Francesc Boix i Campo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Francesc Boix i Campo
Boix testigo (cropped).jpg
Nacemento31 de agosto de 1920
 Barcelona
Falecemento7 de xullo de 1951 e 4 de xullo de 1951
 París
SoterradoCemiterio do Père-Lachaise e Cimetière parisien de Thiais
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfotógrafo e xornalista
Firma de Francisco Boix.jpg
editar datos en Wikidata ]

Francesc Boix i Campo, nado no Poble-sec, Barcelona, o 31 de agosto de 1920[1] e finado en París, o 7 de xullo de 1951, foi un fotógrafo catalán. Pasou á historia como o "fotógrafo de Mauthausen" por realizar e ocultar milleiros de fotografías sobre as circunstancias do campo de concentración de Mathausen que serviron para incriminar e condenar a varios dirixentes nazis nos Xuízos de Núremberg.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Seu pai, que de novo pertencera á CNT, era xastre no Poble-sec e tiña no patio onde vivía un pequeno estudo fotográfico que serviu para espertar a curiosidade de Francesc.[2] Á idade de catorce anos, ingresou ao aprendiz da casa de fotografía Romagosa. Dous anos máis tarde traballou na revista Juliol (Xullo, en galego) editada polas Xuventudes Socialistas Unificadas.[3]

A finais de 1937, durante a Guerra Civil española ingresou na 30ª División do bando republicano, e marchou ás áreas da fronte de Aragón e Segre onde documentou os principais feitos bélicos.[4] Os negativos das fotografías que realizou durante este período foron dixitalizadas e documentadas por un equipo de profesionais da Asociación Fotoconnexió e, posteriormente, a Comisió de Dignidade, que posúe o fondo fotográfico, entregounas ao Arquivo Nacional de Cataluña[3] o 14 de setembro de 2016.

Ernst Kaltenbrunner con Heinrich Himmler durante unha visita ao campo de concentración de Mauthausen. Esta foi unha das fotografías escondidas por Boix, que serviron de proba nos Xuízos de Nuremberg.

Francia[editar | editar a fonte]

Despois de remata-la guerra, con 19 anos, tivo que se exiliar. En Francia, pasou polos campos internamento de Vernet d'Ariège e Sètfonts. Desde este último, saíu en setembro de 1939, cara ao norte xunto con antigos ex-combatentes republicanos na 28ª Compañía de Traballadores Estranxeiros, integrada no exército francés para participar na Segunda guerra mundial, e tamén formou parte da Resistencia francesa.[5]

Mathausen[editar | editar a fonte]

En maio de 1940, as liñas defensivas francesas foron destruídas pola Wehrmacht,[6] e Boix foi capturado polos alemáns. Pasou polo campo de prisioneiros Stalag XI-B, en Bad Fallingbostel, onde aprendeu alemán,​[2] e o 27 de xaneiro de 1941, foi levado ao campo austríaco de Mauthausen, xunto con máis de 7.000 republicanos españois dos que morrerían máis de dous terzos.[7] Boix recibiu o número 5.185.[3][8]

No campo, grazas ao seu coñecemento da fotografía e do alemán e a petición doutro fotógrafo catalán Antoni García (natural de Tortosa), foi destinado ao Erkennungsdienst (Servizo de identificación de campo) en 1942. Oficialmente era un laboratorio fotográfico dirixido aos retratos policiais para a identificación dos prisioneiros, aínda que na práctica, coa cámara Leica do laboratorio, capturou en instantáneas a barbarie diaria. Tirou fotografías dos mortos por armas de fogo, suicidios, accidentes, asuntos médicos e outros eventos de campo, como visitas das altas xerarquías (por exemplo, as de Himmler e altos mandos das SS). Coa axuda de Antoni García e doutro preso, artellaron un plan para ocultar en segredo, no propio campo de concentración, unhas 20.000 fotografías e negativos.[3] Para iso, contactaron con españois que traballaban no chamado Bahnhofkommando, un grupo de traballo que partía diariamente do campo ata a estación de Mauthausen. Jacint Cortés, natural do Prat de Llobregat e outros prisioneiros deste kommando fixeron unha certa amizade cunha familia do pobo e foi Jacint quen pediu a Anna Pointner que ocultase o paquete de fotografías e negativos que roubaran ás SS no campo.[6][9]

Na posguerra[editar | editar a fonte]

Cando Mauthausen foi liberado, Boix marchou a París e traballou como xornalista gráfico en varias publicacións próximas ao Partido Comunista Francés, como Ce Soir, Regards[7] e tamén L'Humanité , o órgano oficial. Segundo algunhas fontes, neses medios comezou a revelar fotografías do campo de concentración;[6] mais outras fontes indican que tivo problemas co Partido comunista, que controlado por stalinistas, consideraban aos prisioneiros dos campos de concentración como perdedores, polo que non tiñan demasiado interese na súa publicación. Finalmente, foi Francesc quen as publicou directamente pola súa conta na revista Regards, causando un enorme impacto.[9]

Xuízos de Nuremberg[editar | editar a fonte]

Rapidamente, publicáronse varios libros e as autoridades francesas interesáronse polo que podería ser un testemuño de gran valor nas probas que se estaban a preparar contra os criminais de guerra. Boix foi a única testemuña española nos xuízos de Nuremberg e Dachau. As fotografías de Boix foron probas gráficas que se usaron para probar os delitos do xenocidio nazi .

A alcaldesa de París, Ana Hidalgo, deposita algunhas flores ao pé do ataúd de Francesc Boix.

Morte[editar | editar a fonte]

Morreu en París en 1951 de tuberculose, unha enfermidade que arrastraba desde a súa estancia no campo de concentración[3] e foi soterrado no cemiterio de Thiais. Porésn, o 16 de xuño de 2017, os seus restos mortais foron exhumados da humilde e remota tumba do camposanto de Thiais e foron enterrados con honores no cemiterio do Père Lachaise, principal cemiterio de París, nunha cerimonia presidida pola alcaldesa, de orixe española, Anne Hidalgo e na que tamén estivo presente Raül Romeva, conselleiro da Generalitat de Cataluña,​ entre outros.[10][11] No acto, Marina Rossell cantou L'Emigrant e El Cant dels ocells.[12][13]

Na placa que marca a tumba, está escrito o seguinte:

"Deportado en 1941 á idade de vinte anos ao campo de Mauthausen. Animado por un gran coraxe, agachou ás SS documentos fotográficos abrumadores* para os nazis."[5]

Fondo fotográfico[editar | editar a fonte]

Doazón do Fondo Boix no Arquivo Nacional de Cataluña.

En 2010, a casa de poxas Soler i Llach lanzou un fondo de autoría descoñecido que atribuíu ao fotógrafo Joan Andreu Puig Farran, cun importante número de negativos da Guerra Civil e da Segunda República, pero a poxa quedou baleira. O conxunto estaba composto por un número impreciso de negativos, superando os miles, instalados en tres caixas, dúas de metal e unha de madeira.

En 2013, unha páxina de compra e venda a través de Internet poxou o mesmo fondo fotográfico. O Arquivo Nacional de Cataluña foi informado, descuberto por diferentes colaboradores e, unha vez valorado o seu interese, o Departamento de Cultura intentou adquirilo. Mentres tanto, os membros da Asociación Fotoconnexió, que coñecían ao vendedor persoalmente, informaron á Comisión Dignidade o valor de testemuño do fondo fotográfico. Esta asociación adquiriu o conxunto ea suspensión da poxa. A adquisición realizouse co obxectivo de proporcionar o fondo ao Arquivo Nacional de Cataluña.[14]

A Comisión de Dignidade adquiriu en Perpiñán e presentou a principios de 2013 tres caixas con preto de 1.400 fotografías e negativos da Guerra Civil e de Barcelona nos anos trinta. Tras dúas probas testemuñas e un estudo grafolóxico, confirmouse a autoría de Francesc Boix e o seu pai Bartomeu (as fotografías da Cidade Condal). Este fondo fotográfico, chamado Fons d'Argelers e con gran valor documental, foi revelado, dixitalizado e cedido ao Arquivo Nacional de Cataluña.[15][16][17]

O fondo está rexistrado no Arquivo Nacional de Cataluña como Boix (Fotógrafos) co código 1-1058. A descrición e imaxes dixitalizadas das 709 fotografías atribuídas a Francesc Boix pódese atopar no buscador en liña do ANC.

Obra[editar | editar a fonte]

Escribiu un libro sobre a súa estadía en Mauthausen, titulado Spaniaker, que era a forma despectiva coa que algúns SS se referían aos españois e enviou o manuscrito ao escritor André Wurmser. Cando na década dos setenta a escritora catalá Montserrat Roig se interesou polo texto, Wurmser díxolle que llo emprestara a Pierre Courtade, que morreu uns poucos anos despois de Boix. Hoxe descoñécese o paradeiro deste libro.[18]

Obras sobre Francesc Boix[editar | editar a fonte]

Libros[editar | editar a fonte]

  • (2002). Francisco Boix, el fotógrafo de Mauthausen. Benito Bermejo realizou durante varios anos un traballo de investigación tanto sobre a figura de Boix -infancia, mocidade, guerra civil española, resistencia en Francia, Segunda guerra mundial, prisioneiro de guerra, etc.-, as súas fotografías, así como a localización dos arquivos fotográficos capturados aos SS do Campo de concentración de Mauthausen-Gusen. Hai edición e catalán e en español.
  • (2016). La historia de Francisco Boix y las fotografías robadas a los SS de Mauthausen. Edición corrixida e aumentada da obra anterior. Hai edición e catalán e en español.
  • (2017). Le Photographe de Mauthausen[19] A editorial belga Le Lombard publicou esta novela gráfica na que se narra a historia de Francisco Boix e o roubo das fotografías. O guión é de Salva Rubio,​ o debuxo de Pedro J. Colombo​ e as cores de Aintzane Landa. En abril de 2018, Norma Editorial publicouna en castelán co título "El fotógrafo de Mauthausen".[20]

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • (2000). Francesc Boix. Un fotógrafo en el infierno. Documental de Lorenzo Soler no que narra a biografía de Francisco Boix. Inclúe imaxes e o son da súa declaración en Núremberg, en 1946. Producido por Área Televisión para Canal Plus-España.[21]
  • (2018). El fotógrafo de Mauthausen.[22] Película estreada o 26 de outubro de 2018; dirixida por Mar Targarona está baseada en feitos reais da vida de Francesc Boix

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bermejo (2002)
  2. 2,0 2,1 Nieto König, Matías (20-10-2018). "Francisco Boix: el horror, desde dentro". abc.es. Consultado o 11-01-2019. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 L.S. (25-07-2013). "Francesc Boix, el fotògraf que va retratar l'extermini nazi". ara.cat (en catalán). Consultado o 11-01-2019. 
  4. "El Fons fotogràfic Francesc Boix ingressa a l'Arxiu Nacional de Catalunya". anc.gencat.cat (en catalán). 14-09-2016. Consultado o 11-01-2019. 
  5. 5,0 5,1 Pons (2004)
  6. 6,0 6,1 6,2 "Documental. Francisco Boix, un fotògraf a l'infern". ajuntamentdebenicarlo.org. Consultado o 10-1-2019. 
  7. 7,0 7,1 Graham (2005), p. 127
  8. "Francisco Boix, el español que fotografió el horror nazi". laaventuradelahistoria.es. 23-10-2018. Consultado o 10-1-2019. 
  9. 9,0 9,1 Nieto König, Matías (29-10-2018). "Francisco Boix: el horror, desde dentro". abc.es. Consultado o 10-1-2019. 
  10. Ayuso, Silvia (16-06-2017). "París ret homenatge a Francesc Boix, el fotògraf de Mauthausen". cat.elpais.com (en catalán). Consultado o 10-01-2019. 
  11. Hernández, Carlos (16-006-2017). "París entierra con todos los honores al fotógrafo español de Mauthausen". eldiario.es. Consultado o 11-01-2019. 
  12. Sans, Alicia (17-06-2017). "Enterrat al cor de París el fotògraf de Mauthausen". ara.cat. Consultado o 10-01-2019. 
  13. "París honra al fotógrafo republicano Francesc Boix". elperiodico.com. 19-06-2017. Consultado o 10-01-2019. 
  14. "El fons fotogràfic Boix ingressa a l'Arxiu Nacional de Catalunya". premsa.gencat.cat. 14-09-2016. Consultado o 10-01-2019. 
  15. "Francesc Boix i Campo". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 
  16. "El misteriós fotògraf de la Guerra Civil era Francesc Boix". ccma.cat. 24-07-2013. Consultado o 10-01-2019. 
  17. Serra, Laura. Edició de Premsa Periòdica Ara, SL, ed. "Enigma resolt: l'autor del Fons d'Argelers va ser 'el fotògraf de Mauthausen'". ara.cat (en catalán). Consultado o 10-01-2019. 
  18. Llorenç Soler, Francesc Boix. Un fotógrafo no inferno (2000) documental.
  19. "Le photographe de Mauthausen". lelombard.com. Consultado o 10-01-2019. 
  20. "El fotógrafo de Mathausen". normaeditorial.com. Consultado o 10-01-2019. 
  21. "Filmografía". 
  22. "El fotógrafo de Mauthausen". filmaffinity.com. Consultado o 10-01-2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bermejo, Benito (2002). Francesc boix: el fotògraf de Mauthausen (en catalán). Barcelona: A Magrana. ISBN 9788482643854. 
  • Bermejo, Benito (2015). El fotògraf de l'horror (en catalán). (edición corrixida e ampliada do anterior). Barcelona: RBA/La Magrana. ISBN 978-8482647234. 
  • Graham, Helen (2005). The Spanish civil war. A very short introduction (en inglés). Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0192803771. 
  • Jornet, José (2005). Républicains espagnols en Midi-Pyrénées: exil, histoire et mémoire (en francés). Toulouse: Presses universitaires du Mirail. ISBN 2-85816-809-1. 
  • Pons Prades, Eduardo (2004). Los niños republicanos en la guerra de España. Madrid: Grupo Anaya Comercial. ISBN 9788496052741. 
  • Roig, Montserrat (2001). Els catalans als camps nazis (en catalán). Barcelona: Edicions 62. ISBN 9788429749694. 
  • Sella, Joan (2015). As dúas guerras do fotógrafo Boix (Documental). Barcelona: RTVE de Catalunya. 
  • Soler, Llorenç (2000). Francesc Boix. Un fotógrafo en el infierno (Documental). 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]