Saltar ao contido

Faro de Alexandría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaFaro de Alexandría
Imaxe
(1909)
Tipofaro antigo
estrutura desaparecida
Marabilla do Mundo Antigo Editar o valor en Wikidata
EpónimoPharos (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Parte deSete marabillas do mundo Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaAlexandría, Exipto Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónPharos (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 31°12′51″N 29°53′06″L / 31.21417, 29.885
Bañado porDelta do Nilo e Mar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións137 (altura) m
Historia
Data de creación ou fundación279 a. C. Editar o valor en Wikidata
Data de disolución, retirada ou demolición1480 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
299 a. C.-279 a. C.construción
956 terremoto
1303 (Gregoriano) 1303 Crete earthquake (en) Traducir
1323 (Gregoriano) terremoto
1480 demolición Editar o valor en Wikidata
Estado de conservaciónderruído Editar o valor en Wikidata
Plantacadrado, octógono e círculo Editar o valor en Wikidata

O Faro de Alexandría (en grego: ὁ Φάρος τῆς Ἀλεξανδρείας) foi unha das sete marabillas do mundo antigo. Construído no 279 a.C por Sostrato de Cnido por orde de Tolomeo I na illa de Pharos, fronte Alexandría (Exipto). Consistía nunha xigantesca torre sobre a que unha fogueira permanente marcaba a posición da cidade aos navegantes, dado que a costa nesa zona era demasiado chá e por aquel entón carecíase de calquera referencia para a navegación.

Características

[editar | editar a fonte]
O faro de Alexandría, segundo Martin van Heemskerck.

A súa altura alcanzaba 134 metros, sendo no seu momento probablemente o edificio máis alto do mundo, e para a súa construción utilizáronse grandes bloques de vidro, que foron empregados como cimentos para aumentar a resistencia contra a forza do mar. O resto do edificio era de forma octogonal sobre unha plataforma de base cadrada, e estaba composto de bloques de mármore unidos con chumbo fundido. Na parte máis alta, un grande espello metálico reflectía a luz do sol durante o día, e pola noite proxectaba a dunha grande fogueira até unha distancia de 50 km. Na parte superior do faro había unha estatua, e discútese se era de Zeus ou de Poseidón, e aínda tamén hai quen di[quen?] que había as estatuas destes dous reis gregos.

Coa excepción das grandes pirámides de Gizeh, só o faro sobreviviu ao resto das Sete Marabillas do Mundo Antigo. Porén, foi severamente danado polos terremotos de 1303 e 1323, até o punto de que o viaxeiro árabe Ibn Battuta escribiu que lle foi imposíbel entrar nas ruínas. Os restos desapareceron en 1480 cando un sultán de Exipto, chamado Qaitbay, usou as ruínas para construír unha fortaleza na zona. Pharos deu orixe á palabra "faro" na maior parte das linguas romances.

Réplica a escala construída en 2005 na Window of the World Cultural Park, en Shenzhen, Guangdong, China.

Pharos era unha pequena illa fronte á costa de Alexandría, conectada co continente polo ser humano cunha conexión denominada Heptastadion, que formaba un lado do porto da cidade. Como a costa exipcia é moi plana e carente de calquera tipo de punto de referencia, considerouse necesario algún tipo de marcador situado na boca do porto, función pola cal foi deseñado inicialmente o faro. O uso do edificio coma o que hoxe é un faro, con lume e espellos reflectores na parte superior, crese que data do século I, durante o período romano. Antes dese momento o Faro servía unicamente coma fito ou un radiofaro (punto de referencia diúrno para a navegación).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]