Manuel Álvarez Díaz
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1912 Noceda del Bierzo, España |
Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
Outros nomes | Sordo |
Actividade | |
Ocupación | maquis |
Membro de | |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española |
Manuel Álvarez Díaz, coñecido como Sordo, nado en Noceda del Bierzo (León) en 1912, foi un guerrilleiro antifranquista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A mediados de 1945 reorganizou o PCE en Vigo antes de fuxir ao monte en xuño de 1946. Pertenceu ao grupo de Benigno Andrade García que en novembro de 1946 se uniu ao destacamento Paco Barreiro da V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia controlado por Manuel Simón Campos. Foi reclamado mediante requisitoria polo Xulgado Militar de Vigo en agosto de 1947 como encartado na causa 271/47, xunto con Víctor García García, Miguel Nicolás Esperante, Claudio Rodríguez Vázquez, Basilio Calvar Solla, Estanislao Cantero Izquierdo e Eugenio Rueda Perosanz.[1] Desapareceu despois da eliminación do destacamento en maio de 1947.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 9-8-1947, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Abad Gallego, Xoán Carlos (2005). Héroes o forajidos. "Fuxidos" y guerrilleiros antifranquistas en la comarca de Vigo. Vigo: Instituto de Estudios Vigueses. p. 464. ISBN 84-89599-33-5.