Saltar ao contido

Fucsia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Este artigo trata sobre a planta, para a cor véxase o artigo fucsia (cor).

Fucsia
Fuchsia
Carl von Linné 1753 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
Clasificación taxonómica
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
 Taxon homónimo
ReinoPlantae
SubreinoTracheobionta
DivisiónMagnoliophyta
ClaseMagnoliopsida
SubclaseRosidae
OrdeMyrtales
FamiliaOnagraceae
XéneroFuchsia
 Sinonimia
  • Brebissonia Spach, Ann. Sci. Nat., Bot. sér. 2, 4: 175. 1835.
  • Ellobium Lilja, Linnaea 15: 262. 1841.
  • Encliandra Zucc., Abh. Math.-Phys. Cl. Königl. Bayer. Akad. Wiss. 2: 335. 1837.
  • Kierschlegeria Spach, Hist. Nat. Veg. 4: 403. 1835.
  • Lyciopsis Spach, Ann. Sci. Nat., Bot. sér. 2, 4: 176. 1835.
  • Myrinia Lilja, Fl. Sverig. Suppl. 1. 25. 1840.
  • Nahusia Schneev., Icon. Pl. Rar. (Schneevoogt) 21. 1792.
  • Quelusia Vand., Fl. Lusit. Bras. Spec. 23. 1788.
  • Schufia Spach, Hist. Nat. Veg. 4: 411. 1835.
  • Spachia Lilja, Tidning för trädgårdsskötsel och allmän wextkultur, 62. 1840 ex Linnaea. 15. 262. 1841.
  • Skinnera J.R. Forst. & G. Forst., Char. Gen. Pl. 29. 1775.
  • Thilcum Molina, Sag. Stor. Nat. Chili, ed. 2. 146. 1810.
Códigos e identificadores
Freebase/m/01nmyj Editar o valor en Wikidata
ITIS27638 Editar o valor en Wikidata
OTT661739 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

As fucsias[1] son as distintas especies pertencentes ao xénero: Fuchsia. Son plantas de flor, da familia Onagraceae, dentro da orde Myrtales. Maiormente son arbustos, cunhas 100 a 110 especies das Américas e Oceanía. En Galiza son comúns en xardíns coma ornamentais. É a flor nacional da Illa de Man (Reino Unido).

O nome da cor fucsia deriva da cor das flores destas plantas.

Distribución

[editar | editar a fonte]

A gran maioría destas plantas atópanse en América do Sur, mais unhas poucas chegan a América Central e México, e algunhas até Nova Zelandia e Tahití. Unha especie, Fuchsia magellanica, atópase tan ao sur como é a Terra do Fogo na zona temperada fría, aínda que a maioría son de rexións tropicais ou subtropicais.

A meirande parte das especies de fucsia son arbustos de 0.2–4 m de talle, porén unha especie de Nova Zelandia, Kotukutuku (Fuchsia excorticata), é o máis extraordinario do xénero sendo unha árbore que acada os 12–15 m de altura.

Descrición

[editar | editar a fonte]

As follas de Fuchsia son opostas en grupos de 3-5, lanceoladas simples aínda que normalmente presentan marxes serradas (enteiras nalgunhas especies), de 1–25 cm de lonxitude, e poden ser tanto de folla caduca como de folla perenne dependendo das especies. Posúe diversos matices ou cores: hainas con cáliz desde branco a fucsia intenso. As flores son pénsiles, de pedúnculos longos que as fan ollar cara a abaixo. O cáliz é cilíndrico, con catro lóbulos e corola de catro pétalos. Teñen forma duns decorativos pendentes, que florean con profusión polo verán e polo outono, e todo o ano nas especies tropicais. Teñen catro sépalos alongados e estreitos, e catro pétalos curtos e largos; en moitas especies os sépalos son de cor vermella brillante, e os pétalos de cor púrpura (combinación de cores que atrae aos colibrís que as polinizan), mais as cores poden variar de branco a vermello escura, azul púrpura, e laranxa. Unhas poucas especies teñen tons amarelos. O froito é unha baga miúda (5–25 mm) vermella-averdada escura a vermella intensa, é comestíbel e presenta numerosas sementes pequeniñas no seu interior.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 1191. 1753.[2]

Etimoloxía

Fuchsia:nome xenérico que foi outorgado en honra do botanista alemán, Leonhart Fuchs (1501-1566). Charles Plumier quixo homenaxear a Fuchs cando describiu no século XVII a planta.

Especies de Fuchsia

[editar | editar a fonte]

As fucsias son uns arbustos de xardín moi populares, onde as especies máis resistentes ao frío, como Fuchsia magellanica se poden desenvolver ao ar libre en climas como os de Galiza ou das Illas Británicas (onde se atopan naturalizadas en Irlanda e ao suroeste de Gran Bretaña), con moiros dos populares cultivares, que alí son plantas de invernadoiro.

Os cultivares máis correntes son híbridos, dos cales hai milleiros, propagados por esgallos, dado que as sementes non adoitan propagar os mesmos caracteres da planta orixinal.

Simboloxía

[editar | editar a fonte]

A flor é o emblema da Illa de Man (Gran Bretaña) dende 1820. A Europa chegou a variedade Fuchsia magdalenae, resistente ao frío, polo que o seu cultivo logo se fixo moi popular nas Illas británicas, téndose naturalizado nesta illa. A herba de Santiago (Senecio jacobaea), coñecida aló coma cushag, comparte coa fucsia o título nacional.[3]

  1. Nome vulgas das especies do xénero en Vocabulario ortográfico da lingua galega, A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004
  2. "Fucsia". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 3 de abril de 2014.
  3. Artigo sobre Flores Nacionais no Portal das palabras da RAG.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]