Forgas, Ferreiros, A Pobra do Brollón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Forgas
ParroquiaFerreiros
ConcelloA Pobra do Brollón
Coordenadas42°36′03″N 7°21′03″O / 42.600875, -7.3508055555556Coordenadas: 42°36′03″N 7°21′03″O / 42.600875, -7.3508055555556
Poboación5 hab. (2017)
editar datos en Wikidata ]

Forgas é un lugar da parroquia de Ferreiros, no concello da Pobra do Brollón. En 2008 tiña once habitantes (cinco homes e seis mulleres).

Xeografía[editar | editar a fonte]

A parte baixa da aldea está a 580 metros de altitude, pero unha pequena parte chega ós 600 m, Forgas de Arriba. Está situada na cara leste do concello, en plena Serra do Courel.

Está situada en medio da montaña, ao lado do río Forgas ou Saa. A Forgas accédese unicamente por unha estrada de montaña asfaltada que sobe dende A Pousa e que leva á Pobra do Brollón, aínda que tamén sobe unha corredoira dende Ferreiros. A Forgas de Arriba accédese unicamente por un carreiro dende Forgas.

Festividades[editar | editar a fonte]

Cada 27 de agosto celébrase a romaría do San Vitoiro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Ferreiros no concello da Pobra do Brollón (Lugo)

O Campo | Cima de Vila | Fondo de Vila | Forgas | A Lama | O Souto | A Veneira de Roques

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias da Pobra do Brollón

Abrence (San Xoán) | Barxa de Lor (Santa Mariña) | Canedo (San Miguel) | Castroncelos (Santiago) | Castrosante (Santa Mariña) | Cereixa (San Pedro) | Eixón (San Xurxo) | Ferreiros (San Salvador) | A Ferreirúa (San Martiño) | Fornelas (Santa Comba) | Lamaigrexa (San Pedro) | Liñares (San Cosme) | Óutara (Santa María) | Parada dos Montes (Santa Einés) | Pinel (Santa María) | Piño (Santa María) | A Pobra do Brollón (San Pedro) | Saa (Santa María) | Salcedo (San Xoán) | Santalla de Rei (Santalla) | Veiga (San Xián) | Vilachá (San Mamede)

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Foxo, Xosé Lois (2011). Os últimos brindeiros de Forgas. Ourense: Deputación de Ourense. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]