O director de cinema Harry Dawes (Humphrey Bogart) acode ao funeral da bela condesa Torlato-Favrini, antes a famosa actriz e bailarina española Maria Vargas (Ava Gardner), que el mesmo lanzara ao éxito. A partir de aí, comeza a lembrar como a coñeceu nunha sala de baile en España e como o millonario produtor independente Kirk Edwards (Warren Stevens) impresionado pola súa beleza lle ofrecera un contrato no seu novo filme, que ía dirixir Dawes. Ao filme é un éxito, mais paralelamente ao ascenso de Maria, está o seu fracaso no aspecto sentimental.