Focénidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Focénidos
Phocoenidae
Toniñas

Rango fósil: mioceno - actualidade
Toniña común (Phocoena phocoena)
Toniña común (Phocoena phocoena)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Cetacea
Suborde: Odontoceti
Superfamilia: Delphinoidea
Familia: Phocoenidae
Gray, 1825
Subfamilias e Xneros
Diferenzas entre delfíns e toniñas ou marsopas.

Os focénidos (Phocoenidae) son unha familia de cetáceos odontocetos da superfamilia dos delfinoideos, que inclúe as toniñas, touliñas ou marsopas,[1] semellantes aos golfiños ou delfíns, pero máis pequenas e de corpo máis repoludo.

Son as especies máis pequenas da orde dos Cetacea, quitando a Cephalorhynchus commersonii, que pertence á familia dos delfínidos.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A familia dos Phocoenidae foi establecida, e bautizada, por John Edward Gray en 1825, que derivou o seu nome do xénero tipo, Phocoena (as veces escrito Phocaena), coa desinencia do latín científico -idae, propia dos nomes das familias de animais.

O xénero Phocaena foi establecido ern 1816 por Cuvier, e é unha adaptación do termo grego φώκαινα fókaina, que era o nome da toniña común neste idioma.[2]

Diferenzas entre toniñas e golfiños[editar | editar a fonte]

  • Tamaño: as toniñas son máis pequenas (coa excepción citada antes), aínda que comparativamente máis robustas.
  • Reprodución: as toniñas alcanzan a madurez sexual antes, e crían relativamente máis vástagos que os golfiños, poñendo o acento na cantidade e non na calidade da crianza, segundo os parámetros da teoría biolóxica da selección r.
  • Dentes: as tomiñas teñen dentes aplanados en lugar de en forma cónica como os golfiños.
  • Aleta dorsal: as tiniñas teñen unha aleta dorsal pequena e de forma triangular, e maesmo algunhas non a presentan, como no xénero Neophocaena, meentres que os golfiños teñen estas aletas de formas arredondadas.
  • Fociño: arredondado nas toniñas, cos extremos da boca levantados no que parece un eterno soriso. Os delfíns adoitan ter en xeral un fociño aguzado en forma de bico.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A familia dos focénidos está composta por 3 xéneros totalizando 6 especies.[3]

En 1984, Barnes agrupou os 3 xéneros de dúas subfamilias:[4] [5]


Familia Phocoenidae Gray, 1825

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Focénidos
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Focénidos

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Carwardine, M. (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Guía visual de todos los cetáceos del mundo. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-1037-3.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]