Manuel Rivas Seivane

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Rivas Seivane
Biografía
Morteséculo XX Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Manuel Rivas Seivane foi un xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi correspondente de El Progreso en Mondoñedo (1921-1922),[1] onde publicou o relato "Equivocación fatal".[2] Colaborou en Justicia e por un artigo publicado nese periódico foi condenado pola Audiencia de Lugo o 7 de novembro de 1924 por inxurias a Manuel Díaz Leivas e ao sacerdote José María Agrelo, en causa que chegou ao Tribunal Supremo.[3] Foi funcionario municipal do Concello de Mondoñedo. Foi candidato nas eleccións municipais do 12 de abril de 1931.[4] Na República dirixiu El Boletín Socialista de Mondoñedo. Tamén colaborou en Faro Villalbés, onde publicou unha serie de artigos baixo o título "El Derecho y la Democracia", e El Momento de Viveiro, usando o pseudónimo Juan del Pueblo. Presentouse ás oposicións para secretarios de xulgados municipais en 1931,[5] e ás oposicións para secretarios de concellos en 1935.[6] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 exiliouse en Cuba.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Progreso, 9-11-1921, p. 1.
  2. El Progreso, 20-6-1922, p. 1.
  3. El Heraldo Gallego, 20-12-1925, p. 6.
  4. El Pueblo Gallego, 28-7-1932, p. 9.
  5. La Voz de Galicia, 5-5-1931, p. 7.
  6. BOE, 6-2-1935, p. 1.102-1.131.