Saltar ao contido

Ferdinand von Richthofen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFerdinand von Richthofen

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Ferdinand Paul Wilhelm von Richthofen Editar o valor en Wikidata
5 de maio de 1833 Editar o valor en Wikidata
Pokój, Polonia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte6 de outubro de 1905 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Berlín, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBerlín Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Humboldt de Berlín
Universidade de Breslau Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoXeografía, exploración e xeoloxía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Bonn
Leipzig
Berlín Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxeólogo, profesor universitario, xeógrafo, explorador, Vulcanólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorRheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn
Universidade de Leipzig
Universidade Humboldt de Berlín Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosAnastas Ishirkov (en) Traducir, Wilhelm Meinardus (pt) Traducir e Sven Hedin (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoRobert Heinrich Hoppe (en) Traducir, Ernst Hasse (mul) Traducir e Gerhard Schott (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Outro
TítuloBarón Editar o valor en Wikidata
PaisKarl von Richthofen Editar o valor en Wikidata  e Ferdinande von Richthofen Editar o valor en Wikidata
IrmánsKarl von Richthofen Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteEnciclopedia soviética armenia
Georgian Soviet Encyclopedia (en) Traducir, (vol:8, p.402)
Nordisk familjebok, (vol:2. oplag, 1916, sec:23. Retzius - Ryssland, p.203-204) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5152320 WikiTree: Von_Richthofen-20

Ferdinand von Richthofen, nado en Carlsruhe (Silesia) o 5 de maio de 1833 e finado en Berlín o 6 de outubro de 1905, foi un científico, xeógrafo e viaxeiro alemán. Publicou libros que trataban sobre xeografía, xeoloxía, etnoloxía e economía. É famoso por acuñar os termos "Seidenstraße" e "Seidenstraßen", que significan "Ruta(s) da seda" en 1877, referíndose ás rutas do comercio da seda entre a China e Europa desde a antigüidade.[1][2] Ademais, foi el quen introduciu en 1886 na literatura científica a palabra galega ría para referirse aos vales fluviais inundados polo mar, que hoxe é un termo científico internacional en xeomorfoloxía.[3][4] Tamén estandarizou prácticas de corografía e coroloxía.

O seu nome completo é Paul Wilhelm Ferdinand von Richthofen. Tamén se lle chama barón Ferdinand von Richthofen ou, en alemán, Ferdinand Freiherr von Richthofen (Freiherr é un título nobiliario alemán que equivale a barón, que hoxe legalmente forma parte do apelido ; o seu feminino é Freifrau e Freiin). Ferdinand von Richthofen foi tío do famoso piloto bélico, ás da aviación da primeira guerra mundial, Manfred von Richthofen, máis coñecido como o "Barón Vermello".

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Educouse en Breslau e Berlín. Viaxou ou estudou os Alpes tiroleses e os Cárpatos de Transilvania. En 1860, uniuse á Expedición de Eulenburg, unha expedición prusiana que visitou Ceilán, Xapón, Taiwán, as Célebes, Xava, Filipinas, Siam e Birmania entre 1860 e 1862. Non publicou ningún traballo importante como resultado destas viaxes, e moitas das anotacións e coleccións de Richthofen se perderon. Daquela China era un país bastante inaccesible debido á rebelión Taiping, pero Richthofen tiña un gran desexo de explorala, cousa que acabaría facendo. De 1862 a 1868, traballou como xeólogo nos Estados Unidos, onde descubriu minas de ouro en California. Despois retomou o seu interese pola China e fixo varias viaxes por ese país e polo Xapón, Birmania, e Xava. Na China localizou o leito do lago seco de Lopnur.

Publicou os seus descubrimentos e traballos xeográficos, xeolóxicos, económicos e etnográficos en tres volumes e un atlas, que, non obstante, non cobren todos os campos e os plans do autor. Este traballo apareceu en Berlín en 1877-85 co título China; Ergebnisse eigner Reisen und darauf gegründeter Studien ("China: Resultados das miñas viaxes e os estudos baseados nelas"). Neste traballo estándar, o autor non só trata de xeoloxía senón de todos os temas necesarios para facer un tratado xeográfico xeral. Prestoulle moita atención aos recursos económicos dos países que atravesaba. Tamén escribiu unha valiosa serie de cartas á Cámara de Comercio de Shanghai, e foi o primeiro que lle prestou atención aos xacementos de carbón de Shantung, e de Kiaochow como porto. Foi el quen acuñou os termos "Seidenstraße" e "Seidenstraßen" (Ruta(s) da seda) en 1877.[1][2]

Von Richthofen nas súas viaxes arredor do mundo estudando os distintos tipos de costas estivo en Galicia e estudou as costas galegas. En 1886 publicou un traballo no que se describían as rías galegas, no cal as define como vales montañosos erosionados transversais inundados polo mar no Holoceno, non glaciares (aínda que hoxe se considera que non todas responden estritamente a esa definición).[5] Tomou a palabra "ría" utilizada en Galicia e en mapas da época e introduciuna na terminoloxía científica, coverténdoa nun termo de uso internacional en xeomorfoloxía.[6][7][8]

Foi nomeado profesor de xeoloxía na Universidade de Bonn en 1875, pero ao estar ocupado facendo os seus traballos na China non empezou a exercer no seu posto de profesor ata 1879. Converteuse en profesor de xeografía da Universidade de Leipzig en 1883, e profesor de xeografía na Universidade Friedrich Wilhelm de Berlín en 1886, posto que ocupou ata a súa morte. As súas conferencias atraían a numerosos estudantes, moitos dos cales chegaron a ser eminentes no campo da xeografía, e para manter o contacto con eles von Richthofen estableceu un "coloquio" xeográfico semanal. Entre os seus estudantes máis famosos estaba o explorador sueco Sven Hedin. Foi presidente da Sociedade Xeográfica Alemá durante moitos anos e fundou o Instituto Hidrográfico de Berlín. Tamén estandarizou as prácticas de corografía e coroloxía.

Morreu en Berlín en 1905.

Epónimos

[editar | editar a fonte]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

En alemán

[editar | editar a fonte]
  • “Die Kalkalpen von Vorarlberg und Nordtirol” en Jahrbuch der geologischen Reichsanstalt; 1859–1861
  • “Die Metallproduktion Kaliforniens” en Petermanns Mitteilungen; 1865
  • China, Ergebnisse eigner Reisen und darauf gegründeter Studien, 1877–1912, 5 vols. e atlas
  • Aufgaben und Methoden der heutigen Geographie; 1883
  • Führer für Forschungsreisende, Berlin, 1886 (Guía para o investigador viaxeiro)
  • Triebkräfte und Richtungen der Erdkunde in neunzehnten Jahrhundert, Berlin, 1903.

En inglés

[editar | editar a fonte]
  • Comstock Lode: Its Character, and the Probable Mode of Its Continuance in Depth (1866)
  • Principles of the Natural System of Volcanic Rocks (1867)
  • Letters to the Shanghai Chamber of Commerce (1869–72)
  1. 1,0 1,1 "Approaches Old and New to the Silk Roads" Vadime Elisseeff in: The Silk Roads: Highways of Culture and Commerce. París (1998) UNESCO, Reprint: Berghahn Books (2000), pp. 1-2. ISBN 92-3-103652-1; ISBN 1-57181-221-0; ISBN 1-57181-222-9 (pbk)
  2. 2,0 2,1 Waugh, Daniel. (2007). "Richthofen's "Silk Roads": Toward the Archaeology of a Concept." The Silk Road. Volume 5, Number 1, Summer 2007, p. 4.
  3. G. Méndez e D. Rey. Perspectiva histórica del conocimiento geológico de las rías gallegas. Journal of Iberian Geology 2000, vol. 26, 21-44. ISSN: 0378-102X pdf
  4. J. L. Pagés Valcarlos. Origen y evolución geomorfológica de las rías atlánticas de Galicia. (2000) Sociedad Geológica de España, 13 (3-4) 393-403. pdf Arquivado 26 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. Cita: "A primeira reflexión xeomorfolóxica documentada sobre as rías faise a finais do século XIX, coa aparición do traballo de Von Richthofen en 1886. Este autor propón o termo de ría para designar unha costa transversal que interfire cun relevo preexistente de orixe fluvial". (Orixinal: "La primera reflexión geomorfológica documentada sobre las rías se hace a finales del sigo XIX, con la aparición del trabajo de Von Richthofen en 1886. Este autor propone el término de ría para designar una costa transversal que interfiere con un relieve preexistente de origen fluvial".)
  5. Pérez Alberti, Augusto (2021). "Sobre el origen de las Rías Gallegas: viejas teorías y nuevas reflexiones" (PDF). De la terra a la mar i de la mar a la terra: homenatge a Antonio Rodríguez-Perea, 2021, ISBN 978-84-09-34554-0, págs. 149-164 (Societat d'Història Natural de les Balears): 149–164. ISBN 978-84-09-34554-0. 
  6. Maurice Schwartz. Encyclopedia of Coastal Science. Google books. Páxina 810. [1]
  7. Gerardo M.E. Perillo. Geomorphology and Sedimentology of Estuaries. Google books. Páxina 69. [2]
  8. Así se formaron las rías gallegas. La Voz de Galicia
  9. editado por Randy Jacobs, con Robert M. Ormes. (2000). Guide to the Colorado mountains. Golden, Colo: Colorado Mountain Club Press. p. 50. ISBN 978-0-9671466-0-7. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]