Buteo lagopus: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Formateando 'Imaxe'
replaced image
Liña 75: Liña 75:


== Reproducción ==
== Reproducción ==
[[Imaxe: Raufußbussard Küken.jpg|thumb|300px| Niño con ovo e polos e diferentes estadios de desenrolo]]
[[Imaxe:Rauhfußbussard Küken.jpg|thumb|300px| Niño con ovo e polos e diferentes estadios de desenrolo]]
Non se sabe de certo á idade a que alcanzan a madurez reproductora. Probablemente está ó redor dos dous anos. A actividade sexual depende moito da dispoñibilidade de alimento, En anos de moita escaseza poden deixar de reproducirse, cambiar de territorios ou abandona-las postas. A reproducción so adoita completarse se teñen presas dabondo.
Non se sabe de certo á idade a que alcanzan a madurez reproductora. Probablemente está ó redor dos dous anos. A actividade sexual depende moito da dispoñibilidade de alimento, En anos de moita escaseza poden deixar de reproducirse, cambiar de territorios ou abandona-las postas. A reproducción so adoita completarse se teñen presas dabondo.



Revisión como estaba o 6 de xaneiro de 2008 ás 18:18

Miñato calzados
Estado de conservación
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Falconiformes
Familia: Accipitridae
Xénero: Buteo
Nome científico
Buteo lagopus
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos


O miñato calzado (Buteo lagopus) é un representante do xénero dos miñatos (Buteo). A especie divídese en catro subespecies moi semellantes entre elas, que crían na zona circumpolar.

Descrición

Dende a punta do bico á da cola miden entre 53 e 63 cm., dos que 22 corresponden á esta última. As alas miden ata 48 cm. de longo o que bos exemplares grandes supón unha envergadura de mais de metro e medio. Un macho ben alimentado pesa de media uns 1200 g. O peso das femias é ata un 20% superior. A forma nominativa, (Buteo lagopus lagopus), do miñato calzado é algo meirande e de alas máis longas có miñato común e de coloración menos variable. A parte superior do corpo é, en tódalas coloracións, castaño canela, ton que é raro nos miñatos comúns. A cola é branca cunha banda terminal negra, mías difusa nos xoves. Os machos teñen ademais outras máis finas. Os miñatos comúns teñen tamén en ocasións a cola branca, pero só en casos de exemplares que teñen tamén o lombo claro. A cabeza. que é moi arredondada, e a caluga teñen coloracións que van do castaño ó gris claros., algunhas veces son case brancos. A parte superior da cabeza e a área dos oídos son en xeral algo máis claros có resto. O bico é amarelo e relativamente pequeno. Unha lista escura estreita vai da base deste ós ollos, que teñen o iris amarelo. A parte inferior do corpo ten tons grises e castaños e, en ocasións, liñas negras longas. A barriga adoita ser negra. O pescozo e o papo son máis claros có resto.

Teñen as patas emplumadas ata ós dedos, pero este detalle distintivo só se ve a distancias curtas. A plumaxe das patas é clara, con cores que van do branco po gris claro, con debuxos lineais castaños escuros. Coma no caso do miñato común os dedos son amarelos: as unllas son negras. Cando están pousados a punta das alas tapa a cola. Vistos desde abaixo producen a impresión de seren moi claros, en oposición á figura máis contrastada do miñato común, que amosa áreas negras na cola e as alas. Voan con golpes de alas lentos e profundos e planean con frecuencia. A súa capacidade para o voo “peneirado” e moi superior á do miñato común. Este tipo de voo, que consiste en manterse fixo no aire batendo as alas con forza ó xeito dos lagarteiros (Falco tinnunculus), permite recoñecelo a distancia. Cando planean levan as plumas remeiras secundarias algo levantadas, e as cobertoiras primarias algo baixas ou rectas. Os xiro habitual da cola cando voan é tamén un bon signo distintivo.. As diferencias sexuais son mínimas: as femias son algo meirandes e máis pesadas. A plumaxe, especialmente a da cabeza e o peito, é algo máis clara cá dos machos. Os miñatos xoves son máis claros cós adultos. Exemplares moi escuros e mesmo melánicos aparecen regularmente en Norteamérica,e ocasionalmente no leste de Siberia, pero son raros no resto dos seus territorios.

Subespecies

  • B. l. menzbieri. Esta raza vive ó leste da forma nominativa. Teñen una zona grande de contacto nos montes Urais. Son meirande cá forma tipo e máis das veces máis claros. A parte inferior do corpo ten menos contraste de cores, a lista ou listas da cola son máis estreitas. O iris ocular é amarelo.
  • B. l. kamtschatkensis . Vive na península de Kamchatka e a parte norte das Kuriles. Os exemplares desta variedade son grandes, máis axiña escuros e de plumaxe pouco contrastada. Non son doados de diferenciar das formas máis escuras da subespecie anterior. Son meirande e máis claras cos individuos de coloración intermedia da variedade B.l.sanctijohannis. coas que se mesturan nas illas do mar de Bering.
  • B. l. sanctijohannis. Propia das zonas árticas e subárticas de Norteamérica, dende Newfoundland ata Alasca e as illas Aleutianas. As formas claras desta raza só se distinguen da forma tipo por seren algo máis pequenas. As formas escuras son uniformemente castañas por riba e teñen manchas castañas agrisadas por debaixo. Mesmo en voo son máis escuras cá forma nominativa, contrastando. En voo e posible confundila coa especie Buteo jamaicensis.

As aves da costa leste do Canadá son as máis pequenas e as de dimorfismo sexual máis marcado. Cara ó oeste son meirandes e amosan diferencias individuais máis marcadas na coloración.

Identificación sonora

Non son ruidosos e so emiten chíos relativamente altos cando son molestados no niño. O seu berro típico, alto e que recorda algo unha queixa, pode percibirse ó lonxe coma o miar dun gato. Óese sobre todo durante os voos en parella. Emiten ademais outros sons de contacto, alarma e para amosar estados de ánimo determinados. Exemplo de voz

Distribución e hábitat

Zonas de cría

Distribución xeográfica do miñato calzado;
verde = área de cría, azul = área de invernada

Crían ó redor do Círculo polar ártico. O seu territorio de reproducción comeza no sur de Noruega, continúa nunha faixa relativamente estreita polo centro e norte de Suecia e norte de Finlandia, e segue pola costa do Océano Glacial Ártico ata o leste de Siberia, ata Kamchatka e as illas Kuriles setentrionais. A area de distribución espállase nunha faixa estreita ó longo da costa do mar de Okhotsk cra ó sur ata os 55° de lonxitude norte. Ó norte da costa do Océano Glacial Ártico cría só nunhas poucas illas costeiras. A súa fronteira sur, que só atravesan en anos de grande abundancia de alimentos, márcao a zona de transición entre a tundra arbustiva e a tundra arbórea. No Novo Mundo crían dende Newfoundland, pasando poas rexiñons o norte e noroeste da baía de Hudson, a parte sur da illa de Baffin, o norte dos Territorios do Noroeste e illas próximas a chegan ó norte e oeste Alasca e as illas Aleutianas.

Cuarteis de inverno

Os territorios de inverno están ó sur da zona de cría, coa que practicamente non se solapan. A súa fronteira norte márcaa a beira sur do bosque boreal de coníferas, e en Eurasia están entre os 58° 45° norte aínda que nalgunhas rexións coma Asia central e do leste e o sueste de Europa, chegan moito máis ó sur.

En Europa pasan o inverno principalmente ó leste do paralelo 10°, aínda que unha boa cantidade de exemplares se asentan máis o oeste, ata ó Rin e o sur dos Alpes. As rexións onde máis abundan son o sur de Suecia, o Báltico, Bielorrusia, leste de Alemaña, república Checa, Eslovaquia, Austria, Hungría e Ucraína. En anos bos chegan ó norte de Grecia, Crimea e Turquía. Máis das aves americanas pasan o inverno nos estados do norte dos Estados Unidos, onde poden verse as veces en asentamentos humanos pequenos e grandes, Os cuarteis de inverno espállanse polas praderías cara ó leste ata ó norte de México.

Hábitat

Son moradores do extremo norte de Eurasia, en xeral de zonas de tundra sen vexetación alta nin media. En Escandinavia e Finlandia vive tamén en zonas de bosque subalpino de bidueiros. Cría regularmente, aínda que en pequenas cantidades, na tundra arborada. E anos de abundancia de lemmings colonizan zonas próximas ás beiras dos bosque boreais ou grandes claros dos bosques. Aínda que é preferentemente un habitante das terras baixas en Alasca en Escandinavia crían ocasionalmente e alturas de ata 1400 m.. Gustan de crías preto de cursos de auga, vales fluviais ou do mar.

No inverno, aínda que son menos esixentes, seguen tendo preferencia polas paisaxes abertas que ofrezan un amplo Campio de visión. Frecuenta as costas mariñas, marismas e pantanos, e, no sueste de Europa e en Asia, as estepas. En Norteamérica adoita pasa-lo inverno nas praderías.


Conducta migratoria

Son migratorios estrictos, que viaxan de día para aproveitar as correntes térmicas ascendentes. Fan a viaxe individualmente, raras veces en pequenos grupos. En lugares de repouso xeitosos poden xuntarse a descansar grupos de máis de cen individuos. A súa conducta durante a viaxe non está moi estudiada, pero parecen percorrer uns 100 km. ó día. As distancias totais son variables. Unha ave anelada no niño en agosto de 1985 no norte de Alasca, foi vista en outubro do mesmo ano en Montana, Estados Unidos, a 3.300 km.de distancia.

O momento de abandonar os territorios de cría depende do clima e da oferta de alimento, e comeza a partir de finais de agosto, pero o groso dos exemplares comezan a viaxe a mediados de setembro e segue ata outubro. En condicións ideais, algúns exemplares non marchan ata setembro. Voan case sempre en dirección sur, agás os individuos de Escandinavia central, que seguen a costa do Báltico cara a Inglaterra.

Nos territorios de cría parecen levar unha vida nómada, non parando moito tempo nun sitio se as presas non son abundantes. A viaxe de volta comeza en marzo, co punto máximo en abril. Máis deles chegan ás terras de cría en maio ou primeiros de xuño.

Alimentación e técnicas de caza

O seu alimento principal son mamíferos pequenos, en especial ratos dos xéneros Microtus e Clethrionomys e diferentes especies de Lemmings (Lemmus sp.). Estas especies constitúen entre o 60 e o 90% do volume da súa alimentación. En anos de escaseza destas presas, as aves de tamaño medio coma, a perdiz escandinava (Lagopus lagopus), ocupan o seu lugar. Cazan tamén, se as teñen á súa disposición perdices charrelas (Perdix perdix ) e galiñas das praderías (Tympanuchus sp.). Réptiles, anfibios e peixes forman só unha pequena parte da súa dieta. Insectos, coma grilos e saltóns, e calaza xogan as veces un pequeno papel na súa nutrición. Ocasionalmente poden capturar mamíferos meirandes coma a lebre das neves (Lepus timidus), a lebre ártica (L. arcticus) e a lebre de Alasca (L. othus).

En inverno aumenta o número de aves e musarañas na súa dieta, asi coma a presencia de calaza.

Técnicas de caza

Os sistemas de caza son moi variados, pero se é posible cazan á espreita, pousados nun punto axeitado. Perseguen cun voo curto as presas descubertas, que capturan no chan e matan coas gadoupas ou o bico. Poucas veces cachan presas no aire e, se estas se decatan do ataque e fuxen, non adoitan perseguilas moito tempo. En condicións de clima favorable cazan dende o aire, fixas nunha vertical do ceo a entre 20 e 50 m. de altura, ó xeito dos lagarteiros. Cazan tamén despois de localizar ás presas nun voo lento e mesmo por sobre da auga, atrapando peixes o xeito da aguia pescadora (Pandion haliaetus).

Conducta

Son diúrnos, pero as súas fases activas ocupan boa parte das horas crepusculares. No extremo norte da súa distribución poden estar actívo as 24 horas, por ben que o habitual é que o estean entre as 23 e as 5 h. Se teñen alimento dabondo a actividade é interrompida por longas fases de descanso.

O tamaño dos seus territorios de caza depende da oferta alimenticia. Non defenden, porén, máis que a área inmediata ó niño. A territorialidade mingua se hai pouco alimento. A relación con outras aves rapaces non é especialmente agresiva, e non é raro que fagan os niños preto dos do falcón peregrino (Falco peregrinus), falcón albar (Falco rusticolus) e dos de corvo (Corvus corax). A conducta territorial nos cuarteis de inverno está pouco estudiada, pero en condicións de abundancia de comida son moi tolerantes, e grupos grandes poden compartir territorios relativamente pequenos.

Conducta fronte ós inimigos

Os corpo a corpo con conxéneres son raros, pero os animais doutras especies que poidan supor unha ameaza para o niño son atacados directamente, en especial as palleiras (Stercorarius sp.) e o bufo branco (Bubo scandiacus), pero tamén o raposo polar (Alopex alopex) ou o lobo (Canis lupus). Os ataques comezan xa cando os intrusos están considerablemente lonxe do niño.

Reproducción

Niño con ovo e polos e diferentes estadios de desenrolo

Non se sabe de certo á idade a que alcanzan a madurez reproductora. Probablemente está ó redor dos dous anos. A actividade sexual depende moito da dispoñibilidade de alimento, En anos de moita escaseza poden deixar de reproducirse, cambiar de territorios ou abandona-las postas. A reproducción so adoita completarse se teñen presas dabondo.

Parte dos miñatos calzados forman parellas xa a primeiros do inverno e volven xa emparellados ó territorio de cría., onde outros comezan o cortexo. Este componse de impresionantes voos de exhibición, coas alas moi estricadas e a cola aberta, que acompañan con berros característicos. Os machos engaden a isto diversas cabriolas. As parellas son monógamas e estacionais, aínda que se coñecen casos de parellas que duraron varios anos.

O niño

O tipo de niño depende do tipo de hábitat no que viven. Se teñen a posibilidade, escollen repisas nas penas, en terrapléns, en paredes verticais ou en acantilados. Na tundra arborada fan os niños nas polas, en xeral nas máis altas. Moi habitualmente a falta de vexetación alta obrígaos a face-lo niño no chan, en xeral en sitios secos e algo elevados, que lles ofrezan unha boa visión dos arredores. O niño é unha construcción voluminosa de polas e garabullos, ben cuberto de herba e musgo, pelos de animal e plumas. O illamento é máis mesto nos niños terrestres. O diámetro da estructura pode ir dos 80 cm. de diámetro dos niños novos, os 150 dos que foron usados varios anos. O macho fornece o material, pero os dous membros da parella colaboran na construcción, que continúa durante a incubación. Nalgunhas ocasións aproveitan niños doutras aves rapaces nórdicas.

A posta e a incubación

A cantidade de ovos da posta varía moito anualmente, se cadra por causas alimentarias, aínda que este aspecto non está ben demostrado. Adoitan por 3 ou 4, pero nalgunhas ocasións poñen só un. En anos de abundancia de presas as postas poden ser mesmo de sete. Póñenos cunhas 24 horas de separación. En caso de perde-la posta poden facer unha segunda, que non adoita consistir en máis de dous ovos. Estes son averdesados ou azulados cando son recentes, facéndose abrancazados máis tarde, sempre con moitas manchas acastañadas ou púrpuras. Miden uns 57 x 45 mm. de media. Chocan case exclusivamente as femias, que son alimentadas polos machos mentres están no niño. O tempo de incubación vai dos 31 ós 37 días, e comeza cando poñen o primeiro ovo, o que provoca diferencias de desenrolo nos polos. Empezan a chocar contra mediados de maio. Despois de naceren os polos, o macho fornéceos con comida uns días, ata que a femia comeza a axudarlle. Os polos están en condicións de poñerse de pé no niño e esnaquiza-las presas cando teñen catro semanas. Non están en plenas condicións para voar ata os 40 días de vida, aínda que os intentos empezan xa antes. Os machos adoitan voar antes cás femias. Antes dispersárense, dependen aínda tres ou catro semanas dos pais, o que fai que os polos nados de incubacións máis serodias comecen a migración en deixando ós pais.

Esperanza de vida

Hai poucos datos sobre o tema. Os fornecidos polo Cornell Lab of Ornithology nos anos 1990 sobre a raza B. l. sanctijohannis dan como resultado unha vida media duns 21 meses, pero están feitos sobre unha mostra pouco representativa. A ave máis vella detectada na natureza tiña uns 18 anos.

Situación e evolución das poboacións

Os cálculos feitos grosso modo calculan a súa poboación mundial nunhas 500.000 parellas, das que unhas 75.000 corresponderían a Europa, onde a situación, malia un lixeiro retroceso en Suecia é estable. As poboacións do miñato calzado amosan unha grande fluctuación anual, pero sen darse grandes retrocesos. Segundo a IUCN a situación da especie non é preocupante.

Nomes vulgares noutras linguas

  • Alemán: Raufußbussard
  • Danés: Fjeldvåge
  • Español: Ratonero calzado
  • Francés: Buse pattue
  • Inglés: Rough-legged Buzzard
  • Neerlandés: Ruigpootbuizerd
  • Ruso: Moknnonogi kaniuk (Мохноногий канюк)
  • Sueco: Fjällvråk

Bibliografía

  • Marc J. Bechard, Theodore R. Swem: Rough-legged Hawk (Buteo lagopus). In: The Birds of North America. Hrsg.v. Alan F. Poole, Peter Stettenheim und Frank B. Gill. The Birds of North America Inc. Philadelphia PA. American Ornithologists' Union, Washington 2002, No. 641. * James Ferguson-Lees, David. A. Christie: Raptors of the World. Helm Verlag, London 2001, S.704–710. ISBN 0-7136-8026-1
  • Urs N. Glutz von Blotzheim (Hrsg.): Handbuch der Vögel Mitteleuropas. Bd 4. Falconiformes. Bearb. u. a. von Kurt M. Bauer und Urs N. Glutz von Blotzheim. Aula, Wiesbaden 1989 (2.Aufl.), S.535–557. ISBN 3-89104-460-7
  • Hans-Günther Bauer, Peter Berthold: Die Brutvögel Mitteleuropas. Bestand und Gefährdung. Aula, Wiesbaden 1997, S.504. ISBN 3-89104-613-8
  • Theodor Mebs: Greifvögel Europas. Biologie, Bestandsverhältnisse, Bestandsgefährdung. Kosmos Naturführer. Franckh, Stuttgart 1989, S.87ff. ISBN 3-440-05990-1
  • Benny Génsbol, Walther Thiede: Greifvögel – Alle europäischen Arten, Bestimmungsmerkmale, Flugbilder, Biologie, Verbreitung, Gefährdung, Bestandsentwicklung. BLV, München 1997. ISBN 3-405-14386-1
  • Franz Müller, D.G. Müller (Hrsg.): Wildbiologische Informationen für den Jäger. Bd 2. Federwild. Kessel, Remagen 2006. ISBN 3-935638-60-4 (Zusammenfassung der früheren Veröffentlichungen aus "Jagd+Hege")
  • Theodor Mebs, Daniel Schmidt: Die Greifvögel Europas, Nordafrikas und Vorderasiens - Biologie, Kennzeichen, Bestände. Kosmos, Stuttgart 2006. ISBN 3-440-09585-1

Ligazóns externas