Isaac Bonga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Isaac Bonga
Isaac Bonga.jpg
Washington Wizards – No. 17
Escolta / Ala
Información persoal
Nacemento 8 de novembro de 1999 (19 anos)
Alemaña Neuwied
Nacionalidade Alemaña Alemaña
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 82 kg (180 lb)
Información da carreira
NBA Draft 2018 / Rolda: 2 / Elección: 39

Por Philadelphia 76ers

Carreira dende 2016
Historial de equipos
Skyliners Frankfurt (2016–2018)
Skyliners Juniors (2016–2018)
Los Angeles Lakers (2018–2019)
South Bay Lakers (2018–2019)
Washington Wizards (2019–presente)
Información en nba.com

Isaac Evolue Etue Bofenda Bonga, nado o 8 de novembro de 1999 en Neuwied, é un xogador alemán de baloncesto profesional que xoga nos Washington Wizards da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

En xuño de 2016, Bonga asinou un contrato de catro anos co Skyliners Frankfurt da Basketball Bundesliga.[1] Debutou na Bundesliga con 16 anos o 23 de setembro de 2016, na derrota por 84-55 contra o Brose Bamberg.[2]

O 21 de xuño de 2018, Bonga foi seleccionado na 39ª posición do Draft da NBA de 2018 polos Philadelphia 76ers. O 6 de xullo foi traspasado ós Los Angeles Lakers a cambio dunha elección da segunda rolda do Draft de 2019.[3] Tras o traspaso, Bonga asinou un contrato de rookie cos Lakers.[4] Fixo o seu debut na NBA o 7 de decembro de 2018 contra os San Antonio Spurs.[5]

O 5 de xullo de 2019, Bonga foi traspasado ós Washington Wizards nun traspaso entre tres equipos.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "FRAPORT SKYLINERS verpflichten Nachwuchs-Nationalspieler Isaac Bonga | FRAPORT SKYLINERS". www.fraport-skyliners.de. Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2016. Consultado o 2016-06-18. 
  2. "easyCredit - 2016-09-23 BAM-FRA". www.easycredit-bbl.de. Consultado o 2016-09-23. 
  3. "Lakers Acquire Isaac Bonga in Trade with Philadelphia". Lakers.com. 6 de xullo de 2018. 
  4. "Lakers Sign Isaac Bonga". NBA.com. 6 de xullo de 2018. Consultado o 6 de xullo de 2018. 
  5. "Features | NBA.com". www.nba.com. Consultado o 2018-12-08. 
  6. "Wizards acquire Wagner, Jones and Bonga from Lakers". NBA.com. 5 de xullo de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]