Francisco Rey Drox

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Francisco Rey Drox
Nacemento1893
 Naranjito
Falecemento25 de decembro de 1960
 Burgos
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e membro da resistencia
editar datos en Wikidata ]

Francisco Rey Drox, coñecido como Coronel Chacama ou Comandante Chacama, nado en Naranjito (Porto Rico)[1] en 1893 e finado en Burgos o 25 de decembro de 1960, foi un guerrilleiro antifranquista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Manuel Rey Pena, tenente da garda civil, e Francisca Drox, asentados en Pontevedra. Soldado en Marrocos, foi condecorado en 1916 coa Cruz do Mérito Militar pensionada.[2] Marchou a Arxentina en 1919 e instalouse en Rosario. Foi viceconsul de España nesa cidade a alí casou con Aurea Vidal Rodríguez en 1925.[3] Retornou a España en xullo de 1928.[4] Foi mozo da Subdelegación de Pesca de Getaria en 1934,[5] renunciando ao posto en 1935. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en Murcia como sospeitoso a finais de xullo.[6] Exiliado en Francia, volveu do exilio para loitar coa guerrilla. Asentouse en Ourense como empregado. Foi un dos membros do comité provincial do Partido Comunista de España en Ourense reconstituído no verán de 1942. A súa muller Aurea Vidal foi detida no Pereiro de Aguiar en agosto de 1943, reclamada por un xulgado de Barcelona.[7] Detido en febreiro de 1945, foi posto en liberdade por falla de probas. Foi procesado con Víctor García García, Estanislao Cantero Izquierdo e Teófilo Fernández Canal na causa 75/1946 da Coruña.[8] Volveu ser procesado na causa 159/1946 da Coruña contra Marta Pérez Mellid e outros.[9] Detido o 1 de setembro de 1947 foi procesado polo xulgado militar Para la represión del Comunismo, la Masonería y el espionaje con outras 19 persoas na causa 438/1947, acusado de ser o promotor dun grupo pertencente ao Socorro Rojo Internacional e introducir o movemento da Unión de Intelectuales Libres en Galicia. Afrontaba outras dúas acusacións no xuízo e como tiña procesos previos, foi condenado a 20, 12 e 6 anos, un total de 38 anos.[10] Morreu na prisión de Burgos en decembro de 1960.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Outras fontes afirman que naceu no municipio de Bayamón (Porto Rico).
  2. El Progreso, 12-3-1916, p. 3.
  3. El Heraldo Gallego, 23-8-1925, p. 8.
  4. El Heraldo Gallego, 22-7-1928, p. 5.
  5. Boletín Oficial del Ministerio de Marina
  6. El Tiempo, 30-7-1936, p. 2.
  7. El Pueblo Gallego, 18-8-1943, p. 11.
  8. La Voz de Galicia, 10-4-1946, p. 2.
  9. La Voz de Galicia, 7-5-1946, p. 2.
  10. Amnistie. Conférence d'Europe occidentale pour l'amnistie aux emprisionnés et exilés politiques espagnols, p. 11.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Santidrián Arias, Víctor Manuel (2003). Historia do PCE en Galicia (1920-1968). Sada: Do Castro. ISBN 978-84-8485-079-3. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]