Eduardo Sobrado Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eduardo Sobrado Vázquez
Información persoal
Nacemento 20 de abril de 1926
Lugar de nacemento Madrid
Posición centrocampista e dianteiro, dianteira
editar datos en Wikidata ]

Eduardo Sobrado Vázquez, coñecido como Sobrado ou Yayo, nado en Madrid o 20 de abril de 1926 e finado o 1 de xuño de 2001, foi un futbolista español que xogaba na demarcación de dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo do industrial vigués aficando en Madrid, Manuel Sobrado Fernández.[1] Comezou xogando no Pacífico, Ferroviaria, Toledo, O'Donnell e Daimiel antes de fichar polo Deportivo Manchego na tempada 1945-46. Tras destacar neste equipo pasou ao Gimnástica Segoviana, de onde o sacou Ricardo Zamora para xogar co Celta de Vigo en Primeira División no ano 1947. Asinou un contrato por cinco anos e 230.000 pesetas (40.000 cada un dos dous primeiros anos e 50.000 os tres seguintes).[2]

Tras unha cesión no Berbés debutou co primeiro equipo celeste o 5 de decembro de 1948 en Bilbao nunha derrota por 3-2 contra o Athletic Club, anotando o seu primeiro gol co Celta.

Na tempada 1949-50 trala marcha de Zamora e a chegada como adestrador de Pasarín, asentouse no equipo titular compartindo unha dianteira que se chamaría dianteira eléctrica con Atienza, Hermidita, Mekerle e Vázquez. Nesta tempada marcou 9 goles en 25 partidos, o que axudou a completar unha gran tempada do Celta a pesar de que un baixón ao final do ano relegou ao equipo celeste á sétima posición.

O ano seguinte mantivo as súas cifras goleadoras, marcando 12 goles en 21 partidos, o que lle valeu unha convocatoria para a selección española, xogando un único encontro o 17 de xaneiro de 1951 contra a selección de Suecia en Estocolmo, compartindo dianteira con Gaínza, Zarra e Basora.

Todos estes éxitos individuais fixeron que antes de darse por concluída a tempada 1950-51 dúas das estrelas do Celta, o propio Sobrado e Gabriel Alonso se incorporasen ao Real Madrid para participar na Copa do Xeneralísimo desa mesma tempada. Dentro desa mesma operación tamén se incluíu ao dianteiro Olmedo.

Porén non puido repetir as súas grandes actuacións no club merengue e tras dous anos nun papel secundario foi traspasado ao Racing de Santander e despois ao Real Betis en Segunda División.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Petiicón de mano". El Pueblo Gallego (en castelán) (4192). 22 de maio de 1951. p. 5. Consultado o 3 de xaneiro de 2022. 
  2. Alfil (14 de agosto de 1947). "Lo que percibirá el nuevo jugador del Celta, Eduardo Sobrado". El Pueblo Gallego (en castelán). p. 5. Consultado o 22 de abril de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]