Saltar ao contido

François Marie Daudin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrançois Marie Daudin
Biografía
Nacemento29 de agosto de 1776 Editar o valor en Wikidata
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte30 de novembro de 1803 Editar o valor en Wikidata (27 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetuberculose Editar o valor en Wikidata
ResidenciaFrancia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoZooloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónzoólogo, ornitólogo, herpetólogo Editar o valor en Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaDaudin Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAdèle ° Daudin Editar o valor en Wikidata
PaisFrançois Daudin Editar o valor en Wikidata  e Marie Madeleine Louise Escallard de la Bellengerie Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) Editar o valor en Wikidata

François Marie Daudin, nado en París en 1774 ou o 25 de marzo de 1776 e finado na mesma cidade o 30 de novembro de 1803 ou en 1804, foi un zoólogo francés especializado en ornitoloxía e herpetoloxía.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Partida de nacemento de Daudin.
Partida de defunción de Daudin, o 8 de Frimario do ano XII (30 de novembro de 1803).

François Mª Daudin foi fillo de François Daudin (1746-1811), señor de Pouilly, conselleiro-corrector da Cámara de Contas de París, e de Marie Madeleine Louise Escallard de Bellengerie (1754-1790).

Unha enfermidade que contraeu na infancia paralizou as súas extremidades inferiores. Porén, puido observar sobre o terreo, e comezou a coleccionar espécimes mentres estudaba fisioloxía e historia natural, e acabou por dedicarse a esta última.

As publicacións de Daudin abarcan só cinco anos, de 1799 a 1803. Foi o autor dun Traité élémentaire et complet d'ornithologie... (1799-1800), que foi o primeiro manual auténtico de ornitoloxía, no que combinaba a taxonomía binomial linneana e as descricións anatómicas, fisiolóxicas e etolóxicas de Buffon. É unha obra que permaneceu incompleta, pero que despois de ser criticada (especialmente por Cuvier) aínda se aprecia hoxe.

Tamén publicou a Recueil de mémoires et de notes sur des espèces inédites ou peu connues de mollusques, de vers et de zoophytes... en 1800 e, con Lacépède, as Tableaux des divisions... des Mammifères et Tableaux des divisions... des Oiseaux en 1802.

Pero a súa verdadeira especialización foi a herpetoloxía. Publicou unha Histoire naturelle des Rainettes, des Grenouilles et des Crapauds..., ilustarada con 38 láminas (en 1803) e unha Histoire naturelle, générale et particulière, des Reptiles, (en 8 volumes en oitavo, de 1801 a 1803), que completou a Histoire naturelle des Reptiles de Charles-Nicolas-Sigisbert Sonnini de Manoncourt (1751-1812) e Pierre André Latreille (1762-1833). O traballo de Daudin contén descricións de 48 xéneros e 621 especies, algunhas novas para a ciencia (recoñécense hoxe 10 anfibios e 43 réptiles descritos por Daudin), baseándose no exame de máis de 1 100 exemplares.[1]

François Daudin foi asistido pola súa muller, Adélaïde Geneviève de Grégoire de Saint-Sauveur (1774-1803), que realizou 37 taboleiros de cada 100 que ilustran o libro. Os seus libros, publicados ás súas costas, foron un fracaso comercial, pero Daudin e a súa muller non viviron na miseria, grazas á fortuna familiar.

Daudin morreu de tuberculose, un mes despois de que falecera a súa muller, aos vinte e sete anos e tres meses de idade. A parella deixou a un fillo dun ano e medio, François Louis Hyacinthe Daudin (1802-1889), que se estableceu no castelo familiar de Pouilly.

  • Recueil de memoires ... sur les Mollusques, de Vers et les Zoophytes. París 1806.
  • Histoire naturelle des rainettes, des grenouilles et des crapauds. Bertrandet et Levrault, París 1802-03.
  • París 1802–05.
  • Histoire Naturelle, Générale et Particulière des Reptiles; ouvrage faisant suit à l'Histoire naturelle générale et particulière, composée par Leclerc de Buffon; et rédigee par C.S. Sonnini, membre de plusieurs sociétés savantes. Volume 4. F. Dufart, París 1802–05. (Texto completo).
  • Recueil de mémoires et de notes sur des espèces inédites ou peu connues de mollusques, de vers et de zoophytes. Fuchs, Treuttel & Wurtz, París 1800.
  • Traité élémentaire et complet d'ornithologie  ou  Histoire naturelle des oiseaux. Bertrandet, París 1800.

Taxons descritos por Daudin

[editar | editar a fonte]

A pesar da súa curta vida, Daudin fixo unha grande achega duradeira á taxonomía.

  • Accipiter minullus
  • Accipiter tachiro
  • Anhinga rufa
  • Anthochaera paradoxa
  • Ciccaba huhula
  • Circus ranivorus
  • Corvus leucognaphalus
  • Crypsirina temia
  • Falco chicquera
  • Falco rufigularis
  • Falco tinnunculus rupicolus
  • Haliaeetus vocifer
  • Lamprotornis ornatus
  • Lophaetus occipitalis
  • Lophostrix cristata
  • Loxigilla portoricensis
  • Malimbus malimbicus
  • Megascops nudipes
  • Melanerpes portoricensis
  • Melierax gabar
  • Morphnus guianensis
  • Onychognathus nabouroup
  • Paradisaea rubra
  • Phaethon lepturus
  • Ploceus baglafecht
  • Polemaetus bellicosus
  • Saltator fuliginosus
  • Seleucidis melanoleucus
  • Spizaetus ornatus
  • Sporopipes frontalis
  • Sturnus melanopterus
  • Terathopius ecaudatus

Réptiles

[editar | editar a fonte]

Anélidos

[editar | editar a fonte]

Epónimos e nomes de especies dedicadas

[editar | editar a fonte]
Le Guêpier Daudin.
  • André Marie Constant Duméril e Gabriel Bibron, en 1835, nomearon unha especie de tartaruga Testudo daudinii,[3] despois coñecida como Dipsochelys daudinii (Duméril & Bibron, 1835). e hoxe esta considerada como unha subespecie extinta da tartaruga xigante Aldabra (Aldabrachelys gigantea daudinii) das Seychelles.
  • En 1807, François Levaillant nomeou o abellaruco de cola azul (Merops philippinus) como o Le Guêpier Daudin na honra deste.[4]
  • Bertha Lutz, en 1973 nomeou unha especie de ra como Hyla daudini, nome que hoxe é sinónimo de Hyansiboas boans.[5]
  • A especie Colobus daudini descrita por Blasius Merrem en 1820 é un sinónimo de Bachia flavescens (Bonnaterre, 1789).[6]

Abreviatura

[editar | editar a fonte]

A abreviatura Daudin emprégase para recoñecer a François Marie Daudin como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

  1. Peter Uetz (2010): "The original descriptions of reptiles". Zootaxa 2335: 59-68, pdf.
  2. Hyla surinamensis Daudin, 1802 en ubio.org, considerara como nomen dubium pola UICN.
  3. André Marie Constant Duméril & Gabriel Bibron (1835): Erpétologie générale, ou, Histoire naturelle complète des reptiles, pp. 123–126.
  4. François Levaillant (1806): Histoire naturelle des promérops et des guépiers (et des couroucous et touracous, faisant suite à celle des oiseaux de paradis), Paris: Levrault, pp. 49–50.
  5. Lutz, Bertha 1973, p. 41.
  6. Merrem, Blasius 1820.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Bour, Roger (2011): "François Marie Daudin (29 août 1776-30 novembre 1803), auteur de l' Histoire naturelle, générale et particulière, des Reptiles". Alytes 28: 1-76.
  • Bour, Roger (2014): "Compléments et rectificatifs à la biographie de François Daudin". Alytes 31 (9): 41–45.
  • Duméril, André Marie Constant & Gabriel Bibron (1835): Erpétologie générale, ou, Histoire naturelle complète des reptiles Vol. 2. París: Libraire Encyclopédique de Roret. (Ver en liña).
  • Lescure, Jean & Bernard Le Garff (2006): L'étymologie des noms d'amphibiens et de reptiles. París: Éditions Belín. ISBN 2-7011-4142-7.
  • Levaillant, François (1807): Histoire naturelle des promerops, et des guêpiers: faisant suite à celle des oiseaux de paradis par la même. París: Denne Le Jeune. (Ver en liña).
  • Lutz, Bertha (1973): Brazilian Species of Hyla. Austin, Texas: University of Texas Press. ISBN 978-0-2927-0704-7.
  • Merrem, Blasius (1820): Versuch eines Systems der Amphibien. Marburg: Johann Christian Krieger. (Ver en liña).