Morte digna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A morte digna ou ortotanasia designa a actuación correcta ante a morte por parte dos que entenden ao que sofre unha enfermidade incurabel ou en fase terminal. Enténdese como o dereito do paciente a morrer dignamente, sen o emprego de medios desproporcionados e extraordinarios para o mantemento da vida. A ortotanasia distínguese da eutanasia en que a primeira non pretende nunca deliberadamente o adianto da morte do paciente.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Provén dos vocábulos gregos orthos, que significa recto e axustado á razón, e thanatos que significa morte.

Lexislación sobre a morte digna[editar | editar a fonte]

O 18 de febreiro de 2010 o Parlamento de Andalucía aprobou a Ley de derechos y garantías de la dignidad de la persona en el proceso de la muerte. O 13 de maio de 2011 o Consello de Ministros de España, presidido por José Luis Rodríguez Zapatero, aprobou o anteproxecto de Ley de Ciudadanos Paliativos y Muerte Digna[1]. Aquí expóñense os dereitos dos pacientes en situación terminal e tamén as obrigas do persoal sanitario que os atende. O proxecto de lei recolle os dereitos a renunciar a un tratamento médico e ao uso de sedacións terminais, aínda que se acorte a agonía e acelere a morte. O texto recoñece o dereito do paciente a que se preserve a súa intimidade e a da súa familia, que poida estar acompañado e recibir o auxilio espiritual que solicite. A lei establece que, polo menos na fase de agonía, o enfermo poderá pasala nunha habitación individual.

Dignidade ante a morte, con ou sen dor[editar | editar a fonte]

Aínda que na cultura actual a consideración da morte digna ao fin da vida de enfermos incurables e terminais se asocia como aquela que se produce sen ensañamento terapéutico e con aplicación de cuidados e tratamentos paliativos, sobre todo dirixidos ao sufrimento e á dor innecesarios, non debe entenderse excluída dunha morte digna calquera persoa na cal a súa morte se producira á marxe destas consideracións xenéricas, xa sexa por decisión persoal do enfermo ou outras circunstancias.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El consejo de Ministros aprueba el anteproxecto de la Ley de Muerte Digna, 13/5/2012, El País

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]