Serantes, Ferrol
| Serantes | |
|---|---|
Igrexa de San Salvador de Serantes. | |
| Concello | Ferrol[1] |
| Provincia | A Coruña |
| Coordenadas | 43°29′55″N 8°14′42″O / 43.49856944, -8.24495833 |
| Poboación | 1.656 hab. (2025) |
| Entidades de poboación | 11[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Salvador de Serantes é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Ferrol na comarca de Ferrol. Segundo o IGE en 2018 tiña 1.742 habitantes (882 mulleres e 860 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.066 habitantes.
Historia
[editar | editar a fonte]A parroquia de San Salvador de Serantes foi a capital do concello de Serantes. En 1972 inaugurouse en Serantes a Escola Universitaria Politécnica de enxeñería naval e industrial.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]
A ermida de Chamorro, construída no século XVI, está situada na aba do monte do mesmo nome e desde o seu adro, a 175 m de altitude, contémplase unha magnífica vista panorámica da comarca ferrolá, co val de Serantes en primeiro termo e ao fondo a cidade de Ferrol. A porta está situada nun lateral, ao que se engadiu un beiril para integrar a peaña coa estatua da Virxe, chamada do Nordés, parece ser románica do século XII. Neste lugar celébrase unha concorrida romaría o luns de Pascua, desde o ano 1628, como acción de grazas a Virxe pola súa intersección nun forte temporal.
Na zona na que está ermida hai varios petróglifos[2][3].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Casa natal de Torrente Ballester.
- Polideportivo da Malata.
- Viladóniga coa ermida de Chamorro no monte.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Serantes
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Serantes no concello de Ferrol | |
|---|---|
|
Aneiros | Avenida do 19 de Febreiro | O Bosque | Catabois | Os Corrás | O Coto | A Malata | Pazos | Serantellos | Viladóniga | Vilasanche |
Parroquias de Ferrol
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
- ↑ "ANTIGUA Y MEDIEVAL: Aparecen en Chamorro petroglifos que podrían aume…". archive.is. 2012-12-18. Archived from the original on 18 de decembro de 2012. Consultado o 2020-04-17.
- ↑ O Petroglifo de Chamorro (San Salvador de Serantes, Ferrol) Juan A. Carneiro Rey, Ramón Fábregas Valcarce Gallaecia, ISSN 0211-8653, Nº 22, 2003 , págs. 73-86
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carneiro Rey, J. A. e Fábregas Valcarce, R. (2003): O Petroglifo de Chamorro (S. Salvador de Serantes, Ferrol). Universidade de Santiago de Compostela. ISSN 0211-8653