Antonio Quintela Ferreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonio Quintela Ferreiro
Antonio Quintela Ferreiro 1936.jpg
Nacemento22 de maio de 1912
Lugar de nacementoLugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista, escritor e mestre
IrmánsLuís Quintela Ferreiro
editar datos en Wikidata ]

Antonio José Quintela Ferreiro, nado en Lugo o 22 de maio de 1912, foi un mestre, escritor e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Francisco Quintela Pallín e Aurora Ferreiro Varela. Estudou maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, rematando en 1928. Mestre na escola creada pola Liga Santaballesa en Santaballa (1932-1936) na que editaba o periódico infantil Antorcha (1934-1936), e na que tamén impartía leccións de Dereito e Economía.[1] Colaborou en El Progreso, Vida Gallega, El Momento e Faro Villalbés do que foi director entre febreiro e xuño de 1936.[2] Foi autor de varias pezas teatrais para representación escolar e escribiu un libro de poemas e a novela Lucha, que apareceu en 1936.[3] Directivo de Izquierda Republicana, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 30 de agosto, saíndo en liberdade o 5 de setembro. Trasladado á escola de Bagueixos (Tirimol, Lugo),[4] foi expedientado e sancionado por responsabilidades políticas. Combateu no exército sublevado como alférez provisional de Infantería, destinado na Quinta División, pasando en agosto de 1938 ao cuarto Batallón do Rexemento de Infantería Zamora número 29.[5] Ao rematar a guerra trasladouse a Barcelona destinado ao Grupo Escolar Reyes Católicos. En Barcelona estudou Filosofía e Letras. Estivo vinculado ao Centro Galego de Barcelona. Despois da guerra publicou varias novelas.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Ensayos poéticos, 1930.
  • Lucha, 1936.
  • Espíritu y carne, 1939.
  • El enigma de un muerto, 1944.
  • La diosa del bosque, 1944.
  • Exámenes de Amor, 1950.
  • Matrimonio urgente, 1955.
  • Cumbres amorosas, 1958[6].

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Era irmán de Luís Quintela Ferreiro.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]