Gabriel Álvarez Martínez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1985 (38/39 anos) O Carballiño, España |
Educación | Universidade de Vigo |
Actividade | |
Ocupación | tradutor |
Premios | |
| |
Gabriel Álvarez Martínez, nado no Carballiño en 1985[1], é un tradutor galego coñecido principalmente polos seus traballos literarios da lingua xaponesa cara á galega e á castelá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É licenciado en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo. Estudou un ano como Erasmus no Institut Supérieur de Traducteurs et Interprètes de Bruxelas. Viviu en Newcastle, en París e no Xapón[2].
Na súa faceta de tradutor literario, traballou para editoriais de ámbito galego como Galaxia ou Rinoceronte (neste segundo caso en colaboración con Mona Imai), así como para outras de ámbito español como Galaxia Gutenberg ou Tusquets. Amais da narrativa, entre os xéneros que traduce destaca o manga.
Dende 2018 é vogal e vicepresidente da AGPTI[3].
Traducións
[editar | editar a fonte]- Rashōmon, Ryūnosuke Akutagawa. Premio 2007 de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo (Edicións Xerais, 2008)
- Tras do solpor, Haruki Murakami. Cotradución con Mona Imai (Editorial Galaxia, 2008)
- Do que estou a falar cando falo de correr, Haruki Murakami. Tradución conxunta con Mona Imai (Editorial Galaxia, 2009)
- 1Q84. Libros 1 e 2, Haruki Murakami. Tradución conxunta con Mona Imai (Editorial Galaxia, 2009)
- Eloxio da sombra, Jun'ichirō Tanizaki. Tradución conxunta con Mona Imai (Rinoceronte Editora, 2010)
- 1Q84. Libro 3, de Haruki Murakami. Cotradución con Mona Imai (Editorial Galaxia, 2011)
- Breve biografia dum pseudopoeta, Yasuhiro Yotsumoto (Dr. Alveiros, 2018)
- O caranguexeiro, Takiji Kobayashi (Editorial Hugin e Munin, 2020)
- Unha noite no tren da vía láctea, Kenji Miyazawa (Aira Editorial, 2020)
- O ganso salvaxe, Mori Ōgai (Irmás Cartoné, 2021)
Distincións
[editar | editar a fonte]- Premio Xela Arias 2024 xunto a Takekazu Asaka[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Entrevista con Álvarez (en castelán).
- ↑ Entrevista en Lalineadeltraductor.org.
- ↑ A AGPTI escolleu a súa nova xunta directiva, presidida por Iria Taibo Arquivado 28 de setembro de 2019 en Wayback Machine., 5 de marzo de 2018.
- ↑ "Resolución VII Premio Xela Arias". AGPTI. 4 de novembro de 2024.