Fred Astaire

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fred Astaire
Fred Astaire in Royal Wedding.jpg
Fred Astaire
Nacemento Frederick Austerlitz Jr.
10 de maio de 1899
Omaha, Nebraska
Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento 22 de xuño de 1987
Os Ánxeles, California
Outros nome(s) Fred Astaire
Profesión actor, cantante, coreógrafo e bailarín
Cónxuxe(s) Phyllis L. Potter (1933-1954)

Robyn Smith (1980-1987)

Ficha na IMDb

Frederick Austerlitz, nado en Omaha (Nebraska) o 10 de maio de 1899 e finado nos Ánxeles (California) o 22 de xuño de 1987, foi un bailarín e actor estadounidense, máis coñecido co nome de Fred Astaire.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun emigrante austríaco, comezou a empregar o nome Astaire, coa súa irmán Adele, cando actuaba nun vodevil cando tiña cinco anos. A partir de 1917 el e a súa irmá apareceron en shows de Broadway, facéndose populares ata que en 1932 a súa irmá casa con Charles Cavendish, fillo do duque de Devonshire. Fred marcha a Hollywood, en 1933 actúa na película Flying Down to Rio (Voando a Río), con Ginger Rogers que tivo un grande éxito e fixo que actuasen xuntos noutras nove películas, converténdose nunha das parellas máis famosas do cine. Formou tamén parella cinematográfica con Eleanor Powell, Rita Hayworth, Judy Garland, Cyd Charisse e Audrey Hepburn. Retirouse en 1971, aínda que seguiu aparecendo esporadicamente en películas e series de televisión.

Filmografía[editar | editar a fonte]