Forcas, Forcas, Parada de Sil
![]() | Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde setembro de 2019) |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2019.) |
![]() | Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Forcas | |
---|---|
Parroquia | Forcas |
Concello | Parada de Sil |
[ editar datos en Wikidata ] |
Forcas é un lugar da parroquia de Forcas no concello ourensán de Parada de Sil na Terra de Caldelas.
Antigamente, Forcas foi unha das parroquias máis activas e dinámicas do contorno,[Cómpre referencia] pero na actualidade encóntrase con escasa poboación debido ao éxodo rural que fixo que a maioría da xente que habitaba alí marchase ás cidades.
Patrimonio[editar | editar a fonte]
Igrexa de San Mamede[editar | editar a fonte]
É unha igrexa datada en 1822 e está dedicada a san Mamede, que preside unha das súas fachadas. No seu interior, consérvase un retablo de estilo barroco.
Ponte medieval de Conceliñas[editar | editar a fonte]
A xente do lugar refírese a esta ponte co nome de "Conceliñas". Este é un topónimo corrompido que na súa orixe recibía o nome de "Canceliñas", diminutivo de cancela, voz galega que deriva da voz latina cancellus “enreixado, barreira”.
Existen varias posibilidades da orixe do nome outorgado á devandita ponte. Unha explicación é a designación das terras de labor situadas na parroquia de Pedrafita preto da ponte. Outro motivo polo que puido recibir este nome é porque esta ponte contaba cun enreixado ou barreira que regulaba fiscalmente o paso por ela.
A ponte atravesa o río Mao, afluente do río Sil. O río Mao, tamén chamado río Vello, nace ao pé da serra de San Mamede e foi descrito por Otero Pedrayo como “de variado e impresionante curso”.
Esta ponte foi unha infraestrutura vital para as comunicacións entre o mosteiro de Montederramo e Castro Caldelas na idade media. No río atopouse unha espada, chamada espada de Forcas do final da Idade de Bronce (1250-1000 a.C.). Atopouse a comezos do século XX mentres se construía unha canle de agua para a fábrica de luz que está preto dese lugar.
Ermida de Trigúas[editar | editar a fonte]
É unha capela que se atopa nos arredores de Forcas e non ten culto permanente. Está caracterizada por un arco de medio punto e outros motivos que a identifican na arquitectura románica.
A ermida de Trigúas é un lugar de romaría e encontro festivo, que se celebraba na segunda semana de setembro. Unha lenda di que a ermida de Trigúas ten dúas irmás, que son a ermida de Cadeiras, ao outra beira do río, e a dos Remedios, en Castro Caldelas, e que as tres se ven e se escoitan.