Ivan Klasnić

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ivan Klasnić
Ivan Klasnic 5dec2006.jpg
Klasnić xogando para o Werder Bremen
Información persoal
Nome completo Ivan Klasnić
Nacemento 29 de xaneiro de 1980 (39 anos)
  Hamburgo
Nacionalidade Croacia
Altura 1,86 m.
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
1984–1992 Union 03 Altona
1992–1994 TSV Stellingen 88
1995–1997 St. Pauli
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1997–2001 St. Pauli 95 (26)
2001–2008 Werder Bremen 151 (49)
2008–2010 Nantes 33 (10)
2009–2010Bolton Wanderers (cedido) 27 (8)
2010–2012 Bolton Wanderers 50 (12)
2012–2013 Mainz 05 3 (1)
Total 359 (106)
Selección nacional
1998–1999 Croacia sub-19 5 (1)
2001 Croacia sub-21 3 (1)
2004–2011 Croacia 41
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Ivan Klasnić [ˈiʋan ˈklasnitɕ], nado en Hamburgo o 29 de xaneiro de 1980, é un ex-futbolista xermano-croata que xogaba de dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Klasnić naceu en Hamburgo (daquela en Alemaña do Oeste, nunha familia con membros de orixe bosnia e croata. Comeza a súa carreira profesional na escadra local St. Pauli, coa que xogou tres tempadas e media destacando coma dianteiro. Despois de axudar ó St. Pauli a ascender á primeira división no ano 2001 marcha para o Werder Bremen no verán dese ano. As dúas primeira tempadas no club no foron de bo proveito debido sobre todo a dúas fortes lesións no xeonllo, mais na 2003-04 revelouse coma un dos xogadores clave do éxito do Werder. Ese ano gañaron tanto a Bundesliga como a Copa de Alemaña, e Klasnić anotou 11 goles e deu 13 pases de gol nos encontros de liga.

Na 2004–05 anotou 5 goles na Liga de Campións, facendo un triplete contra o RSC Anderlecht, mais en oitavos de final o Werder caería co Olympique Lyonnais por un total de 10-2 na eliminatoria.

Os comezos na tempada 2006–07 non foron moi bos, co xogador en baixo estado de forma e necesitando sete encontros para anotar un só gol.

Na tempada 2008–09 fichou polo FC Nantes da Ligue 1 de Francia, onde participou en 33 partidos e anotou 10 goles. Ao final da campaña o equipo quedou 19º posto, descendendo a Ligue 2. Na campaña 2009–10 marchou cedido ao Bolton Wanderers FC da Premier League inglesa, participando en 27 partidos e anotando 8 goles.

Para a tempada 2010–11 o Bolton Wanderers fíxose co xogador en propiedade, onde xogou tamén na tempada 2011–12, participando nun total de 50 partidos e anotando 12 goles nestas dúas campañas.

Na tempada 2012–13 fichou polo 1. FSV Mainz 05.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Tras rexeitar a invitación de Rudi Völler para xogar coa selección xermana e a de Blaž Slišković para xogar coa selección de Bosnia e Hercegovina, acepta xogar para a selección croata. Debuta no ano 2004 nun encontro contra Alemaña, no que estes vencen por 2-1.

Foi escollido para disputar a Eurocopa de Fútbol 2004 que se celebrou en Portugal, mais o adestrador non lle concedeu nin un só minuto. Croacia non pasaría da primeira fase, e as críticas arreciaron sobre o seleccionador por deixar apartado a Klasnić.

Despois desta competición, e coa entrada de Zlatko Kranjcar na dirección da escadra nacional, por fin fíxose cun posto no once inicial nas clasificatorias para o Mundial de 2006. A pesar de ter un rendemento aceptable criticouse moito por parte dos medios de comunicación o feito de que parece render moito máis xogando para o Werder que coa selección. Estas críticas seguen a día de hoxe.

Xa no mundial, non logra anotar gol algún, e Croacia cae na primeira rolda tras dous empates e unha derrota. Na actualidade, aínda que segue sendo convocado, parece que perdeu a súa praza de titular nos últimos encontros de clasificación para a Eurocopa de Fútbol 2008.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Werder Bremen

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]