Esther Gallo Lamas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEsther Gallo Lamas
Biografía
Nacemento1908 Editar o valor em Wikidata
A Pontenova, España Editar o valor em Wikidata
Morte1990 Editar o valor em Wikidata (81/82 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Esther Gallo Lamas, nada na Pontenova en 1908 e finada en Vigo en 1990, foi unha mestra galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Diplomouse en Maxisterio en Lugo en 1929. Entre 1933 e 1946 exerceu a docencia en Euskadi, concretamente en Barakaldo. Casou en 1946 con Eliseo Muruais e dende entón, e até a súa xubilación, dirixiu a escola anexa da Normal feminina na cidade de Lugo[1].

Hoxe é lembrada pola súa obra infantil Galicia por la España Nueva (1937), de corte relixioso e patriótico, escrita en lingua castelá mais na que tamén compila poemas de diversos autores, coma os de corte franquista da autoría de Francisca Herrera Garrido ou outros en lingua galega de Rosalía de Castro ou Valentín Lamas Carvajal[2].

Foi unha muller de ideoloxía católica e conservadora que entendía España como nación e Galicia como "Patria chica" e "Terra meiga". Así, o estudoso Xesús Alonso Montero destaca un certo galeguismo "sincero e honrado" na súa visión da vida.

Por outra banda, a profesora Carmen Blanco sinala:

A guerra civil de 1936-1939 deixará na literatura de mulleres exemplos de propagandismo bélico apoiando a causa 'nacional española', a través do publicismo reaccionario de autoras como Esther Gallo Lamas, Herminia Fariña Cobián ou Mercedes Viso Troncoso, que inclúen algúns versos galegos propios ou alleos en obras escritas fundamentalmente en castelán, de acordo coas directrices lingüísticas propias da nova situación política.
Literatura gallega de las mujeres: fundación y refundación.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Galicia por la nueva España, 1937., por Xesús Alonso Montero, na Revista Galega do Ensino, nº 43, maio 2004.
  2. Introdución: A literatura galega entre 1936 e 1950, por Xoán Pastor Rodríguez Santamaría.
  3. Literatura gallega de las mujeres, por Carmen Blanco, Actas da Universidade de Santiago, Campus de Lugo (1995). páx. 33. (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]