Fernando Iglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fernando Iglesias
Nacemento1967
Lugar de nacementoVilagarcía de Arousa
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndebuxante de banda deseñada
Coñecido porDédalus en Compostela
editar datos en Wikidata ]

Fernando Iglesias Mouta, nado en Vilagarcía de Arousa en 1967, é un autor de banda deseñada galego coñecido artisticamente como Kohel.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a debuxar profesionalmente cara ao ano 1987, no suplemento universitario do Correo Galego. Aínda que traballou na publicidade e ilustrou libros, sobre todo considérase debuxante de bandas deseñadas, que veu publicando en varias fanzines, diarios e revistas (O Correo Galego, Diario de Pontevedra, Xornal de Galicia, Revista Compostelán, Injuve, Zona 84, Elipse, NSLM, 2veces Breve, Fronte Comixario, Barsowia, BD Banda...) dende os primeiros anos 90.

Obra[editar | editar a fonte]

Entre as obras que tiveron certa repercusión están GORKA (1998, en colaboración con Carlos Portela e Sergi Sanjulián, para Planeta de Agostini Cómics) e IMPRESIONES DE LA ISLA (1993-1994, con Carlos Portela para Camaleón Ediciones, coa que obtivo tres nomeamentos no Salón Internacional de Banda Deseñada de Barcelona de 1994; dous ó mellor autor revelación e un ó mellor guión). Esta última obra recuperaríaa máis tarde no Diario de Pontevedra como páxina dominical, formato e xornal no que tamén publicou O cinema de papel. Tamén publicou durante dez anos (e un máis no Xornal de Galicia) unha viñeta diaria de carácter político coa firma de Orballo.

Colabora activamente na revista satírica Retranca e a infantil Fiz. Dende o 2012 traballa como mestre na primeira Escola Profesional de Banda Deseñada e ilustración de Galicia, coñecida como O Garaxe Hermético e fundada por Kiko da Silva no mesmo ano.

En 2014 publicou unha adaptación a banda deseñada do relato Dedalus en Compostela de Vicente Risco.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]