Xoán Pastor Rodríguez
(Redirección desde «Xoán Pastor Rodríguez Santamaría»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1973 (50/51 anos) Porto do Son, España |
Cargos | |
Alcalde de Porto do Son | |
Período | 18 de novembro de 2009 – 11 de xuño de 2011 |
Antecesor | Manuel Tomé Piñeiro |
Sucesor | Luís Oujo |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | Político e escritor |
Partido político | PSdeG-PSOE |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Lista
|
Xoán Pastor Rodríguez Santamaría, nado en Xuño (Porto do Son) en 1973, é un escritor e político galego do PSdeG-PSOE. Foi alcalde de Porto do Son entre 2009 e 2011.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa e Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Investigador sobre a literatura, ten publicado varios libros sobre escritores da Barbanza. Foi concelleiro en Porto do Son dende o 2003. Foi elixido alcalde de Porto do Son tras unha moción de censura a Manuel Tomé Piñeiro en 2009.[1]
Obras[editar | editar a fonte]
- Escritores da Barbanza, 1999.
- Diccionario de escritores ribeirenses, 2001.
- Con Román Arén: Un río de sangue e tinta, 2006. Asociación Cultural Barbantia e Concello de Boiro.
- Dicionario Ramón Piñeiro, 2009.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- «Hai que romper coa mala imaxe que ten a vila, porque é irreal» Entrevista en La Voz de Galicia
- «No Barbanza somos un espazo literario riquísimo», Entrevista en La Voz de Galicia