Fred Vargas
Fred Vargas | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Frédérique Audoin-Rouzeau |
Alcume | Fred Vargas |
Nacemento | 7 de xuño de 1957 |
París | |
Nacionalidade | francesa |
Etnia | Pobo francés |
Ocupación | novelista, arqueozoóloga, historiadora |
Pai | Philippe Audoin |
Irmáns | Stéphane Audoin-Rouzeau e Jo Vargas |
Período | século XX-século XXI |
Xéneros | Novela negra |
Premios | Prix des libraires, CWA International Dagger, CWA International Dagger, CWA International Dagger, German Crime Fiction Award e Premio Príncipe de Asturias das Letras |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Fred Vargas, pseudónimo de Frédérique Audoin-Rouzeau, nada en París o 7 de xuño de 1957, é unha escritora francesa, autora especialmente de novelas policíacas.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Frédérique Audoin-Rouzeau, adoito escrito erroneamente como Audouin-Rouzeau[1], é filla de Philippe Audoin, escritor surrealista próximo a André Breton.
Arqueozoóloga e historiadora de formación, escribiu en 2003 unha obra científica sobre a peste negra, titulada Les Chemins de la peste, le rat, la puce et l'homme.[2]. Escolleu como pseudónimo "Vargas" en referencia á personaxe de Maria Vargas, interpretado pola actriz Ava Gardner no filme A condesa descalza. Tamén a súa irmá xemelga Joëlle, que é pintora, usa o pseudónimo de Jo Vargas. O seu irmán é o historiador Stéphane Audoin-Rouzeau, especialista na primeira guerra mundial e codirector do centro de investigación da "Historia da Grande Guerra", e de quen podemos ver trazas no personaxe de Lucien Devernois.
A súa primeira novela recibiu o premio do Festival de Cognac en 1986 e desde entón converteuse nunha das escritoras francesas contemporáeas, cunha obra policíaca extensa e moi vendida.
Fred Vargas apoiou nas eleccións europeas do 7 de xuño de 2009 a candidatura de Daniel Cohn-Bendit e as listas dos ecoloxistas do partido Europe Écologie. Tamén asinou un manifesto durante a campaña titulado "Nous y sommes" (Velaí estamos).[3][4]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
É tímida e négase a asinar autógrafos; ten afirmado que se botou a escribir por diversión e que «a novela policíaca deriva da literatura épica».[5][6]
Obra[editar | editar a fonte]
Novelas policíacas[editar | editar a fonte]
- Les Jeux de l'amour et de la mort, 1986.
- Ceux qui vont mourir te saluent, 1994.
Serie "Os tres evanxelistas"[editar | editar a fonte]
- Debout les morts, 1995.
- Un peu plus loin sur la droite, 1996.
- Sans feu ni lieu, 1997.
Serie do Comisario Adamsberg[editar | editar a fonte]
- O home dos círculos azuis (L'Homme aux cercles bleus, 1991). [7].
- L'Homme à l'envers, 1999.
- Les Quatre Fleuves, 2000, novela gráfica en colaboración co ilustrador Edmond Baudoin.
- Pars vite et reviens tard, 2001.
- Coule la Seine, 2002. O volume inclúe tres novelas breves: Salut et Liberté, La Nuit des brutes e Cinq francs pièce.
- Sous les vents de Neptune, 2004.
- Dans les bois éternels, 2006.
- Un lieu incertain, 2008.
- Le Marchand d'éponges, novela gráfica realizada a partir da novela breve Cinq francs pièce (2010), canda o ilustrador Edmond Baudoin.
- L'Armée furieuse, 2011.
- Temps glaciaires, 2015.
- Quand sort la recluse, 2017.
Ensaios e outros traballos[editar | editar a fonte]
- Petit traité de toutes vérités sur l'existence, 2001.
- Critique de l'anxiété pure, 2003.
- La Vérité sur Cesare Battisti, 2004.
Obra científica[editar | editar a fonte]
Asinada baixo o nome real de Frédérique Audoin-Rouzeau.
- Ossements animaux du Moyen-Âge au monastère de la Charité-sur-Loire (1986).
- Hommes et animaux en Europe: corpus de données archéozoologiques et historiques (1993).
- Les Chemins de la peste, le rat, la puce et l'homme (2003).
- Un aliment sain dans un corps sain: Perspectives historiques (2007), codirixida con Françoise Sabban.
Adaptacións[editar | editar a fonte]
- Cinema
- Pars vite et reviens tard (2007, dirixida por Régis Wargnier)
- Televisión
- Sous les vents de Neptune (2008, dirixida por Josée Dayan)
- L'homme aux cercles bleus (2009, dirixida por Josée Dayan)
- L'homme à l'envers (2009, dirixida por Josée Dayan)
- Un lieu incertain (2010, dirixida por Josée Dayan)
Premios e honras[editar | editar a fonte]
- Premio do "Festival de Coñac" 1986, por Les jeux de l'amour et de la mort.
- Premio do "Festival de St Nazaire" en 1992 por "L'homme aux cercles bleus".
- Premio "Polar Michel-Lebrun da Cidade de Mans" en 1995 por "Debout les morts".
- Premio "Mystère de la critique" en 1996 por "Debout les morts"
- Trofeo "813 á mellor novela" en 1997 por "Salut et liberte".
- "Gran Premio das lectoras de Elle" á mellor novela policíaca en 2002 por "Pars vite et reviens tard".
- "Premio das Librarías" en 2002 por "Pars vite et reviens tard".
- "Trofeo 813 á mellor novela francófona" en 2002 por "Pars vite et reviens tard"
- "Trofeo 813 á mellor novela francófona" en 2004 por "Sous les vents de Neptune".
- "Trofeo 813 á mellor novela francófona" en 2006 por "Dans les bois éternels".
- "Duncan Lawrie International Dagger" en 2007 por "Dans les bois éternels".
- Princesa de Asturias das Letras 2018.[8]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Famille Audoin-Rouzeau.
- ↑ "Les chemins de la peste - Le rat, la puce et l'homme"; ("Os camiños do andacio. A rata, a pulga e o home")
- ↑ Escrito de Fred Vargas en apoio a Daniel Cohn-Bendit e ás listas de Europe Écologie.
- ↑ "El enigma Fred Vargas" no xornal El País 02/02/2008.
- ↑ ¿Porqué no firma autografos? Arquivado 26/12/2017, en Wayback Machine..
- ↑ Entrevista para "El País".
- ↑ Traducida ao galego por Antía Veres e publicada por Kalandraka en 2020.
- ↑ "GALARDONADOS CON LOS PREMIOS PRINCESA DE ASTURIAS 2018". fpa.es (en castelán). Consultado o 23-8-2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Biografía[editar | editar a fonte]
- Guillaume Lebeau, Le Mystère Fred Vargas, éd. Gutenberg, 2009. ISBN 9782352360292