Do que estou a falar cando falo de correr
Do que estou a falar cando falo de correr | |
---|---|
Título orixinal | Hashiru koto ni tsuite kataru toki ni boku no kataru koto 走ることについて語るときに僕の語ること |
Autor/a | Haruki Murakami |
Orixe | Xapón |
Lingua | xaponés |
Xénero(s) | Autobiografía |
Editorial | Alfred A. Knopf Editorial Galaxia |
Data de pub. | 2007 2009 |
Páxinas | 198 |
ISBN | 978-0-307-26919-1 978-84-9865-166-9 |
Tradución | Mona Imai Gabriel Álvarez Martínez |
[ editar datos en Wikidata ] |
Do que estou a falar cando falo de correr[1] (co título orixinal en xaponés: 走ることについて語るときに僕の語ること; Hashiru Koto ni Tsuite Kataru Toki ni Boku no Kataru Koto) é un libro de memorias en lingua xaponesa do escritor Haruki Murakami, publicado por vez primeira en 2007. Foi traducida ao galego por Mona Imai e Gabriel Álvarez Martínez, e publicado por Editorial Galaxia na colección Literaria en 2009.[1]
No libro o autor fala da súa experiencia como atleta afeccionado. En 1982 deixou o local de jazz no que traballaba e comezou a escribir profesionalmente, amais de comezar a correr en serio. Desde entón adoita correr un maratón ao ano, e practica tamén o tríatlon.
O título da obra está inspirado nunha colección de contos curtos de Raymond Carver, What we talk about when we talk about love.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Do que estou a falar cando falo de correr. Traducido por Mona Imai
Gabriel Álvarez Martínez (1ª ed.). Vigo: Editorial Galaxia. 2009. ISBN 978-84-9865-166-9 – vía Biblioteca da Tradución Galega.