O caranguexeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O caranguexeiro
Título orixinalKani Kōsen
蟹工船
Autor/aTakiji Kobayashi
OrixeXapón
Linguaxaponés
ColecciónColección principal
Xénero(s)Marítima
Editorial Senki
Galicia Editorial Hugin e Munin
Data de pub. 1929
Galicia xullo de 2020
Formatorústico con lapelas
Páxinas120
ISBNGalicia 978-84-121280-4-8
TraduciónGabriel Álvarez Martínez
editar datos en Wikidata ]

O caranguexeiro (蟹工船 "Kani Kōsen"?) é unha novela de 1929 escrita polo autor xaponés Takiji Kobayashi[1].

Orixe[editar | editar a fonte]

A pesca no mar de Okhotsk principiara a comezos do século XX. Foi considerada unha industria estratéxica, protexida pola armada imperial xaponesa[2]. Axiña comezarían os primeiros conflitos con Rusia e posteriormente coa Unión Soviética. Tras unha exhaustiva investigación, Takiji Kobayashi describiu a vida e traballo dos pescadores en condicións de semiescravitude e o maltrato físico e psicolóxico ó que eran sometidos[2] a bordo do barco Hakuko Maru.

Publicación[editar | editar a fonte]

Publicouse orixinalmente de forma serializada entre maio e xuño de 1929 na revista de literatura comunista Senki.[3] En setembro dese mesmo ano, publicouse en formato de libro Senki Company.[4] O libro foi prohibido polos censores do goberno,[5] mais non antes de ter vendido uns 15 000 exemplares.[5]

Imaxe dun pesqueiro da época

Foi traducida ao galego por Gabriel Álvarez Martínez[6] e publicada en xullo de 2020 por Editorial Hugin e Munin.

Adaptacións[editar | editar a fonte]

No ano 1953, foi levada ó cine polo director Sō Yamamura. No 2008, debido ó contexto de crise económica e precariedade laboral, unha reedición da novela acadou un gran suceso de vendas no Xapón[6]. Isto provocou a adaptación da novela ó manga, a varias adaptacións teatrais e a un remake de película orixinal do 1953[6].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Keene 1998, p. 617; World Encyclopedia 1998; [[#CITEREF|]].
  2. 2,0 2,1 Kobayashi, Takiji (Xuño de 2021). Kanikosen. Traducido por Yoko Ogihara e Fernando Cordobés e Ilustrado por Go Fujio (1ª ed.). Gallo Nero. ISBN 978-84-941087-7-8. 
  3. Keene 1998, p. 618; World Encyclopedia 1998.
  4. World Encyclopedia 1998.
  5. 5,0 5,1 Keene 1998, p. 618.
  6. 6,0 6,1 6,2 Editorial Hugin e Munin (ed.). "O caranguexeiro - Editorial Hugin e Munin". Consultado o 2 de setembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]