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gagaku
Ladies of the mikados court performing the butterfly danceJ. M. W. Silver.jpg
Damas da Corte Imperial realizando a danza da bolboreta (kochōraku), gravado de 1867.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísN/D
LocalizaciónN/D
CriteriosCriterios
InscriciónN/D
Identificador00265

O Gagaku (雅楽?), literalmente "música elegante", é un tipo de música clásica xaponesa que se interpreta na corte imperial e que ten trece séculos de desenvolvemento ininterrompido. Na actualidade non só conserva o repertorio tradicional senón que ademais é unha importante fonte para a música contemporánea. Está formado por tres partes básicas: música relixiosa xintoísta nativa e temas folclóricos, saibara; unha forma coreana (máis precisamente cancións de orixe coreana e manchú), komagaku; e unha forma chinesa (especificamente da dinastía Tang), togaku. Polo século VII introdúcense no Xapón desde China, o gakuso (cítara) e o gakubiwa (tipo de laúde), os cales foron utilizados desde moi cedo no gagaku.

O gagaku foi inscrito en 2009 na Lista representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade da UNESCO.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

O termo (雅楽), aparece no código Taihō do 701, coa constitución do Gagakuryō (雅楽寮) dentro do recinto da corte. Esta institución sería a primera academia imperial con máis de catrocentos membros, tendo como fin fixar a música importada como oficial da corte.[2]

Komagaku e togaku foron introducidos no Xapón durante o período Nara (710-794), asentándose nas divisións básicas modernas durante o período Heian (794-1185). As interpretacións de gagaku foron desenvolvidas por músicos que pertencían a gremios hereditarios, sendo durante o período Kamakura (1185-1333), debido ao rigor militar imposto, que as mostras desta música realizábanse nos fogares da aristocracia, sendo raramente interpretadas na corte. Neste período existían tres gremios pertencentes a Osaca, Nara e Quioto.

Debido á guerra de Onin, guerra civil que se estendeu de 1467 a 1477, durante o período Muromachi, os grupos de gagaku non puideron seguir desenvolvendo a súa música en Kioto durante aproximadamente 100 anos. No período Edo, gobernado polo Shogunato Tokugawa, reorganizouse o estilo dos grupos na corte, sendo este a orixe das mostras actuais.

Posterior á restauración Meiji de 1868, músicos do tres gremios chegaron a Tokio constituíndo os seus descendentes a gran maioría dos integrantes do Departamento de Música do Palacio Imperial na actualidade. Para ese tempo, o presente estilo do conxunto consistía en tres instrumentos de vento hichiriki, ryūteki, e sho (harmónica de bambú que proporcionaba a harmonía) e tres instrumentos de percusión: o kakko (tambor pequeno), shoko (percusión de metal), e taiko (tambor) ou dadaiko (tambor grande), complementando ao gakubiwa, que fora establecido polo gakuso.

O baile clásico (chamado bugaku) a miúdo acompaña ás interpretacións de gagaku, sendo esta música utilizada pola relixión Tenrikyō como parte das súas cerimonias.

Os conxuntos de gagaku contemporáneos, como Reigakusha, desenvolven composicións contemporáneas para os instrumentos do gagaku. Compositores do século XX como Tōru Takemitsu compuxo traballos para conxuntos de gagaku, así como para instrumentos individuais utilizados nesta música.

O gagaku, como o shômyô, emprega a escala Yo, unha escala pentatónica con intervalos ascendentes de dous, tres, dous, e dous semitóns entre os cinco tóns da escala.[3]

Instrumentos utilizados no gagaku[editar | editar a fonte]

Influencia na música occidental[editar | editar a fonte]

A comezos do século XX, varios compositores clásicos occidentais interesáronse polo gagaku, polo que moitas das súas composicións baseáronse nesta arte. Destacan as obras de Henry Cowell (Ongaku, 1957), Alan Hovhaness (numerosas obras), Olivier Messiaen (Sept haïkaï, 1962), Lou Harrison (Pacifika Rondo, 1963), e Benjamin Britten (Curlew River, 1964).

Un dos músicos de gagaku máis importantes deste período foi Masataro Togi (quen serviu durante moitos anos como principal músico da corte), quen instruíu a compositores americanos como Alan Hovhaness e Richard Teitelbaum na execución de instrumentos utilizados no gagaku.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El gagaku". UNESCO Culture Sector. Consultado o 20 de agosto de 2010. 
  2. Benito Ortolani (1995). The Japanese Theatre: From Shamanistic Ritual to Contemporary Pluralism. Princeton University Press. pp. 40–41. ISBN 978-0691043333. 
  3. "Música japonesa, Cruce de comunicación cultural: La Música mundial , Universidad de Wisconsin - Green Bay". Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2008. Consultado o 10 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]