Saltar ao contido

Aguia pescadora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aguia pescadora
 Nome taxon
    Pandion haliaetus
 Nome curto
    P. haliaetus (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Categoría taxonómica
 Combinación orixinal
Características
 Ciclo diurno
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeAccipitriformes
FamiliaPandionidae
XéneroPandion
EspeciePandion haliaetus Editar o valor en Wikidata
(Linnaeus, 1758) Pandion haliaetus Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Masa
   1,4 kg adulto Editar o valor en Wikidata
 Envergadura
   1,6 m Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
 Mapas
Distribución
Fontes e ligazóns
Freebase/m/012ms7 Editar o valor en Wikidata
ITIS175590 Editar o valor en Wikidata
OTT509837 Editar o valor en Wikidata
UICN22694938 Editar o valor en Wikidata
CoL4CBTY Editar o valor en Wikidata
EOL45509079 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

A aguia pescadora[1] ou aguia peixeira[2] (Pandion haliaetus) é unha ave rapaz bastante grande e especializada en capturar peixes.

Anatomía

[editar | editar a fonte]

A aguia pescadora ten a plumaxe do peito branca, ás longas e estreitas que presentan nas extremidades pulseiras negras, o que lle dá unha aparencia distintiva. Está moi ben adaptada para o seu réxime alimentario: pode pechar o nariz para evitar a entrada da auga e as dedas están provistas dunha especie de escamas afiadas que lle facilitan ao agarre das presas. O seu voo é lento, alternando o planeo e o bater de ás. Aniña nos lagos e lagoas de auga doce, ás veces nas costas.

Habitualmente as femias son menos filopátricas cós machos, é dicir teñen menos apego cós machos ó territorio de nacemento[3], polo que adoitan ser estas as que se incorporan ó territorio controlado por un macho[3]. Emparéllanse de por vida; en marzo comezan un período de cinco meses de colaboración para construír o niño e coidaren aos aguiachos. As femias poñen 3 ou 4 ovos a fins de abril, chócanos durante cinco semanas, e os aguiachos comezan a voar oito semanas despois da eclosión. As aguias pescadoras que aniñan en Europa pasan o inverno en África. As do Canadá e os Estados Unidos invernan en América do Sur; os de Australia non migran.

Unha aguia pescadora (Pandionidae) preparándose para mergullar. Foto feita polo Centro Espacial John F. Kennedy.
Pandion haliaetus

Dende o século XIX sufriron unha forte persecución, que se prolongou ata os anos 70 do século XX[3]. Por aquel entón as aguias pescadoras estiveron a piques de se extinguir, pero dende a prohibición do DDT e políticas proteccionistas en moitos países dende 1970 a súa poboación está a se recuperar.

En Europa hai arredor de 8.000 parellas, sobre todo en Escandinavia, Escocia e Rusia. Na Península Ibérica só se reproduce nas Baleares, Canarias e Chafarinas, con arredor de 30 parellas. En Galicia é unha especie moi rara, tan só se pode ver nas épocas de migracións, sobre todo no esteiro do Miño.

En América hai de 20.000 a 30.000 parellas.

  1. ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
  2. ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar. Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  3. 1 2 3 Casado E. e outros (Marzo 2016). "El águila pescadora: conecta!". Quercus 361.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]