Estanislao Cantero Izquierdo
Estanislao Cantero Izquierdo | |
---|---|
Nacemento | 1908 |
Lugar de nacemento | Pontevedra |
Lugar de falecemento | Arxentina |
Nacionalidade | España |
Ocupación | membro da resistencia |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Estanislao Cantero Izquierdo, nado en Pontevedra en 1908 e finado na Arxentina, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Zapateiro e militante do PCE. O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno en Valencia. Alistouse como voluntario e loitou no bando republicano na fronte asturiana ata a súa caída en 1937. Detido ao rematar a guerra, estivo preso no campo de concentración de Miranda de Ebro. Despois foi enviado a un batallón de traballadores. Cando o puxeron en liberdade foi a Vigo como secretario xeral da Unión Nacional Española local. Foi detido en 1945. Logrou fuxir e integrouse no destacamento Paco Barreiro da V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, que loitaba na comarca de Vigo baixo as ordes de Manuel Simón Campos e Avelino Otero Montes. Foi procesado con Víctor García García, Teófilo Fernández Canal e Francisco Rey Drox na causa 75/1946 da Coruña.[1] O 28 de setembro de 1946 participou nun atraco en Gaxate. Despois da morte de Manuel Simón e Avelino Otero en maio de 1947 e a posterior desfeita do grupo, logrou fuxir a Arxentina. No país austral fundou unha familia e morreu a unha avanzada idade.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou en Vigo con María Bello Torres en novembro de 1943.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Abad Gallego, Xoán Carlos (2005). Héroes o forajidos. "Fuxidos" y guerrilleiros antifranquistas en la comarca de Vigo. Vigo: Instituto de Estudios Vigueses. pp. 462–463. ISBN 84-89599-33-5.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 45. ISBN 84-8485-231-8.