Teófilo Fernández Canal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Teófilo Fernández Canal
Nacemento1911
Lugar de nacementoBarbadás
Falecementomarzo de 1948
Lugar de falecementoOurense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónchofer e guerrilleiro
editar datos en Wikidata ]

Teófilo Fernández Canal, nado en Barbadás cara a 1911 e finado en Ourense en marzo de 1948, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Chofer en Barbadás. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Procesado en Ourense por rebelión militar o 29 de xuño de 1937, a súa causa foi sobresida. Sufriu expediente de incautación de bens.[1] Participou na reconstrución do comité provincial do Partido Comunista de España en Ourense no verán de 1942, que tiña a Juan Novoa Campos como secretario xeral, no que Teófilo foi nomeado encargado das relacións cos fuxidos da provincia. Foi procesado con Víctor García García, Estanislao Cantero Izquierdo e Francisco Rey Drox na causa 75/1946 da Coruña.[2] Lugartenente de Víctor García "Brasileiro", foi condenado con el pola propia organización comunista. En marzo de 1948 foi axustizado en Ourense.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Región, 30-1-1937, p. 2.
  2. "Requisitoria", La Voz de Galicia, 10-4-1946, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Santidrián Arias, Víctor Manuel (2003). Historia do PCE en Galicia (1920-1968). Sada: Do Castro. ISBN 978-84-8485-079-3. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]