Mozilla Firefox

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mozilla Firefox logo 2013.svg
  Mozilla Firefox
Firefox 29 Win 8.png
Mozilla Firefox 29 en Windows 8.1
Desenvolvedor: Mozilla Foundation
Última versión: 36.0.2[1] (20 de abril de 2015)
Sistema operativo: Windows/GNU/Linux/Mac OS X/Solaris/BSD Android
Xénero: Navegador web
Licenza: MPL/GPL/LGPL
En galego: Yes check.svg[2]
Sitio web: www.mozilla.org/gl/firefox/
Captura de Mozilla Firefox 1.5.0.7 en galego na versión para Mandriva Linux 2006.

Mozilla Firefox (orixinariamente coñecido como Phoenix, brevemente como Mozilla Firebird e actualmente só como Firefox) é un navegador web desenvolvido pola Mozilla Foundation, axudado por centos de voluntarios como software libre e multiplataforma.

A versión 1.0[3] foi publicada o 9 de novembro de 2004, e ata o 12 de febreiro de 2007, Firefox acadou os 300 millóns de descargas, converténdose nunha das aplicacións de código libre máis usadas polos usuarios particulares. A versión estable 29.0 saíu o 28 de abril de 2014 coa nova interface "Australis", minimalista e con melloras no tratamento dos marcadores. Versións posteriores achegaron un navegador máis personalizable e con engadidos a elexir polos usuarios.

Mozilla Firefox pretende ser un navegador pequeno, rápido, intuitivo, estable, seguro e libre. Baseado no compoñente de navegación da suite Mozilla, o Firefox converteuse no produto principal da Mozilla Foundation.

porcentaxe de uso dos principais navegadores en novembro de 2012

O código fonte de Firefox está dispoñíbel baixo os termos MPL/GPL/LGPL.

De acordo con Net Applications, o 14,56% dos navegadores do mundo eran Firefox en agosto do 2007, cun 14,05% usando a versión 1.5 ou superior.

Lemas de Firefox[editar | editar a fonte]

  • Redescubre a web
  • Navega á última
  • Seguro, rápido e gratuíto

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]