Accipiter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Accipiter
Azor (Accipiter gentilis)
Azor (Accipiter gentilis)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Subclase: Neornithes
Infraclase: Neognathae
Superorde: Neoaves
Orde: Accipitriformes
Familia: Accipitridae
Subfamilia: Accipitrinae
Xénero: Accipiter
Brisson, 1760
Sinonimia

Hieraspiza Kaup, 1844 (but see text)

Accipiter é un xénero de aves de presa das familia Accipitridae (accipítridos). O xénero comprende unhas 50 especies, das cales en Galicia viven dúas: o azor (Accipiter gentilis) e o gabián (Accipiter nisus). Poden distinguirse anatomicamente dos seus parentes pola falta de forame (burato) procoracoide. Non obstante, hai dúas especies un tanto anormais que se sitúan tamén neste xénero que posúen dito forame pero que se distinguen pola secuencia de ADN. Isto garantiza a súa diferenciación do antigo xénero Hieraspiza.[1]

Os Accipiter existentes oscilan en tamaño desde o A. minullus, no cal os machos máis pequenos miden 20 cm de longo, 39 cm de envergadura alar e pesan 68 g, ao A. gentilis, no cal as femias máis grandes miden 64 cm de longo, cunha envergadura alar de 127 cm e un peso de 2.200 g.[2] Estas aves son delgadas, con ás arredondadas, anchas e curtas e unha longa cola que lles axuda a manobrar en voo. Teñen longas patas e longas e agudas gadoupas que usan para matar as presas, e un bico agudo e ganchudo na punta co que se alimentan. As femias adoitan ser máis grandes que os machos. A miúdo emboscan as sñuas presas, principalmente pequenos paxaros e mamíferos, capturándoos despois dunha curta persecución. O seu patrón de voo típico é unha serie de batidos de ás seguidos dun curto planeo. Encóntranse xeralmente en áreas de bosques ou arbustos.

O xénero Accipiter foi creado polo zoólogo francés Mathurin Jacques Brisson en 1760.[3][4] O nome procede da palabra latina que significaba 'falcón', procedente de accipere, que significaba 'agarrar, atrapar'.[5]

Especies en orde taxonómica[editar | editar a fonte]

  • Accipiter gentilis, azor común
  • Accipiter nisus, gabián común
  • Accipiter poliogaster
  • Accipiter trivirgatus – pode non ser desta familia e tense denominado Lophospiza trivirgata
  • Accipiter griseiceps – moi relacionado co anterior; pode ser clasificado como Lophospiza griseiceps.
  • Accipiter toussenelii
  • Accipiter tachiro
  • Accipiter soloensis
  • Accipiter francesiae
    • Accipiter francesiae pusillus
  • Accipiter trinotatus
  • Accipiter novaehollandiae
  • Accipiter hiogaster
  • Accipiter sylvestris
  • Accipiter fasciatus
    • Accipiter (fasciatus) natalis
  • Accipiter melanochlamys
  • Accipiter albogularis
  • Accipiter rufitorques
  • Accipiter haplochrous
  • Accipiter henicogrammus
  • Accipiter poliocephalus
  • Accipiter princeps
  • Accipiter melanoleucus
  • Accipiter henstii
  • Accipiter meyerianus
  • Accipiter castanilius
A. badius cun lagarto (Calotes sp.) en Hyderabad, India
  • Accipiter butleri
  • Accipiter brevipes
  • Accipiter luteoschistaceus
  • Accipiter imitator
  • Accipiter erythropus
  • Accipiter minullus
  • Accipiter gularis
  • Accipiter nanus
  • Accipiter erythrauchen
  • Accipiter cirrocephalus
  • Accipiter brachyurus
  • Accipiter rhodogaster
  • Accipiter madagascariensis
  • Accipiter ovampensis
  • Accipiter rufiventris
  • Accipiter badius
  • Accipiter superciliosus – pode pertencer a Hieraspiza co nome H. superciliosa[1]
  • Accipiter collaris – pode pertencer a Hieraspiza
  • Accipiter striatus
    • Accipiter striatus chionogaster
    • Accipiter striatus ventralis
    • Accipiter striatus erythronemius
  • Accipiter cooperii
  • Accipiter gundlachi
  • Accipiter bicolor
    • Accipiter (bicolor) chilensis
  • Accipiter virgatus

Entre as especies extintas están:

  • Accipiter efficax[6]
  • Accipiter quartus[6]

Burato procoracoide[editar | editar a fonte]

A presenza ou ausencia de forame ou burato procoracoide (tamén forame coracoide ou fenestra coracoide) é unha das caracterísicas nas que hai que fixarse para distinguir este xénero. Trátase dun burato no proceso frontal do óso coracoide, por onde pasa o nervio supracoracoide. Nalgúns grupos de paxaros pode estar presente como unha simple amosega ou incisura; ou a amosega pode estar parcialmente ou debilmente pechada con tecido óseo. Noutros grupos de aves esta característica está completamente ausente.

Este burato está xeralmente presenta na maioróia das aves e presa, pero está ausente en case todos os maioría Accipiter estudados, polo que esta ausencia propúxose como unha cracterística de diagnóstico.

Un estudo dos esqueletos dos accipítridos encontrou incisuras procoracoides (diferentes dos buratos) nalgúns espécimes das aguias Aquila gurneyi e A. chrysaetos, pero non noutras catro especies de Aquila. A amosega está variablemente aberta ou debilmente osificada en Spizastur melanoleucos, Lophoaetus occipitalis, Spizaetus ornatus e Stephanoaetus coronatus. Tamén Buteo brachyurus e B. hemilasius teñen incisuras, diferindo doutras 17 especies de Buteo.[7]

En Circus o forame é variable, non só entre as especies senón nos ósos de distinto lado dun mesmo individuo. Xeralmente está aberto ou ausente, per opode estar pechado por unha trabécula ósea. As investigacións realizadas en filoxenia xenética indican que Circus está relacionado con Accipiter.

A amosega está tamén ausente ou practicamente indistinguible en Harpagus bidentatus.

Urotriorchis macrourus ten un burato procoracoide ben desenvolvido, o que suxire unha separación de Accipiter. Pode estar relacionado coa tribo Melieraxini.[8]

Filoxenia xenética[editar | editar a fonte]

Análises de xenética molecular indican que Accipiter é parafilético cos Circus, mesmo se os dous grupos difiren en hábitos de caza e forma corporal.[9] Hai tres ou catro clados de Accipiter, con Circus, Megatriorchis e Erythrotriorchis mesturados.

John Boyd propuxo dividir Accipiter en catro xéneros distintos, que chamou: Aerospiza, Tachyspiza, Accipiter e Astur.[10] Neste esquema Tachyspiza queda coa maioría das especies, e Accipiter quedaría reducido a só seis, que son: A. nisus (especie tipo), A. rufiventris, A. striatus, A. chionogaster, A. ventralis, A. erythronemius.

  • Tribo Accipitrini
    • (grupo 1)
      • Erythrotriorchis
      • Aerospiza
      • Tachyspiza
    • (grupo 2)
      • Accipiter
      • (grupo 2a)
        • Megatriorchis
        • Astur
        • Circus

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Olson (2006)
  2. Raptors of the World by Ferguson-Lees, Christie, Franklin, Mead & Burton. Houghton Mifflin (2001), ISBN 0-618-12762-3.
  3. Brisson, Mathurin Jacques (1760). Ornithologie; ou, Méthode contenant la division des oiseaux en ordres, sections, genres, espéces & leurs variétés (en French). Volume 1. Paris: Jean-Baptiste Bauche. pp. 28, 310. 
  4. Mayr, Ernst; Cottrell, G. William, eds. (1979). Check-list of Birds of the World. Volume 1 (2nd ed.). Cambridge, Massachusetts: Museum of Comparative Zoology. p. 323. 
  5. Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. p. 30. ISBN 978-1-4081-2501-4. 
  6. 6,0 6,1 Balouet, J.C.; Olson, Storrs L. (1989). "Fossil birds from Late Quaternary deposits in New Caledonia" (PDF). Smithsonian Contributions to Zoology 469: 6–7. doi:10.5479/si.00810282.469. 
  7. Olson, Storrs (1988). "Variation in the procoracoid foramen in the Accipitridae" (PDF). Riv. Ital. Orn. 57 (3–4): 161–164. Consultado o 18 June 2016. 
  8. Boyd, John. "Afroaves", Taxonomy in Flux Checklist
  9. Boyd cita as seguintes fontes para incrustar Circus: Kocum (2006), Griffiths et al. (2007), Lerner et al. (2008), and Nagy and Tökölyi (2014)
  10. A súa clasificación das especies está baseada en: Wink and Sauer-Gürth (2004), Breman et al. (2013), Barrowclough et al. (2014), Nagy and Tökölyi (2014) and Kocum (2006)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Balete, Danilo S.; Tabaranza, Blas R. Jr. & Heaney, Lawrence R. (2006): An Annotated Checklist of the Birds of Camiguin Island, Philippines. Fieldiana Zool. New Series 106: 58–72. DOI:10.3158/0015-0754(2006)106[58:AACOTB]2.0.CO;2 HTML abstract
  • Heaney, Lawrence R. & Tabaranza, Blas R. Jr. (2006): Mammal and Land Bird Studies on Camiguin Island, Philippines: Background and Conservation Priorities. Fieldiana Zool. New Series 106: 1-13. DOI:10.3158/0015-0754(2006)106[1:MALBSO]2.0.CO;2 HTML abstract
  • Olson, Storrs L. (2006): Reflections on the systematics of Accipiter and the genus for Falco superciliosus Linnaeus. Bull. B.O.C. 126: 69-70. PDF fulltext. Archived copy.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]