Saltar ao contido

Faro Villalbés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Faro Villalbés
Imaxe
 Título
Faro Villalbés Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Lingua
Datas
 Data de comezo
22 de xaneiro de 1932 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
1936 Editar o valor en Wikidata
 Fundación / creación
22 de xaneiro de 1932 Editar o valor en Wikidata
 Data de publicación
1932 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de publicación
 País de orixe
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 125702
Wikidata

Faro Villalbés foi un quincenario editado en Vilalba entre 1932 e 1936.

Historia e características

[editar | editar a fonte]
Retrato de Carmen Prieto, publicado na portada do n.º 1,

Subtitulado Periódico quincenal, paladín de Organización Republicana Agraria (ORGA), apareceu o 22 de xaneiro de 1932. Sufriu cambios no seu subtítulo, dependendo das circunstancias políticas: Periódico quincenal paladín del Partido Republicano Gallego, Periódico quincenal paladín de Organización Republicana Agraria del Partido Republicano Gallego e Órgano de la Izquierda Republicana de Villalba. O seu director era Ramón Taboada Fernández e, en 1936 cando pasou a denominarse Periódico independiente defensor de los intereses de la comarca villalbesa, Antonio Quintela Ferreiro con Vicente Otero Cao como administrador. De tendencia republicana, denunciou activamente o caciquismo. Deixou de editarse en 1935 e apareceu de novo en 1936, nesa segunda etapa acentúase a tendencia galeguista-nacionalista.

Entre os seus colaboradores estiveron Carmen Prieto, Alfonso Guizán, Xesús Golmar, Ramón Ferreiro Lago, Manuel Rivas Seivane e Juan Rof Codina. Tamén apareceu algún artigo de Antón Villar Ponte. Cesou a súa publicación co número 74, o 28 de xuño de 1936.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]