Tōru Takemitsu
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 8 de outubro de 1930 Cidade de Tokyo (Imperio do Xapón) |
| Morte | 20 de febreiro de 1996 Minato, Xapón |
| Causa da morte | cancro de vexiga |
| Educación | Universidade de Artes de Tokyo |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Música e composición musical |
| Ocupación | compositor, escritor, guitarrista clásico, compositor de bandas sonoras, pedagogo, autodidacta |
| Empregador | Universidade Yale |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Música impresionista |
| Profesores | Yasuji Kiyose (en) |
| Alumnos | Alexandros Kalogeras (en) |
| Instrumento | Piano |
| Selo discográfico | Deutsche Grammophon |
| Premios | |
| |
Tōru Takemitsu (武満 徹, Takemitsu Tōru), nado en Tokyo o 8 de outubro de 1930 e finado o 20 de febreiro de 1996, foi un compositor musical xaponés. Explorou os principios da composición musical propios da música clásica occidental e a tradición musical xaponesa (tanto por separado como en combinación).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Takemitsu interesouse nun principio pola música clásica occidental nos tempos da segunda guerra mundial. Escoitaba música occidental nunha emisora de radio militar americana mentres se estaba a recuperar dunha longa enfermidade. Tamén escoitaba jazz da ampla colección fonográfica do seu pai.
Takemitsu foi basicamente autodidacta en música, e estivo moi influenciado pola música clásica francesa (en particular pola de Claude Debussy e Olivier Messiaen). En 1951 fundou Jikken Kobo, un grupo que introduciu a obra de moitos compositores europeos contemporáneos ao público xaponés.
Ao principio, o interese de Takemitsu pola música tradicional xaponesa foi pouco, pero máis tarde incorporou instrumentos xaponeses, como o shakuhachi (unha especie de frauta de bambú) á orquestra. A súa obra November Steps (1967), para shakuhachi, biwa (laúde xaponés) e orquestra foi a primeira peza filharmónica na que se mesturaron instrumentos occidentais e orientais. Outra obra, In an Autumn Garden (1973-79) foi escrita para unha orquestra que de gagaku (música tradicional da corte imperial xaponesa). Obras como Eclipse (1966) para shakuhachi e biwa, Voyage (1973), para tres biwas, poden mencionarse como pezas que se derivan derivan claramente dos xéneros tradicionais.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Peter Burt, The Music of Toru Takemitsu (Cambridge University Press, 2001)
- Noriko Ohtake, Creative sources for the Music of Toru Takemitsu (Ashgate, 1993)
- Toru Takemitsu, Confronting Silence (Fallen Leaf Press, 1995)
- Ziad Kreidy, TAKEMITSU à l’écoute de l’inaudible (L'Harmattan, 2009)
Album
[editar | editar a fonte]- Duo Imbesi Zangarà, Noir Love – Takemitsu for Guitar Duo performed by Carmelo Imbesi e Carmen Zangarà, Classical Music 3.0, (2021)