Forza de Protección das Nacións Unidas
Forza de Protección das Nacións Unidas | |
---|---|
Tipo | Cascos Azuis, organización internacional e organización intergobernamental |
Data de fundación | 1992 |
Data de disolución | 20 de decembro de 1995 |
Sede | Zagreb |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Forza de Protección das Nacións Unidas (United Nations Protection Force), máis coñecida polas súas siglas en inglés UNPROFOR, foi a primeira forza de mantemento da paz en Croacia e Bosnia e Hercegovina durante as guerras iugoslavas. Existiu desde o comezo da participación da ONU, en febreiro de 1992, e a súa reestruturación noutras forzas, en marzo de 1995. A UNPROFOR estivo composta por uns 39.000 militares, 320 dos cales morreron neste servizo.
Persoal
[editar | editar a fonte]Formaron parte desta forza tropas da Arxentina, Bangladesh, Bélxica, Brasil, Canadá, Colombia, República Checa, Dinamarca, Eslovaquia, España, Estados Unidos, Exipto, Finlandia, Francia, Ghana, India, Indonesia, Irlanda, Italia, Kenya, Lituania, Malaisia, Nepal, Nixeria, Noruega, Nova Zelandia, Países Baixos, Paquistán, Polonia, Portugal, Reino Unido, Rusia, Suecia, Suíza, Tunisia, Turquía, Ucraína, Venezuela e Xordania.
Os comandantes da UNPROFOR foron:
- Tenente Xeneral Satish Nambiar (India), de marzo de 1992 a marzo de 1993.
- Tenente Xeneral Lars-Eric Wahlgren (Suecia), de marzo de 1993 a xuño de 1993.
- Xeneral Jean Cot (Francia), de xuño de 1993 a marzo de 1994.[1]
- Xeneral Bertrand de Sauville de La Presle (Francia), de marzo de 1994 a marzo de 1995.
- Xeneral Bernard Janvier (Francia), de marzo de 1995 a xaneiro de 1996.
Oficiais maiores:
- Xeneral Lewis MacKenzie (Canadá), sector de Saraxevo, 1992.
- Xeneral Philippe Morillon (Francia), de outubro de 1992 a xullo de 1993.
- Tenente Xeneral Francis Briquemont (Bélxica), xaneiro de 1994.
- Tenente Xeneral Sir Michael Rose (Reino Unido), de xaneiro de 1994 a febreiro de 1995.
- Tenente Xeneral Rupert Smith (Reino Unido), febreiro de 1995.
Mandato
[editar | editar a fonte]A UNPROFOR foi creada polo Consello de Seguridade da ONU.[2]
O mandato inicial da UNPROFOR era garantir as condicións para as conversacións de paz, w a seguridade en tres enclaves desmilitarizados designados como áreas protexidas das Nacións Unidas, localizadas na antiga república iugoslava de Croacia: Eslavonia Oriental, Eslavonia Occidental e a Krajina. Eran zonas con moita poboación serbia que tiña a súa propia organización, a República Serbia de Krajina, o que dera lugar a tensións e enfrontamentos.
En 1992 ampliouse o mandato ás chamadas "zonas rosa", controlando o acceso ás zonas protexidas,[3] control das fronteiras, control civil de acceso ás "zonas rosa",[4] e o control da desmilitarización da península de Prevlaka, preto de Dubrovnik.[5]
Outras ampliacións do mandato incluíran a protección do aeroporto de Saraxevo, desde xuño de 1992 (Resolución 758 [1]) e, a partir de setembro de 1992, a protección da axuda humanitaria en toda Bosnia e Hercegovina, e a protección dos refuxiados civís cando fora demandada pola Cruz Vermella Internacional (Resolución 770 [2]).
A UNPROFOR tamén estivo a cargo do control da aviación militar no espazo aéreo de Bosnia e Hercegovina (por orde do Consello de Seguridade da ONU), en coordinación coas forzas da OTAN, na que foi a súa primeira intervención.
Tamén supervisou Bihac, Saraxevo, Goražde, Zepa, Srebrenica e Tuzla, que foron definidas como "áreas de seguridade" polo Consello de Seguridade da ONU. A UNPROFOR foi autorizada a utilizar a forza para protexer estas zonas se fose necesario, en coordinación coas forzas aéreas da OTAN. Isto ampliose posteriormente a zonas do territorio croata. Ademais controlou o alto ao fogo en Bosnia en febreiro de 1994 e xaneiro de 1995.
O 31 de marzo de 1995 a UNPROFOR foi reestruturada en tres operacións de paz coordinadas. E o 20 de decembro de 1995 foron integradas na Forza de Implementación da OTAN (IFOR), cuxa tarefa consistía en poñer en práctica o Acordo Marco Xeral de Paz en Bosnia e Hercegovina, coñecido como os Acordos de Dayton.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Oportunidades para a paz: soldados canadenses nos Balcáns 1992-1995". seanmmaloney. 2007. Arquivado dende o orixinal (HTML) o 14/05/2008. Consultado o 29/12/2011.
O Xeneral Jean Cot foi comandante da UNPROFOR en xullo de 1993. O Secretario Xeral Butros-Ghali reclamou ao Xeneral Cot a Francia en marzo de 1994. Dimitiu en xuño. Foi nomeado Gran Oficial da Lexión de Honor, premiado coa Cruz do Mérito da Repúbica Federal de Alemaña e coa Lexión do Mérito dos Estados Unidos
- ↑ "Consello de Seguridade das Nacións Unidas, Resolución 743 S-RES-743 (1992) de 21 de febreiro de 1992". Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2012. Consultado o 29 de decembro de 2011.
- ↑ "Consello de Seguridade das Naciónes Unidas, Resolución 762 S-RES-762 (1992) de 30 de xuño de 1992". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2009. Consultado o 29 de decembro de 2011.
- ↑ "Consello de Seguridade das Naciónes Unidas, Resolución 769 S-RES-769 (1992) de 7 de agosto de 1992". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2009. Consultado o 29 de decembro de 2011.
- ↑ "Consello de Seguridade das Nacións Unidas, Resolución 779 S-RES-779 (1992) de 6 de outubro de 1992". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2009. Consultado o 29 de decembro de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bethlehem, Daniel (1997). Cambridge Grotius, ed. The "Yugoslav" crisis in International Law. ISBN 0-521-46304-1.
- Fenton, Neil (2004). Aldershot ; Burlington, ed. Understanding the UN Security Council :coercion or consent?. ISBN 0-7546-4092-2.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Consultadas todas o 19/12/2011.
- Páxina oficial da UNPROFOR (en inglés)
- Procesos do Tribunal Penal Internacional para a antiga Iugoslavia. Testemuño do Ternente Coronel Bryan Watters. (en inglés)
- Bosnia: una misión frustrada (en inglés)