Ferrol Vello

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°28′44″N 08°14′35″O / 43.47889, -8.24306 Para o artigo sobre o lugar, véxase Ferrol Vello, Mera de Abaixo, Ortigueira

Unha vista de Ferrol Vello ou Ferroliño desde os peiraos.
O nome da rúa do Castro evoca as orixes de Ferrol no Ferrol Vello.

Ferrol Vello é un barrio histórico, orixe mariñeira da cidade de Ferrol, orientado cara ao porto e refuxiado no fondo da ría de xeito compacto.

Evolución e características[editar | editar a fonte]

Ata o século XVIII a vila de Ferrol non se estendía alén do propio Ferrol Vello e dependía das casas nobiliarias dos Lemos e dos Andrade. A comunicación co exterior facíase especialmente por mar sendo a comunicación por terra de case illamento. Ao longo do tempo mantivo a súa estrutura medieval dun xeito continuado, aínda apreciable no trazado viario e no parcelario urbano.

A tipoloxía edificatoria é diversa e vai dende casas con solaina e tipicamente mariñeiras ata aqueles edificios que presentan unha notable arquitectura art déco modernista ou racionalista. O seu estado de conservación é deficiente e as intervencións das últimas décadas moi desafortunadas.

Protección[editar | editar a fonte]

O barrio de Ferrol Vello está protexido dende o ano 2001 como conxunto dentro do PXOM. No 2006 a Comisión cidadá pola recuperación de Ferrol Vello solicitou a súa declaración como Ben de Interese Cultural á Consellería de Cultura e Deporte que, naquel momento, dirixía a conselleira do BNG Ánxela Bugallo. A incoación do procedemento para declarar Ben de Interese Cultural produciuse o 27 de febreiro de 2009, dous días antes das eleccións ao Parlamento de Galicia. Logo de case 24 meses de procedemento administrativo, no que inicialmente se deixou sen efecto a incoación da declaración, Ferrol Vello foi declarado Ben de Interese Cultural, en categoría de Conxunto Histórico, polo Consello da Xunta de Galicia o 10 de febreiro de 2011, admitindo os recursos da Comisión Cidadá Pola Recuperación de Ferrol Vello e outras entidades como o Concello de Ferrol.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "B.I.C.". Comisión cidadá pola recuperación de Ferrol Vello. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]