Leica é unha empresa alemá adicada á fabricación de instrumentos ópticos de precisión. Foi fundada no ano 1914 por Ernst Leitz e o seu nome provén das tres primeiras letras do apelido do fundador e as primeiras dúas da palabra «camera».
Está dividida en tres compañías claramente diferenciadas: Leica Camera AG, Leica Geosystems AG e Leica Microsystems AG que se dedican respectivamente a poducir cámaras fotográficas, equipamento topográfico e equipamento médico.
T; compacta con sensor APS-C e obxectivos intercambiables autofocus
Outras cámaras Leica actuais ou recentes (dende 2002) son modificacións das Panasonic Lumix (Leica C-Lux, D-Lux, Digilux e V-Lux). Algúns modelos dixitais anteriores (os primeiros Digilux cara 1998 - 2000) estiveron baseados en Fuji.
En maio de 2012 a Galería de Poxas Westlicht, en Viena, poxou unha cámara Leica da serie-0, a cal foi vendida por 2,16 millóns de euros.[1] Estas cámaras son extremadamente valiosas porque só de ten coñecemento de que existen 12 exemplares, e polo seu valor na historia da fotografía.