Saltar ao contido

Fillas de Cassandra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 26 de xullo de 2023 ás 04:16 por InternetArchiveBot (conversa | contribucións) (Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.9.5)
Infotaula de personaFillas de Cassandra
Biografía

Páxina webfillasdecassandra.eu Editar o valor em Wikidata
Twitter: fillasdecassmp3 Instagram: fillasdecassandra.mp3 Youtube: UCMm7BzR-giLoqIjJDlYelPQ Spotify: 4OETSqPg52NUKHEQEroph5 Editar o valor em Wikidata

Fillas de Cassandra é un dúo musical galego formado en 2022 por MaríaSOA[1] (Vigo, 1996) e Sara Faro (Vigo, 2001). A súa música está baseada na tradición musical e oral, o feminismo, os sons modernos e a mitoloxía grega.[2][3]

Traxectoria

Coñecéronse nunhas xornadas de Feminismo unitario en Vigo e desde entón xuntaron a formación musical de MaríaSOA -voz, percusión e piano- e Sara Faro -voz e percusión- para formaren o dúo.[2]

Apostan pola recuperación de melodías tradicionais e as novas líricas, inspiradas nos cantos de tradición oral, con influencias do pop, a música electrónica e a música clásica. Propoñen un espectáculo teatral do que forma parte o público, sempre desde unha ollada feminista e actual e no que o piano e as percusións están apoiadas en bases electrónicas.[4]

Na tradición os temas están influenciados por Xosé Lois Romero e Aliboria, Leilía, Baiuca e Contrapunto das Tanxugueiras. Nas harmonías hai referentes do barroco e pola electrónica inflúen Rosalía ou a Bad Gyal.[5]

En 2022 estrearon o tema "Lisístrata" no Luar[6] e actuaron en escenarios de toda Galicia.

O seu primeiro disco, Acrópole (2023), semella unha obra de teatro clásico con heroínas mitolóxicas na que se achegan as mulleres do presente coas do pasado, as vivencias propias coas alleas.[2] Están Antígona, Pandora, Eco, as Moiras e as ninfas Dafne e Syrinx.[3]

Discos

  • Acrópole (2023). Colaboración entre a produtora Tremendo Audiovisual e Luneda Producións. Producido por Berto (de Verto) ao abeiro da cooperativa cultural Nave de Lata.[3] Temas:
  • I. Antígona
  • Da voz de Lisístrata
  • II. Lisístrata (Varre vasoira)
  • III. Pandora
  • IV. Eco
  • V. As Moiras
  • VI. Dafne e Syrinx
  • Da voz de Cassandra
  • VII. Cassandra (Fillas de Cassandra)
  • VIII. Acrópole

Premios

Notas

  1. María Pérez
  2. 2,0 2,1 2,2 "¿Quiénes son Fillas de Cassandra? - fantasticmag" (en castelán). 2023-03-13. Consultado o 2023-04-04. 
  3. 3,0 3,1 3,2 G. Liste, Ana. "Fillas de Cassandra: «Queremos permitirnos errar»". Vinte. Consultado o 2023-04-04. 
  4. "Fillas de Cassandra – Tremendo Audiovisual". Consultado o 2023-04-04. 
  5. "Fillas de Cassandra: «A música tradicional está de moda»". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-09-14. Consultado o 2023-04-04. 
  6. "Fillas de Cassandra traen o seu tema 'Lisístrata' para facernos bailar CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2023-04-04. 
  7. "(Vídeo) Fillas de Cassandra gaña o VIII premio aRi[t]mar a Mellor Música do Ano en Galicia en 2022". Galicia Confidencial. Consultado o 2023-04-04. 

Véxase tamén

Ligazóns externas