Alfred L. Kroeber
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 11 de xuño de 1876 Hoboken |
| Morte | 5 de outubro de 1960 París |
| Lugar de sepultura | Sunset View Cemetery (en) |
| Presidente da Sociedade Lingüística de América | |
| 1940 – | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade Columbia - antropoloxía (–1901) |
| Director de tese | Franz Boas |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Antropoloxía |
| Ocupación | antropólogo, lingüista, sociólogo, arqueólogo, etnólogo |
| Empregador | Universidade de California, Berkeley (1901–1945) |
| Membro de | |
| Profesores | Franz Boas |
| Participou en | |
| 1899 | Jesup Arapaho Expedition (1899-1901) (en) |
| Obra | |
| Doutorando | Julian Steward |
| Familia | |
| Cónxuxe | Theodora Kroeber (1926–1960), morte |
| Fillos | Karl Kroeber, Ursula K. Le Guin |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Крёбер Алфред Луис) Enciclopedia soviética armenia, volume 5, (p.696) |
Alfred Louis Kroeber, nado en Hoboken (Nova Jersey) o 11 de xuño de 1876 e finado en París o 5 de outubro de 1960 foi un antropólogo cultural estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Obtivo o seu doutoramento na Universidade Columbia en 1901. O antropólogo Franz Boas supervisou os seus estudos. Foi o primeiro profesor do Departamento de Antropoloxía da Universidade de California, Berkeley.[1] Dirixiu o Museo de Antropoloxía Phoebe A. Hearst de Berkeley entre 1909 e 1947.
Kroeber estudou un home chamado Ishi, o último membro supervivente do pobo Yahi. Estudou tamén, entre outros, os pobos miwok.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou coa antropóloga Theodora Kroeber e foi pai da novelista, poeta e escritora de contos Ursula K. Le Guin.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "History". Anthropology.Berkeley.edu (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2014. Consultado o 16 de xaneiro de 2023.
| A Galipedia ten un portal sobre: Estados Unidos de América |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
