Saltar ao contido

Eurocopa de Fútbol de 2008

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaEurocopa de Fútbol de 2008
Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Nome oficialFußball-Europameisterschaft 2008
Championnat d'Europe de football 2008
2008 UEFA European Championship Editar o valor en Wikidata
TipoEurocopa de Fútbol Editar o valor en Wikidata
MascotaTrix and Flix (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
OrganizadorUEFA Editar o valor en Wikidata
Número de participantes16 Editar o valor en Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
LocalizaciónEstadio Ernst Happel (Leopoldstadt (pt) Traducir)
Estádio Wals Siezenheim (pt) Traducir (Wals-Siezenheim (pt) Traducir)
St. Jakob-Park (Basilea)
Letzigrund (Cantón de Zürich)
Tivoli-Neu Stadion (pt) Traducir (Innsbruck)
Stadion Wankdorf (Berna)
Hypo-Arena (pt) Traducir (Klagenfurt)
Stade de Genève (pt) Traducir (Cantón de Xenebra) Editar o valor en Wikidata
PaísAustria e Suíza Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo8 de xuño de 2008 – 29 de xuño de 2008 Editar o valor en Wikidata
Número de edición13  (2008) Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoEspaña (2º) Editar o valor en Wikidata
Datos estatísticos
Partidos31 Editar o valor en Wikidata
Goles77 Editar o valor en Wikidata
Máis goles marcadosDavid VillaEspaña (4) Editar o valor en Wikidata
Número de espectadores1.140.902 Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialuefa.com… Editar o valor en Wikidata

A Eurocopa 2008 (oficialmente, Campionato Europeo de Fútbol da UEFA ou UEFA EURO 2008™) foi a XIII edición da Eurocopa, o principal torneo entre seleccións de fútbol europeas organizado pola UEFA. Esta versión do torneo realizouse en Austria e Suíza, entre o 7 de xuño e o 29 de xuño de 2008, sendo a segunda ocasión na que o torneo foi organizado por dous países (trala Eurocopa 2000 realizada en Bélxica e os Países Baixos) e a primeira que foi albergada por unha destas nacións.

A candidatura de Austria e Suíza foi proclamada polo Comité Xeral da UEFA, o 12 de decembro de 2002, superando a un total de seis candidaturas. 16 seleccións participaron no evento, 14 das cales adxudicáronse a súa participación neste torneo tras superar un proceso clasificatorio disputado entre 2006 e 2007 por 52 equipos, ás que se sumaron as seleccións de Austria e Suíza, clasificadas automaticamente na súa calidade de anfitrioas. Os equipos participantes foron divididos en catro grupos de catro equipos cada un; tras disputar un formato de liga en cada grupo, os dous mellores de cada un clasifícanse cara a seguinte rolda. Os oito clasificados enfróntanse posteriormente nun sistema de eliminación directa ata determinar ao campión no partido final a disputarse no Estadio Ernst Happel de Viena.

Estimábase que 1 050 000 persoas asistirían aos 31 partidos disputados durante a fase final do torneo e que a audiencia acumulada do evento por televisión acadaría os 8.000 millóns de espectadores a nivel mundial,[1] o que podería convertelo no evento deportivo máis visto de 2008, superando incluso aos Xogos Olímpicos de Pequín 2008.[2]

Organizadores

[editar | editar a fonte]

Os países organizadores foron Austria e Suíza, que nunca antes se encargaran de acoller este torneo. Foi a segunda vez que a organización da Eurocopa se fai de maneira conxunta ((a primeira vez foi a Eurocopa 2000). A candidatura de Austria e Suíza foi elixida polo Comité Xeral da UEFA, o 12 de decembro de 2002, por diante das candidaturas de Rusia, Hungría, Bosnia e Hercegovina-Croacia, Grecia-Turquía, Escocia-Irlanda e unha candidatura conxunta de Escandinavia composta por Dinamarca, Finlandia, Noruega e Suecia.

Os encontros disputáronse entre o 7 de xuño e o 29 de xuño de 2008. A fase clasificatoria desenvolveuse ao longo dos anos 2006 e 2007.

Foron dúas, chamadas Trix e Flix. Dous rapaces vestidos coas camisetas das seleccións de Austria (branca) e Suíza (vermella), e cos pelos peiteados en crista, semellando os Alpes. Os nomes puxéronllelos logo dunha votación aberta á participación dos cidadáns suízos e austríacos. As posibilidades eran:

  • Zagi e Zigi
  • Flitz e Bitz
  • Trix e Flix

Co 36,3% dos votos, Trix e Flix foron os escollidos.

O St. Jakob Park da cidade suíza de Basilea acolleu o partido inaugural

Cada sede acolleu tres partidos da primeira fase, e o partido inaugural xogouse en Basilea. Na segunda rolda, os partidos xogáronse entre Basilea e Viena, con 2 cuartos de final e unha semifinal en cada un, namentres que a final tivo lugar na capital austríaca.

Cidade Estadio Capacidade
Suíza Basilea St. Jakob Park 42.500
Suíza Berna Estadio de Suíza Wankdorf 32.000
Suíza Xenebra Estadio de Xenebra 30.000
Suíza Zürich Estadio Letzigrund 30.000
Austria Innsbruck Novo Estadio Tivoli 31.600
Austria Klagenfurt Estadio Wörthersee 31.957
Austria Salzburgo Estadio Wals Siezenheim 31.020
Austria Viena Estadio Ernst Happel 53.295
Viena Klagenfurt Salzburgo Innsbruck
Estadio Ernst Happel
Capacidade: 53.295
Hypo-Arena
Capacidade: 31.957
Estadio Wals Siezenheim
Capacidade: 31.020
Novo Estadio Tívoli
Capacidade: 31.600
Basilea Berna Xenebra Zürich
St. Jakob-Park
Capacidade: 42.000
Estadio de Suíza, Wankdorf
Capacidade: 31.907
Estadio de Xenebra
Capacidade: 31.228
Letzigrund
Capacidade: 30.000

Equipos participantes

[editar | editar a fonte]

Para a clasificación á Eurocopa 2008 realizouse un torneo previo entre setembro de 2006 e novembro de 2007. Para isto sorteáronse en Montreux, Suíza, o 27 de xaneiro de 2006 sete grupos clasificatorios, onde os dous primeiros de cada un clasificaron para a rolda final. Austria e Suíza clasificáronse automaticamente ao seren os organizadores.

O sorteo para a fase final da competición efectuouse o 2 de decembro de 2007. As 16 seleccións clasificadas foron dispostas en catro bombos en función do seu coeficiente UEFA. No primeiro bombo colocáronse Austria e Suíza, anfitrións desta edición, Grecia, campión vixente, e os Países Baixos, a selección con maior coeficiente UEFA. Croacia, Italia, República Checa e Suecia quedaron no segundo bombo, mentres que o terceiro quedou composto por Alemaña, España, Portugal e Romanía. Finalmente, o cuarto bombo estivo conformado por Francia, Polonia, Rusia e Turquía.

Destes, os equipos polaco e austríaco é a primeira vez que disputan a fase final dunha Eurocopa.

Equipos participantes
Alemaña Alemaña Francia Francia Portugal Portugal Rusia Rusia
Austria Austria Grecia Grecia Polonia Polonia Suecia Suecia
Croacia Croacia Italia Italia Chequia República Checa Suíza Suíza
España España Países Baixos Países Baixos Romanía Romanía Turquía Turquía

Calendario e resultados

[editar | editar a fonte]

Fase de grupos

[editar | editar a fonte]
Equipo Pts X G E P GF GC Dif
Portugal Portugal 6 3 2 0 1 5 3 2
Turquía Turquía 6 3 2 0 1 5 5 0
Suíza Suíza 3 3 1 0 2 3 3 0
República Checa República Checa 3 3 1 0 2 4 6 -2
7 de xuño - Basilea
Suíza Suíza 0 Chequia República Checa 1
7 de xuño - Xenebra
Portugal Portugal 2 Turquía Turquía 0
11 de xuño - Xenebra
Chequia República Checa 1 Portugal Portugal 3
11 de xuño - Basilea
Suíza Suíza 1 Turquía Turquía 2
16 de xuño - Xenebra
Suíza Suíza 2 Portugal Portugal 0
16 de xuño - Xenebra
Chequia República Checa 2 Turquía Turquía 3
Equipo Pts X G E P GF GC Dif
Croacia Croacia 9 3 3 0 0 4 1 3
Alemaña Alemaña 6 3 2 0 1 4 2 2
Austria Austria 1 3 0 1 2 1 3 -2
Polonia Polonia 1 3 0 1 2 1 4 -3
8 de xuño - Viena
Austria Austria 0 Croacia Croacia 1
8 de xuño - Klagenfurt
Alemaña Alemaña 2 Polonia Polonia 0
12 de xuño - Klagenfurt
Croacia Croacia 2 Alemaña Alemaña 1
12 de xuño - Viena
Polonia Polonia 1 Austria Austria 1
16 de xuño - Viena
Austria Austria 0 Alemaña Alemaña 1
16 de xuño - Klagenfurt
Croacia Croacia 1 Polonia Polonia 0
Equipo Pts X G E P GF GC Dif
Países Baixos Países Baixos 9 3 3 0 0 9 1 8
Italia Italia 4 3 1 1 1 3 4 -1
Romanía Romanía 2 3 0 2 1 1 3 -2
Francia 1 3 0 1 2 1 6 -5
9 de xuño - Zürich
Romanía Romanía 0 Francia Francia 0
9 de xuño - Berna
Países Baixos Países Baixos 3 Italia Italia 0
13 de xuño - Zürich
Italia Italia 1 Romanía Romanía 1
13 de xuño - Berna
Francia Francia 1 Países Baixos Países Baixos 4
17 de xuño - Berna
Países Baixos Países Baixos 2 Romanía Romanía 0
17 de xuño - Zürich
Italia Italia 2 Francia Francia 0
Equipo Pts X G E P GF GC Dif
España España 9 3 3 0 0 8 3 5
Rusia Rusia 6 3 2 0 1 5 5 0
Suecia Suecia 3 3 1 0 2 3 4 -1
Grecia Grecia 0 3 0 0 3 1 5 -4
10 de xuño - Innsbruck
España España 4 Rusia Rusia 1
10 de xuño - Salzburgo
Grecia Grecia 0 Suecia Suecia 2
14 de xuño - Innsbruck
Suecia Suecia 1 España España 2
14 de xuño - Salzburgo
Rusia Rusia 1 Grecia Grecia 0
18 de xuño - Salzburgo
Grecia Grecia 1 España España 2
18 de xuño - Innsbruck
Suecia Suecia 0 Rusia Rusia 2

Fase eliminatoria

[editar | editar a fonte]
Cuartos de final Semifinal Final
                   
19 de xuño, Basilea        
  Portugal Portugal   2
25 de xuño, Basilea
  Alemaña Alemaña   3  
  Alemaña Alemaña   3
20 de xuño, Viena
    Turquía Turquía   2  
  Croacia Croacia   1 (1)
  Turquía Turquía   1 (3)  
  Alemaña Alemaña   0
21 de xuño, Basilea
    España España   1
  Países Baixos Países Baixos   1
26 de xuño, Viena
  Rusia Rusia   3  
  Rusia Rusia   0
22 de xuño, Viena
    España España   3  
  España España   0 (4)
  Italia Italia   0 (2)  


Campións da Eurocopa 2008
España
España
Segundo título

Estatísticas

[editar | editar a fonte]

Goleadores

[editar | editar a fonte]
  1. http://www.euro2008.uefa.com/MultimediaFiles/Download/Publications/Competitions/MediaServices/67/67/88/676788_DOWNLOAD.pdf Arquivado 16 de xuño de 2008 en Wayback Machine. UEFA EURO 2008™ Info Guide
  2. http://www.gaceta.es/08-06-2008+eurocopa_reta_juegos_olimpicos,noticia_1img,24,24,22759 Arquivado 11-06-2008 en Wayback Machine. La Eurocopa reta a los Juegos Olímpicos 2008