Unión Nacional Española (1942)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Unión Nacional Española (UNE) foi unha organización creada preto de Montauban (Francia) en 1942,[1] promovida polo Partido Comunista de España (PCE) co fin de agrupar forzas para loitar contra o franquismo e reinstaurar a República en España, ao mesmo tempo que se contribuía á loita contra o ocupante nazi en Francia.

Historia e características[editar | editar a fonte]

No verán de 1942 a dirección do PCE en Francia encabezada por Jesús Monzón creou unha organización, similar á Unión Democrática Española de México, que encadrase a todas as forzas antifranquistas, tanto republicanas como monárquicas. Foi constituída co nome Unión Nacional Española (UNE) nunha reunión secreta celebrada nunha granxa situada a poucos quilómetros de Montauban que recibiu o nome en clave de «congreso de Grenoble».

Na primavera de 1943 Monzón chegou a Madrid para, xunto a varios colaboradores, preparar «a reunión de formación da Junta Suprema de Unión Nacional (JSUN) con socialistas, republicanos e libertarios en setembro de 1943.» Nela tiñan cabida «no só comunistas, senón tamén todos aqueles antifranquistas, aínda que estivesen máis próximos a grupos conservadores, monárquicos ou carlistas, pero o importante era a súa oposición ao réxime ditatorial».[2]

En agosto de 1944 celebrouse unha reunión clandestina en Santo Antonio da Florida, preto de Madrid, para implantar a UNE no interior de España á que asistiron, ademais de representantes do PCE, algúns libertarios e socialistas, entre eles Sócrates Gómez, pero estes negáronse a participar.[3] A pesar diso ao mes seguinte a dirección do interior do PCE, controlada pola dirección de Francia, fixo público un manifesto titulado «Llamamiento de la Junta Suprema de Unión Nacional», dirixido fundamentalmente á dereita non franquista española no que se dicía:[4]

Franco y Falange no sólo son los enemigos del pueblo español y de las organizaciones que nosotros representamos; también han traicionado y lesionado los intereses de todos aquellos a quienes lograron arrastrar a su zaga mintiéndoles con solemnes promesas de salvación nacional y de engrandecimiento patrio.

A organización tivo dúas publicacións: Pueblo Español: periódico de la Unidad de todos los españoles contra Franco y la Falange, e Unidad Reconquista de España. Portavoz de la 241 brigada 186 División de Guerrilleros al Servicio de Unión Nacional.

Porén, dada a actitude anticomunista da práctica totalidade do exilio republicano, que se integrou na Junta Española de Liberación, ademais do PCE na UNE só se integraron a título individual persoas doutros sectores políticos. A Unión Nacional Española impulsou o movemento guerrilleiro e, en 1944, chegou a ter 21 grupos distribuídos así:[5]

  • 10 do PCE

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fundación Bernardo Aladrén". Consultado o 26-01-2010. [Ligazón morta]
  2. (Fernández Rodríguez 2007, p. 138)
  3. Heine 1983, pp. 200-202.
  4. Heine 1983, p. 202.
  5. Alfonso Domingo, El Canto del Búho p.128

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Heine, Hartmut (1983). La oposición política al franquismo. De 1939 a 1952. Crítica. ISBN 84-7423-198-1. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]