Richard Stallman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Richard Matthew Stallman
Victor Hermida - Richard Stallman en Ourense (by).jpg
Datos persoais
Nacemento 16 de marzo de 1953
Lugar Nova York
Residencia Nova York
Nacionalidade Estadounidense
Actividade
Campo Ciencias da computación
Alma máter Universidade Harvard e o Laboratorio de intelixencia artificial do MIT
Contribucións e premios
Coñecido por Movemento do Software libre, GNU, Emacs, GCC, GPL, FSF
Premios «MacArthur Fellowship», Premio «ACM Grace Murray Hopper», Premio de «Pioneiro do EFF», Premio «ACM Software System» entre outros.

Richard Matthew Stallman, tamén coñecido polas súas iniciais RMS, nado o 1953 en Manhattan, é unha das figuras máis significativas do movemento do software libre a nivel internacional, e a miúdo é apodado o gurú do software libre.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Stallman licenciouse en Física pola Universidade Harvard en 1974. Durante a carreira traballou no Laboratorio de Intelixencia Artificial do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT), onde aprendeu a deseñar sistemas operativos. Escribiu o primeiro editor de textos extensíbel Emacs en 1975 e contribuíu para a investigación en intelixencia artificial.

En xaneiro de 1984 deixou o MIT, e farto do que el consideraba un abuso por parte da industria do software, anunciou a varios grupos de Usenet a súa intención de crear un sistema operativo completamente libre. De seguida publicou o Manifesto GNU, e creou a Free Software Fundation (“Fundación Software Libre” en inglés) para a coordinación dos esforzos para a creación do sistema operativo libre GNU.

Dende 1991, ano no que recibiu o premio Grace Hopper Award que entrega a Association for Computing Machinery por Emacs, foi nomeado doutor honorario de varias universidades de todo o mundo e recibiu numerosos premios. É o autor, ademais, da licenza Licenza Xeral GNU e dende mediados da década de 1990 lidera de forma activa o movemento polo software libre, tanto no desenvolvemento de aplicacións coma na divulgación dos ideais en que se basea o movemento.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]