HTTP

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Protocolos de Internet
Capa de Aplicación HTTP, HTTPS, SMTP, FTP, SSH, SNMP, IRC,NNTP,
POP3, IMAP, Telnet, BitTorrent, IRC,...
Capa de Transporte TCP, UDP, SCTP, RTP, DCCP,...
Capa de Rede Protocolo IPv4, Protocolo IPv6, ARP, ICMP,...
Capa de Ligazón Ethernet, 802.11 WiFi, Token ring, FDDI, PPP,...
Capa Física RS-232, EIA-422, RS-449, EIA-485,...
editar

O protocolo de transferencia de hipertexto (HTTP, HyperText Transfer Protocol) é o protocolo usado en cada transacción da Web (WWW). O hipertexto é o contido das páxinas web, e o protocolo de transferencia é o sistema mediante o cal envíanse as peticións de acceso a unha páxina e a resposta co contido. Tamén serve o protocolo para enviar 'información adicional en ambos sentidos, como formularios con campos de texto.

HTTP é un protocolo sen estado, é dicir, que non garda ningunha información sobre conexións anteriores. Ao finalizar a transacción todos os datos pérdense. Por isto popularizáronse as cookies, que son pequenos ficheros gardados no propio ordenador que pode ler un sitio web ao establecer conexión con el, e desta forma recoñecer a un visitante que xa estivo nese sitio anteriormente. Grazas a esta identificación, o sitio web pode almacenar gran número de información sobre cada visitante, ofrecéndolle así un mellor servizo.

HTTP dispón dunha variante cifrada mediante SSL chamada HTTPS.