Forgas, Ferreiros, A Pobra do Brollón
| Forgas | |
|---|---|
| Parroquia | Ferreiros |
| Concello | A Pobra do Brollón |
| Coordenadas | 42°36′03″N 7°21′03″O / 42.600875, -7.3508055555556 |
| Poboación | 5 hab. (2017) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Forgas é un lugar da parroquia de Ferreiros, no concello da Pobra do Brollón. En 2008 tiña once habitantes (cinco homes e seis mulleres).
Xeografía
[editar | editar a fonte]A parte baixa da aldea está a 580 metros de altitude, pero unha pequena parte chega ós 600 m, Forgas de Arriba. Está situada na cara leste do concello, en plena Serra do Courel.
Está situada en medio da montaña, ao lado do río Forgas ou Saa. A Forgas accédese unicamente por unha estrada de montaña asfaltada que sobe dende A Pousa e que leva á Pobra do Brollón, aínda que tamén sobe unha corredoira dende Ferreiros. A Forgas de Arriba accédese unicamente por un carreiro dende Forgas.
Festividades
[editar | editar a fonte]Cada 27 de agosto celébrase a romaría do San Vitoiro.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Ferreiros
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Ferreiros no concello da Pobra do Brollón (Lugo) | |
|---|---|
|
O Campo | Cima de Vila | Fondo de Vila | Forgas | A Lama | O Souto | A Veneira de Roques |
Parroquias da Pobra do Brollón
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Foxo, Xosé Lois (2011). Os últimos brindeiros de Forgas. Ourense: Deputación de Ourense.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Forgas en aldeasgallegas.com Arquivado 14 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine.