Eleccións xerais de España de 2008: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 38: | Liña 38: | ||
Mariano Rajoy foi, nas últimas semanas de outubro de 2007, o centro dunha gran polémica tras poñer en dubida a veracidade do [[cambio climático]] ca seguinte declaración: «''Yo sé poco de este asunto, pero mi primo<ref>José Javier Brey, un recoñecido científico e catedrático da Universidad de Sevilla. [http://www.elpais.com/articulo/andalucia/salto/fama/primo/fisico/Mariano/Rajoy/elpepuespand/20071106elpand_8/Tes ''O salto á fama do primo físico de Mariano Rajoy'' (elpais.com) (en castelán)]</ref> supoño que saberá. El díxome: "He traído aquí a 10 de los más importantes científicos del mundo y ninguno me ha garantizado el tiempo que hará mañana en Sevilla". ¿Cómo alguien puede decir lo que va a pasar en el mundo dentro de 300 años?''».<ref>[http://www.elpais.com/articulo/sociedad/Rajoy/desprecia/cambio/climatico/Gore/ataca/derecha/esceptica/elpepusoc/20071023elpepisoc_6/Tes ''Rajoy desprecia o cambio climático e Gore ataca a derecha escéptica'' (elpais.com) (en castelán)]</ref> Numerosos representantes políticos e organizacións ecoloxistas non tardaron en mostrar unhe forte rexeita a estas opinións,<ref>[http://www.elpais.com/articulo/espana/Lluvia/criticas/Rajoy/minimizar/peligro/cambio/climatico/elpepuesp/20071023elpepunac_7/Tes ''Choiva de críticas contra Rajoy por minimizar o perigro do cambio climático'' (elpais.com) (en castelán)]</ref> que foron rectificadas polo propio Rajoy uns días máis tarde.<ref>[http://www.elmundo.es/elmundo/2007/10/29/espana/1193663089.html ''Rajoy: 'Uno habla mucho y a veces se puede equivocar' ''(elmundo.es) (en castelán)]</ref> |
Mariano Rajoy foi, nas últimas semanas de outubro de 2007, o centro dunha gran polémica tras poñer en dubida a veracidade do [[cambio climático]] ca seguinte declaración: «''Yo sé poco de este asunto, pero mi primo<ref>José Javier Brey, un recoñecido científico e catedrático da Universidad de Sevilla. [http://www.elpais.com/articulo/andalucia/salto/fama/primo/fisico/Mariano/Rajoy/elpepuespand/20071106elpand_8/Tes ''O salto á fama do primo físico de Mariano Rajoy'' (elpais.com) (en castelán)]</ref> supoño que saberá. El díxome: "He traído aquí a 10 de los más importantes científicos del mundo y ninguno me ha garantizado el tiempo que hará mañana en Sevilla". ¿Cómo alguien puede decir lo que va a pasar en el mundo dentro de 300 años?''».<ref>[http://www.elpais.com/articulo/sociedad/Rajoy/desprecia/cambio/climatico/Gore/ataca/derecha/esceptica/elpepusoc/20071023elpepisoc_6/Tes ''Rajoy desprecia o cambio climático e Gore ataca a derecha escéptica'' (elpais.com) (en castelán)]</ref> Numerosos representantes políticos e organizacións ecoloxistas non tardaron en mostrar unhe forte rexeita a estas opinións,<ref>[http://www.elpais.com/articulo/espana/Lluvia/criticas/Rajoy/minimizar/peligro/cambio/climatico/elpepuesp/20071023elpepunac_7/Tes ''Choiva de críticas contra Rajoy por minimizar o perigro do cambio climático'' (elpais.com) (en castelán)]</ref> que foron rectificadas polo propio Rajoy uns días máis tarde.<ref>[http://www.elmundo.es/elmundo/2007/10/29/espana/1193663089.html ''Rajoy: 'Uno habla mucho y a veces se puede equivocar' ''(elmundo.es) (en castelán)]</ref> |
||
==== Outros líderes do PP ==== |
|||
O alcalde de [[Madrid]], [[Alberto Ruiz-Gallardón]], manifestou en repetidas ocasións durante o verán de 2007 o seu interés por ir nas listas do PP para conseguir un escano no Congreso dos Deputados.<ref>[http://www.20minutos.es/noticia/268382/0/gallardon/congreso/rajoy/ ''Gallardón reafirma o seu desexo de ser deputado'' (20minutos.es) (en castelán)]</ref> Estas declaracións levaron á presidenta da [[Comunidade de Madrid]], [[Esperanza Aguirre]], a asegurar que «''hay muchas veces que Alberto está más guapo callado''», xa que, ao expresar os seus desexos, Gallardón incumplía coa disciplina do partido.<ref>[http://www.20minutos.es/noticia/288200/0/gallardon/guapo/callado/ ''Aguirre: "Gallardón está más guapo callado"'' (20minutos.es) (en castelán)]</ref> A discusión fechouse cando Rajoy, poñendose de parte do alcalde, comentou en diferentes foros que Gallardón parecíalle «''igual de guapo callado que hablando''»<ref>[http://www.elpais.com/articulo/espana/Rajoy/replica/Aguirre/Gallardon/igual/guapo/callado/hablando/elpepuesp/20071009elpepunac_7/Tes ''Rajoy replica a Aguirre que Gallardón está "igual de guapo callado que hablando"'' (elpais.com) (en castelán)]</ref> e que podería ser un bo ministro se o PP tivese que gobernar.<ref>[http://www.elpais.com/articulo/espana/Rajoy/Gallardon/seria/buen/ministro/elpepuesp/20071018elpepunac_12/Tes ''Rajoy: "Gallardón sería un buen ministro"'' (elpais.com) (en castelán)]</ref> |
|||
==== Programa electoral ==== |
|||
O coordinador do programa electoral do PP foi o ex [[Ministerio de Industria, Comercio e Turismo de España|ministro de Ciencia e Tecnoloxía]], [[Juan Costa]]. O acto central de inicio de precampaña tivo lugar durante o terceiro fin de semana de novembro de 2007, coa celebración dunha conferencia política na que o PP espuxo as súas liñas xerais do seu programa electoral. O feito de que ese acto fose unha conferencia e non unha convención (de ter sido unha convención tería que ser inaugurada polos presidentes de honra do partido [[Manuel Fraga]] e [[José María Aznar]]) foi interpretado por alguns medios como unha estratexia para non restar portagonismo ao candidato.<ref>[http://www.elpais.com/articulo/espana/PP/retoca/convencion/evita/hable/Aznar/elpepuesp/20071115elpepinac_15/Tes ''O PP limita o alcance dun acto e evita que fale Aznar'' (elpais.com) (en castelán)]</ref> No discurso de clausura, Mariano Rajoy prometeu, entre outras medidas, eximir do pago do [[IRPF]] a traballadores e pensionistas con ingresos inferiores aos 16.000 euros anuais (frente os 9.000 euros do momento) en caso de gañar as eleccións.<ref>[http://www.abc.es/20071121/opinion-editorial/propuesta-fiscal-ambiciosa_200711210250.html ''Proposta fiscal ambiciosa do PP'' (abc.es) (en castelán)]</ref> Rajoy estimou que sete millóns de persoas poderían beneficiarse desta proposta.<ref>[http://www.elmundo.es/elmundo/2007/11/18/espana/1195387281.html Rajoy promete elevar de ''9.000 a 16.000 euros a cantidade mínima para pagar IRPF'' (elmundo.es) (en castelán)]</ref> Pola súa parte, o goberno cifrou o diñeiro que o Estado deixaría de ingresar en 25.000 millóns de euros, algo inasumible segundo o [[Ministerio de Economía e Facenda de España|Ministerio de Facenda]]<ref>[http://www.cincodias.com/articulo/economia/reforma/IRPF/Rajoy/costaria/25000/millones/Hacienda/cdscdi/20071120cdscdieco_1/Tes/ ''A reforma do IRPF de Rajoy costaría 25.000 millones, segundo Facenda'' (cincodias.com) (en castelán)]</ref> |
|||
=== [[Esquerda Unida]] === |
|||
[[Gaspar Llamazares]] foi designado candidato por [[Esquerda Unida]] ás eleccións xerais do [[2008]], tras vencer nas primarias do seu partido co 62,5% dos votos. A outra candidata, [[Marga Sanz]], obtivo o 37,5%. Nembargantes, o Consello Político Federal IU deberá ratificar a candidatura de Llamazares. |
|||
=== Sondaxes de voto na precampaña === |
=== Sondaxes de voto na precampaña === |
||
Liña 222: | Liña 234: | ||
==Candidatos== |
==Candidatos== |
||
Candidatos á [[Presidente do Goberno de España]] |
|||
*'''[[Partido Socialista Obrero Español]]''': [[José Luis Rodríguez Zapatero]] |
|||
*'''[[Partido Popular]]''': [[Mariano Rajoy]] |
|||
*'''[[Esquerda Unida]]''': [[Gaspar Llamazares]] |
|||
*'''[[Convergència i Unió]]''': [[Josep Antoni Duran i Lleida]] |
|||
*'''[[Esquerra Republicana de Catalunya]]''': [[Joan Ridao i Martín]] |
|||
*'''[[Partido Nacionalista Vasco]]''': [[Josu Erkoreka]] |
|||
*'''[[Bloque Nacionalista Galego]]''': [[Anxo Quintana]] |
|||
*'''[[Eusko Alkartasuna]]''': [[Begoña Lasagabaster]] |
|||
*'''[[Nafarroa Bai]]''': [[Uxue Barkos]] |
|||
*'''[[Partido Andalucista]]''': [[María Pilar González Modino]] |
|||
*'''[[Unión, Progreso y Democracia]]''': [[Rosa Díez González]] (non proposta formalmente) |
|||
== Campaña electoral e enquisas == |
== Campaña electoral e enquisas == |
Revisión como estaba o 25 de novembro de 2007 ás 14:55
Este artigo ou sección refírese a un tema de actualidade. A información fornecida aquí pode cambiar en calquera momento segundo avanza o evento, e os informes iniciais poden ser pouco fiables. Por favor, non achegues datos especulativos e lembra incluír referencias e citar as fontes. |
O domingo 9 de marzo de 2008, os españois maiores de idade, serán chamados ás urnas para renovar as Cortes, por décima vez dende a Transición.
Convocatoria a Eleccións
A data de celebración das eleccións foi avanzada, de forma oficiosa, por diversos medios de comunicación. [7](en castelán)
Precampaña electoral
- Véxase o artigo principal VIII Lexislatura de España
Partido Socialista Obrero Español
O PSOE afrontou as eleccións liderado por José Luis Rodríguez Zapatero, que foi proclamado como candidato á Presidencia do Goberno o 25 de novembro de 2007[1] Ningun outro membro do partido anunciou a súa intención de presentarse como candidato.
Outros líderes do PSOE
A Vicepresidenta primeira do Goberno, María Teresa Fernández de la Vega, anunciou o 20 de outubro de 2007 nun acto público no Palacio de Congresos de Valencia que se presentaría como cabeza de lista pola circunscripción de Valencia[2] Este anuncio produciuse dous días despois da dimisión do líder do PSOE valenciano Joan Ignasi Pla, tras coñecerse unha suposta implicación nun trato de favor financieiro.[3]
O Vicepresidente segundo do Goberno, Pedro Solbes, que xa sobrepasou a idade de xubliación, mostraba dúbidas sobre si continuaría como deputado no Congreso e como ministro do Goberno no caso de que o PSOE gañase as eleccións. Nunhas declaracións a Radio Nacional de España, Solbes confirmou que Zapatero lle ofrecera seguir como Ministro de Economía, e que aínda non tomara unha decisión ao respecto.[4] Finalmente, o 16 de novembro, Solbes confirmou a Zapatero que estaría disposto a continuar no Goberno, polo menos até mediados da Lexislatura.[5]
O presidente do Congreso, Manuel Marín, anunciou o 15 de novembro de 2007 que deixaría a política ao final da lexislatura para adicarse á loita contra o cambio climático nas universidades.[6] Meses antes filtrarase unha noticia pouco favorable para él: Zapatero propuxera ao ex ministro de Defensa, José Bono, que volvera á política como cabeza de lista pola circunscripción de Toledo, co fin de ocupar a presidencia da Cámara Baixa en substitución de Marín, en caso de que o PSOE ganara os comicios.[7]
Programa electoral
O coordinador do programa electoral do PSOE foi o Ministro de Traballo, Jesús Caldera. O partido iniciou a súa precampaña o 18 de outubro de 2007, e empregou a frase "Con Z de Zapatero" como lema pre-electoral. A presentación desta campaña realizouse mediante un vídeo [8] en el que José Luis Rodríguez Zapatero bromeaba desenfadado sobre a súa forma de falar (substitución da "d" ao final de palabra pola "z") e invitaba aos españois a coñecer os logros do seu Goberno durante a lexislatura.
Para a elaboración do programa electoral, o PSOE contou co asesoramento dun panel de intectuais formado por 14 persoas: o Nobel de Economía Josep Stiglitz; as Nobel da Paz Wangari Maathai e Helen Caldiccot, os expertos en economía Nicholas Stern, Jeremy Rifkin, André Sapir, Torben Iversen e María João Rodrigues; os expertos en ciencias políticas Philip Pettit, Wolfgang Merkel e Guillermo O'Donell; e inteletuais en outros ámbitos, como a sociaóloga Marie Duru-Bellat, o filósofo George Lakoff e a excritora Barbara Probst Solomon[9][10]
Partido Popular
Candidato
Mariano Rajoy, que liderou o PP durante toda a lexislatura, foi designado candidato oficial ás eleccións nunha xunta directiva que o seu partido levou a cabo o 10 de setembro de 2007 [11] A proclama da súa candidatura tivo lugar o 27 de outubro en Valencia, nun acto multitudinario no que se viu arroupado por moitos membros relevantes do seu partido.[12] Ningún outro membro do PP anunciou a súa intención de presentarse como candidato.
O feito de que Rajoy aparecese nas enquisas como un líder pouco valorado polos votantes do seu partido (por debaixo de Rodrigo Rato, Jaime Mayor Oreja, Esperanza Aguirre, José María Aznar e Alberto Ruiz-Gallardón, segundo unha sondaxe [13] de Sigma Dos para o diario El mundo feito en setembro de 2007) e por todo o electorado en xeral (el barómetro[14] do CIS de outubro de 2007 dáballe unha nota de 3,75 puntos sobre 10, por debaixo de José Luis Rodríguez Zapatero, Gaspar Llamazares, Josep Antoni Duran i Lleida e Josu Jon Imaz), foi considerado polo PSOE[15] e algúns analistas políticos[16] como un síntoma de falta de liderazgo político.
Mariano Rajoy foi, nas últimas semanas de outubro de 2007, o centro dunha gran polémica tras poñer en dubida a veracidade do cambio climático ca seguinte declaración: «Yo sé poco de este asunto, pero mi primo[17] supoño que saberá. El díxome: "He traído aquí a 10 de los más importantes científicos del mundo y ninguno me ha garantizado el tiempo que hará mañana en Sevilla". ¿Cómo alguien puede decir lo que va a pasar en el mundo dentro de 300 años?».[18] Numerosos representantes políticos e organizacións ecoloxistas non tardaron en mostrar unhe forte rexeita a estas opinións,[19] que foron rectificadas polo propio Rajoy uns días máis tarde.[20]
Outros líderes do PP
O alcalde de Madrid, Alberto Ruiz-Gallardón, manifestou en repetidas ocasións durante o verán de 2007 o seu interés por ir nas listas do PP para conseguir un escano no Congreso dos Deputados.[21] Estas declaracións levaron á presidenta da Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre, a asegurar que «hay muchas veces que Alberto está más guapo callado», xa que, ao expresar os seus desexos, Gallardón incumplía coa disciplina do partido.[22] A discusión fechouse cando Rajoy, poñendose de parte do alcalde, comentou en diferentes foros que Gallardón parecíalle «igual de guapo callado que hablando»[23] e que podería ser un bo ministro se o PP tivese que gobernar.[24]
Programa electoral
O coordinador do programa electoral do PP foi o ex ministro de Ciencia e Tecnoloxía, Juan Costa. O acto central de inicio de precampaña tivo lugar durante o terceiro fin de semana de novembro de 2007, coa celebración dunha conferencia política na que o PP espuxo as súas liñas xerais do seu programa electoral. O feito de que ese acto fose unha conferencia e non unha convención (de ter sido unha convención tería que ser inaugurada polos presidentes de honra do partido Manuel Fraga e José María Aznar) foi interpretado por alguns medios como unha estratexia para non restar portagonismo ao candidato.[25] No discurso de clausura, Mariano Rajoy prometeu, entre outras medidas, eximir do pago do IRPF a traballadores e pensionistas con ingresos inferiores aos 16.000 euros anuais (frente os 9.000 euros do momento) en caso de gañar as eleccións.[26] Rajoy estimou que sete millóns de persoas poderían beneficiarse desta proposta.[27] Pola súa parte, o goberno cifrou o diñeiro que o Estado deixaría de ingresar en 25.000 millóns de euros, algo inasumible segundo o Ministerio de Facenda[28]
Esquerda Unida
Gaspar Llamazares foi designado candidato por Esquerda Unida ás eleccións xerais do 2008, tras vencer nas primarias do seu partido co 62,5% dos votos. A outra candidata, Marga Sanz, obtivo o 37,5%. Nembargantes, o Consello Político Federal IU deberá ratificar a candidatura de Llamazares.
Sondaxes de voto na precampaña
Sondaxes do CIS
Xullo de 2005 | Xaneiro de 2006 | Abril de 2006 | Xullo de 2006 | Outubro de 2006 | Xaneiro de 2007 | Abril de 2007 | Xullo de 2007 | Novembro de 2007 | |
PSOE | 41,9 % | 39,6% | 40,3% | 40,6% | 39,3% | 38,8% | 39,6% | 40,5% | 39,7% |
PP | 36,4% | 38,0% | 38,2% | 36,9% | 37,9% | 37,6% | 36,6% | 37% | 37,4% |
IU | 5,1% | 4,9% | 5,4% | 5,0% | 5,1% | 6,5% | 5,5% | 6,1% | 5,5% |
CiU | 3,2% | 3,6% | 2,9% | 3,2% | 3,1% | 3,2% | 3,0% | 2,9% | 3,1% |
ERC | 2,3% | 2,4% | 2,0% | 2,1% | 2,8% | 2,0% | 2,4% | 1,9% | 2,1% |
PNV | 1,8% | 1,5% | 1,4% | 1,4% | 1,7% | 1,4% | 1,6% | 1,5% | 1,5% |
Outros | 6,8% | 7,5% | 7,5% | 8,0% | 6,8% | 7,6% | 7,6% | 7,7% | - |
Sondaxes de precampaña nos medios
PSOE | PP | Esquerda Unida | CiU | ERC | PNV | Unión, Progreso y Democracia | en branco | outros | |
ABC Outubro 2007[29] | 41,2% | 39,3% | 4,5% | 2,5% | 2,1% | 1,1% | — | 6,1% | 1,1% |
La Vanguardia Outubro 2007[30] | 42,3% | 39,6% | 5,7% | 2,5% | 1,6% | 1,1% | — | 6,0% | 1,1% |
Antena 3 TNS Demoscopia Outubro 2007[31] | 40,6% | 39,5% | 5,2% | 3,2% | 2,3% | 1,4% | 0,9% | 6,0% | 1,1% |
El Mundo Sigma 2 Novembro 2007 [32] | 42,2% | 39,1% | 4,8% | 3,0% | 2,2% | 1,3% | — | 7,4% | 1,1% |
CadenaSer Instituto Opina Novembro 2007 [33] | 44,5% | 38,0% | 4,0% | 3,0% | 1,9% | 1,4% | — | 7,2% | — |
Antena 3 TNS Demoscopia Novembro 2007[34] | 41,4% | 39,0% | 5,5% | 2,7% | 2,3% | 1,5% | 0,8% | 6,0% | 1,1% |
As eleccións en cifras
Candidatos
Candidatos á Presidente do Goberno de España
- Partido Socialista Obrero Español: José Luis Rodríguez Zapatero
- Partido Popular: Mariano Rajoy
- Esquerda Unida: Gaspar Llamazares
- Convergència i Unió: Josep Antoni Duran i Lleida
- Esquerra Republicana de Catalunya: Joan Ridao i Martín
- Partido Nacionalista Vasco: Josu Erkoreka
- Bloque Nacionalista Galego: Anxo Quintana
- Eusko Alkartasuna: Begoña Lasagabaster
- Nafarroa Bai: Uxue Barkos
- Partido Andalucista: María Pilar González Modino
- Unión, Progreso y Democracia: Rosa Díez González (non proposta formalmente)
Campaña electoral e enquisas
Enquisas
Lemas electorais
Resultados das eleccións
Senado
Notas
- ↑ Avanzar escribese con «z» de Zapatero (Diario de León) (en castelán)
- ↑ Fernández De la Vega será cabeza de lista do PSOE por Valencia nas próximas eleccións (en castelán)
- ↑ Dimite Joan Ignasi Pla como líder dos socialistas valencianos (en castelán)
- ↑ Solbes confirma que Zapatero ofreceulle seguir como ministro de Economía e que estao pensando (en castelán)
- ↑ Solbes acepta a oferta de Zapatero de seguir no Executivo (en castelán)
- ↑ O presidente do Congreso deixa a política e adicarase á loita contra o cambio climático (en castelán)
- ↑ Zapatero ofrece a Bono liderar a lista socialista por Toledo e presidir o Congreso (en castelán)
- ↑ Vídeo "Con Z de Zapatero" (Youtube)
- ↑ O PSOE atrae a tres premios Nobel ao equipo do seu programa electoral (elpais.com) (en castelán)
- ↑ Os 14 'gurús' do PSOE (elmundo.es) (en castelán)
- ↑ Rajoy, candidato do PP á Presidencia nas eleccións de marzo (Agence France Press) (en castelán)
- ↑ Rajoy: "Son o candidato do mellor partido de Europa" (elpais.es) (en castelán)
- ↑ O 83% dos votantes do PP quere a Rato nas listas de Rajoy e o 71%, a Gallardón (elmundo.es) (en castelán)
- ↑ O PSOE gañaría as eleccións co 39,7%, pero o PP acorta a distancia a 2,3 puntos (elmundo.es) (en castelán)
- ↑ Blanco sosten que o PP debatese entre tres líderes e "ninguén da un euro por Rajoy" (elpais.com) (en castelán)
- ↑ Editorial: Cuestión de liderazgo (elpais.com) (en castelán)
- ↑ José Javier Brey, un recoñecido científico e catedrático da Universidad de Sevilla. O salto á fama do primo físico de Mariano Rajoy (elpais.com) (en castelán)
- ↑ Rajoy desprecia o cambio climático e Gore ataca a derecha escéptica (elpais.com) (en castelán)
- ↑ Choiva de críticas contra Rajoy por minimizar o perigro do cambio climático (elpais.com) (en castelán)
- ↑ Rajoy: 'Uno habla mucho y a veces se puede equivocar' (elmundo.es) (en castelán)
- ↑ Gallardón reafirma o seu desexo de ser deputado (20minutos.es) (en castelán)
- ↑ Aguirre: "Gallardón está más guapo callado" (20minutos.es) (en castelán)
- ↑ Rajoy replica a Aguirre que Gallardón está "igual de guapo callado que hablando" (elpais.com) (en castelán)
- ↑ Rajoy: "Gallardón sería un buen ministro" (elpais.com) (en castelán)
- ↑ O PP limita o alcance dun acto e evita que fale Aznar (elpais.com) (en castelán)
- ↑ Proposta fiscal ambiciosa do PP (abc.es) (en castelán)
- ↑ Rajoy promete elevar de 9.000 a 16.000 euros a cantidade mínima para pagar IRPF (elmundo.es) (en castelán)
- ↑ A reforma do IRPF de Rajoy costaría 25.000 millones, segundo Facenda (cincodias.com) (en castelán)
- ↑ [1]
- ↑ [2]
- ↑ [3]
- ↑ [4]
- ↑ [5]
- ↑ [6]